Agosto deseucaliptizador! Pasarrúas en Corcubión e roga no monte de Froxán

En agosto a forza deseucaliptizadora non ten pausa e chega da man de actividades para todos os públicos. A Asociación Boca de Sapo de Corcubión convócanos para un pasarrúas deseucaliptizador na sexta 14 de agosto (ás 20 horas) e en Froxán (Lousame), a unha roga e albaroque moi especiais o domingo 23 de agosto (roga pola mañá e actividades durante o albaroque e ao longo da tarde).

Eucalipse now! Corcubión 14 de agosto

Na sexta 14 de agosto Boca de Sapo saca á rúa as camisolas das Brigadas deseucaliptizadoras para un pasarrúas crítico coa invasión do eucalipto na Galiza. Boca de Sapo organiza “Artenauta”, o primeiro festival das Artes da Costa da Morte que terá lugar en Corcubión, e no que se someterá a xuízo ao eucalipto cunha performance festiva. Pídese ás brigadistas que decidan acudir que non esquezan levar posta a súa camisola brigadista.

Se tes pensado participar, e por unha cuestión de planificación necesaria ante a situación COVID-19, debes enviar un email ao email festivalartenauta@com Máis información en www.festivalartenauta.com

 

Roga aerostática en Froxán 23 de agosto

O domingo 23 de agosto as Brigadas voltan á Área Conservada pola Comunidade de Froxán (Lousame) para unha deseucaliptización en toda regra, na que tumbaremos e retiraremos os pés de eucalipto que están a invadir unha zona de carballeira. A intervención será grabada desde un drone / globo aerostático, e poderedes acompañar o funcionamento da operación.

Na parte da tarde, logo do albaroque, teremos un faladoiro e debate con Stefan Laxness (profesor na Architectural Association School of Architecture in London) e o equipo do Laboratorio Ecosocial do Barbanza sobre “Rewilding” (volta ao salvaxe) e o papel das comunidades locais e os seus usos tradicionais na conservación e recuperación da biodiversidade.

Na roga traballaremos en pequenos grupos de 6 persoas separados entre sí (cada un deles cunha persoa motoserrista) e mantendo as distancias persoais. Enviaremos instrucións máis precisas sobre o que precisais traer (luvas, copo, garfo, garrafa) ás que debemos atender para que todo corra ben.

Para vos apuntar, é preciso, alén de estardes inscritas como Brigadistasenviar un correo electrónico a info@montescola.org ata COMO MOI TARDE o día 19 de agostoAs prazas son limitadas e inscribirémosvos por orde. Se non estades seguras de que poderdes vir, por favor deixádeo para a próxima.

VÉMONOS NO MONTE!

Comments are Closed

© 2024: Brigadas deseucaliptizadoras | GREEN EYE Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress