Plantación de árbores autóctonas nos Montes do Chá, Ferrol o 5 e 12 de febreiro

O Monte do Chá é un monte veciñal das parroquias de Brión e Doniños, tras décadas de loita por recuperar a titularidade e xestión veciñal do monte, no ano 2021 conseguiuse a xestión a través da Asociación comuneiros do Chá, que está a desenvolver diferentes proxectos de recuperación dos valores medioambientais, arqueolóxicos e silvopastorais.

Nesta acción repoboaremos aproximadamente dúas hectareas de terreo con frondosas autóctonas (carballos, freixos, castiñeiros, bidueiros, pradairos, amieiros, e tamén algunhas sobreiras e piñeiros do país). O terreo é chao e foi previamente desbrozado polo que o traballo é asequible para todo tipo de voluntariado incluíndo crianzas. Debido á extensión a repoboar estimamos que serán necesarias dúas xornadas.

O punto de encontro será diante da AAVV Castelao de Brión ás 9:00 h da mañá
https://www.google.com/maps/@43.4830336,-8.2685272,18z

Para apuntarse é imprescindible, ademáis de estar inscrit@ como brigadista mandar confirmación ó correo comunidademontesdocha@gmail.com  antes do 3 de febreiro (ou o 10 se ves só á 2ª xornada) indicando o día que participas para facilitar a coordinación e o xantar.

As persoas participantes deberán traer roupa axeitada e luvas de traballo, a ferramenta a usar será o sacho, agradécese a quen poida que traia o propio aínda que a organización disporá dalgúns para quen non teña.

Tras a actuación sobre as 14:00 h a organización convidará ás persoas participantes a un xantar colectivo, para iso e por motivos covid cada persoa deberá traer o seu propio vaso, prato e cubertos, quen teña algún tipo de restricción alimentaria que avise no momento de apuntarse.

Despois do xantar se hai ganas poderase participar nun roteiro polas mámoas e miradoiros do monte así como coñecer os diferentes proxectos de recuperación en marcha.

Comments are Closed

© 2024: Brigadas deseucaliptizadoras | GREEN EYE Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress