Faramello: roga de urxencia o 4 abril

O Domingo 4 de abril, imos actuar sobre un anaco de monte reforestado con especies autóctonas por volta do Pazo de Faramello, en Rois. Logo de varios incendios, as terras acabáron inzándose de acacia, que se está procurando erradicar para recuperar un entorno de grande valor.

O labor será de control e arrancado de rebrotes de acacia negra. Para iso, será preciso traer luvas fortes (mellor de coiro) e, se é posíbel, algún sacho para facer palanca ao arrancar de raíz algunha das acacias máis grandes. Traballaremos entre dúas horas, entre as 11 da mañá e a 1 da tarde.

O punto de encontró é o aparcadoiro: https://goo.gl/maps/YUNtrXF9WJxkCBNLA . Convoca ARBA (Asociación para a Recuperación do Bosque Autóctono). Contacto: Javier 678738915. Desta volta, polo carácter da convocatoria, non se organizou comida de albaroque, máis quen queira pode traer a súa comida e gozar dun lugar apaixonante logo dos traballos.

Moeda social “A Sabia” para as brigadistas participantes

Verdegaia colabora coa moeda social A Sabia na procura de crear sinerxías entre persoas e redes sociais, comunitarias, solidarias e ambientais fomentando o consumo de proximidade baseado na confianza e o apoio mutuo, e procura favorecer o pequeno comercio e o autoemprego.

A Sabia ofrece, ás e aos Brigadistas que o desexen, unha cantidade en moeda social que poderán recibir na súa conta cada vez que participen nunha brigada como a desta convocatoria.

Para poder recibir a moeda hai que abrir unha conta na aplicación Cyclos: e enviar un email a compostela@verdegaia.org ou un correo á conta de cyclos de Verdegaia informando do seu interese en recibir a moeda.

Comments are Closed

© 2024: Brigadas deseucaliptizadoras | GREEN EYE Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress