As Brigadas voltan a Padróns (Ponteareas) o 10 de xaneiro

A segunda actuación das Brigadas no monte comunal de Padróns (Ponteareas) está convocada para o vindeiro domingo, 10 de xaneiro, coa plantación dunhas 1500 árbores autóctonas. A intervención manual nesta roga terá como obxectivo a repoboación dunha zona afectada pola vaga de lumes de outubro de 2017 con especies autóctonas como bidueiros, corticeiros ou pradairos.

Para vos apuntar, é preciso, alén de estardes inscritas como Brigadistas, é preciso enviar un correo electrónico a olmoamoedo@hotmail.com ata COMO MOI TARDE o día 8 de XANEIRO. Lembrade que as prazas son limitadas.

O punto de encontro é A ANTENA DE TELÉFONO  situada no barrio da Portela, parroquia de San Salvador de Padróns (Ponteareas), e dende aí iremos a pé (5 minutos) ata a zona de intervención (250 m por riba da antena), xunto coas persoas convocadas na propia vila para sumarse á plantación. Quedamos nese punto ás 9 da maña. A ligazón no Google Maps é: https://goo.gl/maps/bCivyXPGAm2k8bn78

Traede, si tendes a man, ferramenta como legóns, laias, ou mesmo un ferro do monte, xa que as árbores veñen en cepellón. Non deixedes de vir si non tendes ferramenta, que aquí haberá abondo para tod@s!

O albaroque dos brigadistas está supeditado á actual pandemia, con almorzo a media mañá presentado en racións individuais. Por suposto, tomaremos as medidas de seguridade dictadas perante a situación actual de alarma.

Serán moi benvidas as doazóns voluntarias e fiscalmente deducíbeis ao proxecto por medio da plataforma Teaming.

Moeda social “A Sabia” para as brigadistas participantes

Verdegaia colabora coa moeda social A Sabia na procura de crear sinerxías entre persoas e redes sociais, comunitarias, solidarias e ambientais fomentando o consumo de proximidade baseado na confianza e o apoio mutuo, e procura favorecer o pequeno comercio e o autoemprego.

A Sabia ofrece, ás e aos Brigadistas que o desexen, unha cantidade en moeda social que poderán recibir na súa conta cada vez que participen nunha brigada como a desta convocatoria.

Para poder recibir a moeda hai que abrir unha conta na aplicación Cyclos: e enviar un email a compostela@verdegaia.org ou un correo á conta de cyclos de Verdegaia informando do seu interese en recibir a moeda.

En caso de dúbida pódese consultar:
– A noticia en Verdegaia: http://www.verdegaia.org/wp/verdegaia-colabora-coa-moeda-social-galega-a-sabia/
– A web da Sabia: https://asabiagalega.wordpress.com/
– Consultar en: compostela@verdegaia.org

 

 

Comments are Closed

© 2021: Brigadas deseucaliptizadoras | GREEN EYE Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress