Sábado 19-M Plantación de carballos en Grixoa de Esternande (Santa Comba)

Ven de sumarse ás Brigadas a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Grixoa de Esternande, no concello de Santa Comba, que nos convoca a unha primeira intervención para plantar medio milleiro de carballos no sábado 19 de marzo.

Agradecemos a vosa participación e apoio apuntándovos canto antes e, como moi tarde, até o día 16 de marzo, para facilitar a loxística desta primeira incursión en terras xalleiras.

Para vos apuntardes é preciso, alén de serdes Brigadistas, enviar un correo electrónico a brigadas@verdegaia.org

A Comunidade ofrecerá un xantar comunitario ás brigadistas participantes, e a xornada estará amenizada cun espectáculos de monicreques (para crianzas e adultas) e algunha que outra sorpresa máis.

VÉMONOS NO MONTE!

One Commentto Sábado 19-M Plantación de carballos en Grixoa de Esternande (Santa Comba)

  1. […] parcela conforme o expediente de clasificación do monte vecinal, organizase unha intervención de plantación de carballos o pasado 19 de marzo xunto coas Brigadas Deseucaliptizadoras, iniciativa de voluntariado que promove Verdegaia desde 2018 e que conta con máis de 1.000 […]

© 2024: Brigadas deseucaliptizadoras | GREEN EYE Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress