26-DEC: Roga “San Silvestre” en Froxán

SÁBADO 26 de decembro as Brigadas xúntanse para a última roga do ano na Área Conservada pola Comunidade de Froxán (Lousame) para unha xornada de deseucaliptización e consolidación de traballos realizados en convocatorias anteriores.

Na roga traballaremos coordenados nunha zona ampla gardando as distancias persoais. A roga comezará ás 10:00 da mañá e teremos como punto de encontro e inicio dos traballos o Chán de Avelán (tamén coñecido como “As Minas de San Fins”, ver no Google Maps como chegar).

Para participar é imprescindíbel, alén de estardes inscritas como Brigadistasenviar un correo electrónico a info@montescola.org ata COMO MOI TARDE o día 24 de decembroAs prazas son limitadas e inscribirémosvos por orde.

Moeda social “A Sabia” para as brigadistas participantes

Verdegaia colabora coa moeda social A Sabia na procura de crear sinerxías entre persoas e redes sociais, comunitarias, solidarias e ambientais fomentando o consumo de proximidade baseado na confianza e o apoio mutuo, e procura favorecer o pequeno comercio e o autoemprego.

A Sabia ofrece, ás e aos Brigadistas que o desexen, unha cantidade en moeda social que poderán recibir na súa conta cada vez que participen nunha brigada como a desta convocatoria.

Para poder recibir a moeda hai que abrir unha conta na aplicación Cyclos: e enviar un email a compostela@verdegaia.org ou un correo á conta de cyclos de Verdegaia informando do seu interese en recibir a moeda.

En caso de dúbida pódese consultar:
– A noticia en Verdegaia: http://www.verdegaia.org/wp/verdegaia-colabora-coa-moeda-social-galega-a-sabia/
– A web da Sabia: https://asabiagalega.wordpress.com/
– Consultar en: compostela@verdegaia.org

Comments are Closed

© 2024: Brigadas deseucaliptizadoras | GREEN EYE Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress