Froxán: roga e roteiro e 2 de maio

DOMINGO 2 de maio as Brigadas voltan á Área Conservada pola Comunidade de Froxán (Lousame) para unha xornada de consolidación de traballos de deseucaliptización de convocatorias anteriores seguida dun roteiro histórico-ambiental pola tarde na contorna das Minas de San Fins. As prazas son limitadas para gardar todos os protocolos de seguranza.

Na roga traballaremos coordenados nunha zona ampla gardando as distancias persoais. A roga comezará ás 10:00 da mañá e teremos como punto de encontro e inicio dos traballos o Chán de Avelán (tamén coñecido como “As Minas de San Fins”, ver no Google Maps como chegar).

Para participar é imprescindíbel, alén de estardes inscritas como Brigadistasenviar un correo electrónico a info@montescola.org ata COMO MOI TARDE o día 28 de abrilAs prazas son limitadas e inscribirémosvos por orde. Por favor, inscríbite só se podes vir. Se aínda non tes a túa camisola de brigadistas, lembra de avisarnos da túa talla no email para que che teñamos unha reservada. Avísanos tamén en caso de restricións alimentarias.

Moeda social “A Sabia” para as brigadistas participantes

Verdegaia colabora coa moeda social A Sabia na procura de crear sinerxías entre persoas e redes sociais, comunitarias, solidarias e ambientais fomentando o consumo de proximidade baseado na confianza e o apoio mutuo, e procura favorecer o pequeno comercio e o autoemprego.

A Sabia ofrece, ás e aos Brigadistas que o desexen, unha cantidade en moeda social que poderán recibir na súa conta cada vez que participen nunha brigada como a desta convocatoria.

Para poder recibir a moeda hai que abrir unha conta na aplicación Cyclos: e enviar un email a compostela@verdegaia.org ou un correo á conta de cyclos de Verdegaia informando do seu interese en recibir a moeda.

VÉMONOS NO MONTE!

One Commentto Froxán: roga e roteiro e 2 de maio

  1. […] da Brigada do 2 de maio en Froxán contaremos cun roteiro de Contraminacción polos arredores da Mina de San […]

© 2024: Brigadas deseucaliptizadoras | GREEN EYE Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress