26M: Eliminación de especies exóticas invasoras nos Montes do Chá, Ferrol

O DIA 26 DE MARZO volven as brigadas deseucaliptizadoras ó Monte do Chá a realizar diversos traballos en varias zonas do monte, na zona de Cariño machacaremos con machados rebrotes de eucalipto proximos á estrada e actuaremos sobre unha pequena zona de mimosas traballando con motoserras por parellas, asimismo na zona entre Liñares e Martín limparemos de toxos unha das mámoas polo que aquí traballaremos con desbrozadoras, fouzos e forquitas.

Agradécese a quen poida que traia ferramenta propia e que o especifique ó apuntarse (sobre todo no caso de motoserra e desbrozadora) de cara a organizar os grupos de traballo; a organización facilitará ferramenta a quen non teña e a precise, non obstante fará falta xente que se ocupe só de apartar a ramalla que se vaia cortando; lembrade que cada brigadista deberá traer guantes de traballo propios.

O lugar de encontro será ás 9:00 h no Confurco, diante de Asfedro:

https://www.google.es/maps/@43.4802137,-8.3099533,17z?hl=gl

Alí organizaremos os grupos e nos desprazaremos ás zonas de traballo, trala mañá de traballo o xantar será (salvo imprevistos) na asociación de veciños de Valón:

https://www.google.es/maps/@43.4957653,-8.2681578,17z?hl=gl

Por motivos covid rógase que cada quen traia vaso prato e cubertos propios. Se alguén ten algún requisito alimentario agradécese que o especifique ó apuntarse.

Para apuntarse, ademáis de estar inscrit@ como brigadista, é imprescindible enviar un correo de confirmación a comunidademontesdocha@gmail.com antes do venres 25 de marzo para saber o número de voluntari@s que imos ser e organizar toda a loxística.
VÉMONOS NO MONTE!

Comments are Closed

© 2024: Brigadas deseucaliptizadoras | GREEN EYE Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress