Convocatorias

now browsing by category

 

Primeiro de Abril… as Brigadas van aonde deben ir! (Lentille)

Superados os rigores do inverno e enfiados os traballos na viña, a Asociación Veciñal de Lentille volve convocar as Brigadas para outra xornada de desacaciación e convívio na nosa aldea. Será no sábado 1 de abril, mas non é asneira. De veras, contamos convosco!

Desta volta seguiremos avanzando na liberación de camiños veciñais do cerco da mimosa, descascaremos algúns peteiros illados en áreas onde xa vimos traballando hai anos, e axiremos sobre os tocóns dunha presa de eucaliptos que tiñamos e que foran finalmente talados e retirados. Logo os traballos serán variados. Non así o menú do alvaroque que insistirá na fórmula habitual: unha cremiña sustanciosa de verduras e as lasagnas da Su. Petiscos, viño, café e licores tampouco faltarán.

Queremos lembrar que a leña de acacia procedente da atividade das Brigadas en Lentille estará sempre ao dispor de iniciativas e proxectos sen ánimo de lucro que a precisen para o desenvolvimento da súa actividade en prol do ben común. A Asociación Veciñal de Lentille fica atenta a propostas e solicitudes en avlentille@gmail.com.

Para vos apuntardes é preciso, alén de serdes Brigadistas, enviar un correo electrónico a avlentille@gmail.com até o 29 de Marzo a máis tardar. As prazas son limitadas, non demoredes en vos animar. Vémonos no monte!

VÉMONOS NO MONTE!

Brigada o 12 de Marzo na Escola pública de Espiñeira en Aldán (Cangas)

Brigada o 12 de Marzo na Escola pública de Espiñeira en Aldán (Cangas)

Esta fin de semana as Brigadas de Verdegaia actuamos na contorna natural da Escola pública de Espiñeira en Aldán (Cangas). Dende fai máis de un ano colaboramos coa ANPA nun proxecto de restauración ambiental que pretende devolver o valor ecolóxico a un espazo desta escola para que o alumnado poda gozar dun entorno máis natural.

Nesta ocasión actuamos sobre a Acacia negra (Acacia melanoxylon), descascando algúns
exemplares e cortando outros que xa estaban secos despois de os termos descascado en
intervencións anteriores. Ademais, como o grupo de participantes foi numeroso, decidimos empezar a actuar sobre a Herba da fortuna (Tradascantia fluminensis) que ten vindo a invadir unha superficie significativa e que vai nos vai esixir adicarlle diversas xornadas de arranque manual.

Lembra que se coñeces unha zona de especial valor ecolóxico que estea invadida por especies invasoras e che gustaría devolvela ao seu estado natural podes contactar connosco para levar o proxecto para adiante!

Marzo brigadista: sábado 4 en Darbo e domingo 5 en Vilacova

As Brigadas comezan marzo con forza con 2 intervencións en Darbo (Cangas) e Vilacova (Lousame), nos días 4 e 5. Continúa lendo para máis detalles:

4 de marzo: Darbo (Cangas)

Comunidade de Montes Veciñais de Darbo (Cangas) en colaboración coas Brigadas Deseucaliptizadoras de Verdegaia convocan unha nova roga no Morrazo o sábado 4 de marzo.

Que faremos? Será unha xornada dura de corta de eucaliptos novos, mais de certa altura, así como de carga e distribución da madeira. Tamén aproveitaremos para arrincar brotes e descascar.

Lugar de encontro: Pequena chaira para deixar o coche onda o Colexio Eduardo Pondal. A zona de traballo está a 5 minutos a pé: https://goo.gl/maps/WgtYUxmv6GgwqQ1C8

Horario9:30 h: exposición do plan de traballo e reparto de tarefas. 14:00 h: fin da xornada.

Para participar precisades estar dadas de alta como brigadistas e anotarvos ata o día 1 de marzo enviando un email á Comunidade de Montes de Darbo: cmontesdarbo@gmail.com

As accións das Brigadas deseucaliptizadoras, con un non menos importante sentido de confraternidade e comunidade, articúlanse por volta dos conceptos tradicionais de roga (chamada ao traballo en común) e albaroque (xantar comunal de agradecemento ás voluntarias). A Comunidade de Montes de Darbo ofrecerá ó rematar o traballo un albaroque para as persoas voluntarias que veñan de fóra do Morrazo, que inclúe opción vegana ou vexetariana (indicar no mesmo correo). Haberá garrafas de auga, pero para aforrar envases invitamos a que cada persoa traia da casa a súa garrafa, que poderá reencher coas nosas.

Outras recomendacións: Traede roupa e calzado cómodos para traballar no monte: luvas, pantalón longo e roupa de auga se fose preciso. Contamos con algunhas machadas e luvas, pero agradecemos que no posible traiades as vosas da casa. Precisades traer copo para beber e cubertos e prato.

Queremos convidar a todas as veciñas e veciños do Morrazo que se queiran achegar, mais tamén a brigadistas doutros lugares, a traballar connosco e liberar o noso monte dunha especie foránea adaptada a climas alleos extremadamente secos que, a día de hoxe, avanza sen control e supón a principal ruína do monte e dos bosques de Galiza e Portugal.

Coa firme vontade de botarse ao monte e traballar, estamos a tempo de salvar o futuro do monte galego, así como o noso espacio como parte dunha natureza que, en definitiva, é a casa de todas e todos.

5 de marzo: Vilacova (Lousame)

En maio de 2021 as Brigadas deseucaliptizadoras iniciaron o  traballo de deseucaliptización no Monte da Aguieira (Vilacova) onde se machacaron os rebrotes dos eucaliptos nunha das parcelas de varias hectáreas do monte veciñal. O próximo 5 de marzo voltamos á carga da man da Comunidade do Monte Veciñal en Man Común de Vilacova, en Lousame.

Que imos facer? Nesta xornada, continuaremos eliminando os rebrotes para rematar de secar os eucaliptos na zona que quedou sen intervir. Ao rematar o traballo seguiremos cun xantar comunitario.

Cando? Quedaremos no punto de encontro ás 09:20 da mañá, para comezar o traballo ás 09:40.

Onde? Punto de encontro o Campo de Fútbol de Vilacova, Lousame (https://goo.gl/maps/UNN8zpEpCRCEipJE9), situado ao pé da igrexa e da taberna “Vila da Cova”. Desde alí agruparémonos nos vehículos para subir ata as proximidades da zona de intervención. É importante estardes puntualmente ás 9:30, pois do contrario será difícil orientarvos para chegar ao punto de traballos. A zona de intervención no Monte de Aguieira: https://goo.gl/maps/7FEFs8gBBnnQev1E8

Como fago para poder participar? Para participar é imprescindíbel, alén de estardes inscritas como Brigadistas e enviar un correo electrónico a brigadasvilacoba@gmail.com ata COMO MOI TARDE o sábado 25 de febreiro.

Recorda especificar no correo se tes agún tipo de necesidade alimentaria ou dieta específica.

O 18-F plantamos en Cedeira (plantará de morto quen non plantou de vivo!)

En xaneiro de 2021 as Brigadas deseucaliptizadoras iniciaron o seu traballo nunha das comarcas galegas máis castigadas polo eucalipto, eliminando eucalipto nunha parcela de 1 hectárea no lugar do Formigueiro (entre Cedeira e santo André de Teixido).

Na xornada do día 18 de febreiro acudiremos de novo a Mark Singleton, veterano brigadista, na recuperación do bosque autóctono na zona, plantando medio millar de árbores autóctonas: carballos, cerdeiras, castiñeiros, bidueiros, nogueiras e avelaneiras, para as que o proxecto Life Terra acaba de apoiar para a adquisición das plantas . Xa sabedes, deseucaliptiza de morto quem non deseucaliptizou de vivo!

Para vos apuntar, é preciso, alén de estardes inscritas como Brigadistas, enviar un correo electrónico quarkping@hotmail.com ata COMO MOI TARDE o día 14 de FEBREIRO. Lembrade que as prazas son limitadas. É imprescindible que cada quen traía as súas propias luvas e agradécese se tendes na casa sacho, picocha ou similar que a traiades. O machado tamén será de utilidade, polo que aínda que a organización pode prestar varios agradécese a quen dispoña dun propio que o traía.

punto de encontro será diante da casa de Mark ás 10h: https://goo.gl/maps/zhfSCEwpKH74w9up6

O traballo desenvolverase pola mañá ata as 14:00 h.

Á mañá de traballo seguirá un xantar comunitario. Atención vexetas e non vexetas! Será ocasión de experimentar as deliciosas receitas hindús de Mark.

Posteriormente poderemos gozar dun paseo ata os cantís da Capelada.

Serán moi benvidas as doazóns voluntarias e fiscalmente deducíbeis ao proxecto por medio da plataforma Teaming.

Moeda social “A Sabia” para as brigadistas participantes

Verdegaia colabora coa moeda social A Sabia na procura de crear sinerxías entre persoas e redes sociais, comunitarias, solidarias e ambientais fomentando o consumo de proximidade baseado na confianza e o apoio mutuo, e procura favorecer o pequeno comercio e o autoemprego.

A Sabia ofrece, ás e aos Brigadistas que o desexen, unha cantidade en moeda social que poderán recibir na súa conta cada vez que participen nunha brigada como a desta convocatoria.

Para poder recibir a moeda hai que abrir unha conta na aplicación Cyclos: e enviar un email a compostela@verdegaia.org ou un correo á conta de cyclos de Verdegaia informando do seu interese en recibir a moeda.

24-26 de Fevereiro: 3º encontro transfronteiriço das Brigadas

TRÊS DIAS DE DESACACIAÇÃO, DESEUCALIPTIZAÇÃO, ATIVIDADES CULTURAIS, FORMATIVAS E DE CONVÍVIO NO PARQUE NACIONAL DA PENEDA-GERÊS (PT) E PARQUE NATURAL DO GERÊS (GZ)

As Brigadas Deseucaliptizadoras lançam uma nova convocatória do projeto transfronteiriço “Vemo-nos no monte!” que promove intercâmbios de trabalho, formação, cultura e convívio entre iniciativas de combate às espécies exóticas invasoras na Galiza e Portugal.

Logo das experiências na Serra da Estrela e Meira (Moanha) em 2022, nos dia 24 a 26 de fevereiro organiza-se uma brigada transfronteiriça no Baldio de Campo de Gerês e na Comunidade do Monte Veciñal en Man Común Serra do Xurés-Riocaldo (em Lóbios), situados respectivamente no Parque Nacional da Peneda-Gerês e no Parque Natural do Xerés.

Os trabalhos e atividades realizaram-se durante toda a fim-de-semana e fará-se reserva para as participantes na Pousada da Juventude do Gerês (quartos para 2 pessoas). No sábado de manhã desacaciaremos no Baldio de Campo de Gerês e no domingo de manhã continuaremos com os trabalhos de deseucaliptização no MVMC de Xurés-Riocaldo. No sábado de tarde realizará-se uma jornada formativa impartida por Elizabete Marchante, investigadora do Centro de Ecologia Funcional da Universidade de Coimbra e coordenadora do portal Invasoras.pt

Para participar é imprescindível, além de estardes inscritas como Brigadistasenviar um correio-e a info@montescola.org até o próximo 30 de janeiro. As vagas são limitadas a 15 pessoas das Brigadas galegas e pedimos que apenas se inscrevam as brigadistas que podem confirmar já neste momento a sua participação. Criará-se uma lista de espera no caso de haver mais inscrições do que vagas.

A intervenção faz parte de uma parceria com o Centro de Estudos Euro-regionais Galiza | Norte de Portugal (CEER), Montescola e o projeto À Escuta apoiada polo programa Erasmus+. As brigadistas participantes terão direito a receber um certificado do Centro de Saberes para a Sustentabilidade, reconhecido oficialmente pola Universidade das Nações Unidas.

Moeda social “A Sabia” para as brigadistas participantes

Verdegaia colabora coa moeda social A Sabia na procura de crear sinerxías entre persoas e redes sociais, comunitarias, solidarias e ambientais fomentando o consumo de proximidade baseado na confianza e o apoio mutuo, e procura favorecer o pequeno comercio e o autoemprego.

A Sabia ofrece, ás e aos Brigadistas que o desexen, unha cantidade en moeda social que poderán recibir na súa conta cada vez que participen nunha brigada como a desta convocatoria.

Para poder recibir a moeda hai que abrir unha conta na aplicación Cyclos: e enviar un email a compostela@verdegaia.org ou un correo á conta de cyclos de Verdegaia informando do seu interese en recibir a moeda.

VÉMONOS NO MONTE!

 

23-xaneiro: Plantamos e deseucaliptizamos na 1ª roga do ano en Froxán

As Brigadas comezan 2023 eliminando eucalipto e plantando árbores nativas en Froxán, nunha roga programa o domingo 22 de xaneiro para a Área Conservada do Portelo da Devesa, en Froxán, na que as Brigadas veñen intervindo desde 2019.

En concreto, plantaremos cerdeiras, nogueiras e avelaneiras en tres parcelas da Fundación Montescola, para as que o proxecto Life Terra nos ven de apoiar na adquisición de planta.

Para participar é imprescindíbel, alén de estardes inscritas como Brigadistasenviar un correo electrónico a info@montescola.org ata COMO MOI TARDE o sábado día 18 de xaneiro. Por favor, inscríbite só se podes vir. Desde a conta desde a que se envían convocatorias non se xestionan inscricións nas rogas.

Se aínda non tes a túa camisola de brigadista, lembra de avisarnos da túa talla no email para que che teñamos unha reservada. Avísanos tamén en caso de restricións alimentarias.

Na parte da tarde continuaremos cos obradoiros de formación para brigadistas nunha parcería co Centro de Estudos Eurorexionais Galiza | Norte de Portugal (CEER)Montescola e À Escuta, apoiada polo programa Erasmus+. Os obradoiros versarán sobre temáticas diversas centradas no ámbito de traballo das Brigadas (técnicas de eliminación de EEI, seguridade e protección en traballos forestais, mecánica e mantemento de maquinaria forestal, gobernanza e conservación comunitaria, educación ambiental, etc.). As brigadistas participantes recibirán un certificado do Centro de Saberes para a Sustentabilidade, recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas.

Moeda social “A Sabia” para as brigadistas participantes

Verdegaia colabora coa moeda social A Sabia na procura de crear sinerxías entre persoas e redes sociais, comunitarias, solidarias e ambientais fomentando o consumo de proximidade baseado na confianza e o apoio mutuo, e procura favorecer o pequeno comercio e o autoemprego.

A Sabia ofrece, ás e aos Brigadistas que o desexen, unha cantidade en moeda social que poderán recibir na súa conta cada vez que participen nunha brigada como a desta convocatoria.

Para poder recibir a moeda hai que abrir unha conta na aplicación Cyclos: e enviar un email a compostela@verdegaia.org ou un correo á conta de cyclos de Verdegaia informando do seu interese en recibir a moeda.

VÉMONOS NO MONTE!

Tradicional “Roga de San Silvestre” en Froxán

Este ano as Brigadas voltan a xuntarse en Froxán (Lousame), para a tradicional “Roga de San Silvestre”, na que poderedes graxear e poñervos en forma restaurando o bosque nativo.

Este ano a contraprogramación festiva fai que non puidésemos marcar a convocatoria en fin de semana, máis agardamos que moitas de vós aínda vos acheguedes o martes 27 de decembro, día para o que temos reservado excelente tempo solleiro.

Na intervención plantaremos especies autóctonas en dúas parcelas que xa foron deseucaliptizadas previamente polas Brigadas deseucaliptizadoras, machacando ou descascando puntualmente algúns rebrotes. Trátase de parcelas con acordos de custodia do territorio coa Fundación Montescola, e para as que o proxecto Life Terra nos ven de apoiar na adquisición de planta.

Trátase dunha actividade organizada en colaboración coa Fundación Montescola na que se empregarán equipamentos adquiridos por esta co apoio da Deputación da Coruña no Programa de axudas a entidades sen fins de lucro para o cofinanciamento de proxectos de investimentos no ámbito do medio ambiente.

Para participar é imprescindíbel, alén de estardes inscritas como Brigadistasenviar un correo electrónico a info@montescola.org ata COMO MOI TARDE o sábado día 24 de decembro. Por favor, inscríbite só se podes vir.

Se aínda non tes a túa camisola de brigadista, lembra de avisarnos da túa talla no email para que che teñamos unha reservada. Avísanos tamén en caso de restricións alimentarias.

Na parte da tarde continuaremos cos obradoiros de formación para brigadistas nunha parcería co Centro de Estudos Eurorexionais Galiza | Norte de Portugal (CEER)Montescola e À Escuta, apoiada polo programa Erasmus+. Os obradoiros versarán sobre temáticas diversas centradas no ámbito de traballo das Brigadas (técnicas de eliminación de EEI, seguridade e protección en traballos forestais, mecánica e mantemento de maquinaria forestal, gobernanza e conservación comunitaria, educación ambiental, etc.). As brigadistas participantes recibirán un certificado do Centro de Saberes para a Sustentabilidade, recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas.

Moeda social “A Sabia” para as brigadistas participantes

Verdegaia colabora coa moeda social A Sabia na procura de crear sinerxías entre persoas e redes sociais, comunitarias, solidarias e ambientais fomentando o consumo de proximidade baseado na confianza e o apoio mutuo, e procura favorecer o pequeno comercio e o autoemprego.

A Sabia ofrece, ás e aos Brigadistas que o desexen, unha cantidade en moeda social que poderán recibir na súa conta cada vez que participen nunha brigada como a desta convocatoria.

Para poder recibir a moeda hai que abrir unha conta na aplicación Cyclos: e enviar un email a compostela@verdegaia.org ou un correo á conta de cyclos de Verdegaia informando do seu interese en recibir a moeda.

VÉMONOS NO MONTE!

26 de Novembro: Mondariz-Balneario Brigadista

Anótate até o xoves 23 de Novembro!

En Mondariz-Balneario queremos seguir botándonos ao monte. Na roga do sábado 26 de novembro actuaremos sobre unha parcela de titularidade pública moi afectada polas vagas de incendios. No 2018 fixéramos unha primeira plantación por sementeira con crianzas e familias da vila. Cos anos toxo, xestas, mimosas, eucaliptos e silveiras invadiron de novo o terreo.

Desta volta o obxectivo é continuar coa roga anterior: seguir limpando, cortando e desbrozando, ademais de sementar cebada para nutrir a terra.

Para participar é imprescindíbel, alén de estardes inscritas como Brigadistasenviar un correo electrónico a ester.outr@gmail.com até COMO MOI TARDE o xoves 23 de novembro. Lembrade que as prazas son limitadas. O punto de encontro é o estacionamento do cemiterio ás 9:30 h.

Lembramos ás brigadistas que traian roupa e calzado axeitados para a choiva e o exceso de toxo; luvas, copo, prato e cubertos propios. O albaroque tamén inclúe opción vegana e daremos máis datos unha vez inscritas.

Lugar de encontro: Cemiterio de Mondariz Balneario

Moeda Social A Sabia

Verdegaia colabora coa moeda social A Sabia na procura de crear sinerxías entre persoas e redes sociais, comunitarias, solidarias e ambientais fomentando o consumo de proximidade baseado na confianza e o apoio mutuo, e procura favorecer o pequeno comercio e o autoemprego.

A Sabia ofrece, ás e aos Brigadistas que o desexen, unha cantidade en moeda social que poderán recibir na súa conta cada vez que participen nunha brigada como a desta convocatoria.

Para poder recibir a moeda hai que abrir unha conta na aplicación Cyclos: e enviar un email a compostela@verdegaia.org ou un correo á conta de cyclos de Verdegaia informando do seu interese en recibir a moeda.

A tua doazón conta!

Fai unha achega económica de 1€ ao mes a través de Teaming para que as Brigadas deseucaliptizaroas cheguen aínda máis lonxe. Coas tuas doazóns continuaremos sufragando os seguros das intervencións, comprando árbores e ferramenta e contribuíndo para o empeño das brigadistas voluntarias.

VÉMONOS NO MONTE!

As Brigadas voltan ao Ribeiro o sábado 12 de novembro

Pasada a vendima e governadas as bodegas, a Asociación Veciñal de Lentille convoca as brigadistas todas para lle arrearmos outra poderosa trabada ao asedio das mimosas na súa aldea.

Desta volta concentraremos os esforzos en erradicarmos pequenos focos de invasión dentro da aldea e liberarmos camiños  e sendeiros veciñais e as súas marxes. Separaremos ramallada para a sua posterior compostaxe e leña.

A leña de acacia procedente da atividade das Brigadas en Lentille estará sempre ao dispor de iniciativas e proxectos sen ánimo de lucro que a precisen para o desenvolvimento da sua atividade en prol do ben común. A Asociación Veciñal de Lentille fica atenta a propostas e solicitudes en avlentille@gmail.com.

Para vos apuntardes é preciso, alén de serdes Brigadistas, enviar un correo electrónico a avlentille@gmail.com até o 9 de NOVEMBRO a máis tardar.

O punto de encontro será o habitual no estacionamento do Souto ás 10:00. E o albaroque terá lugar na terraza do Cabildo se o clima o permite e no garaxe de non haber alternativa.

Na parte da tarde continuaremos cos obradoiros de formación para brigadistas nunha parcería co Centro de Estudos Eurorexionais Galiza | Norte de Portugal (CEER), Montescola e À Escuta, apoiada polo programa Erasmus+. Os obradoiros versarán sobre temáticas diversas centradas no ámbito de traballo das Brigadas (técnicas de eliminación de EEI, seguridade e protección en traballos forestais, mecánica e mantemento de maquinaria forestal, gobernanza e conservación comunitaria, educación ambiental, etc.). As brigadistas participantes recibirán un certificado do Centro de Saberes para a Sustentabilidade, recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas.

30 de outubro: continúa a deseucaliptización en Vila Cova

As Brigadas voltan a deseucaliptizar o próximo domingo 30 de outubro na Comunidade do Monte Veciñal en Man Común de Vila Cova, en Lousame. A roga estará centrada na eliminación de rebrotes de eucalipto nunha zona de varias hectáreas nas que a Comunidade suprimiu os eucaliptos existentes. No inverno, darase continuidade aos traballos cunha plantación de frondosas.

O punto e hora de encontro será ás 09:00 da mañá no Campo de Fútbol de Vila Cova (https://goo.gl/maps/UNN8zpEpCRCEipJE9), situado ao pé da igrexa parroquial. Desde alí agruparémonos nos vehículos para subir ata as proximidades da zona de intervención. É importante estardes puntualmente ás 9:00, pois do contrario será difícil orientarvos para chegar ao punto de traballos.

Para participar é imprescindíbel, alén de estardes inscritas como Brigadistasenviar un correo electrónico a brigadasvilacoba@gmail.com ata COMO MOI TARDE o xoves 27 de outubro. Lembrade que desde a conta de correo desde a que se envían as convocatorias non se xestionarán incricións.

Na parte da tarde continuaremos cos obradoiros de formación para brigadistas nunha parcería co Centro de Estudos Eurorexionais Galiza | Norte de Portugal (CEER), Montescola e À Escuta, apoiada polo programa Erasmus+. Os obradoiros versarán sobre temáticas diversas centradas no ámbito de traballo das Brigadas (técnicas de eliminación de EEI, seguridade e protección en traballos forestais, mecánica e mantemento de maquinaria forestal, gobernanza e conservación comunitaria, educación ambiental, etc.). As brigadistas participantes recibirán un certificado do Centro de Saberes para a Sustentabilidade, recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas.

As prazas son limitadas e inscribirémosvos por orde. Por favor, inscríbite só se podes vir. Se aínda non tes a túa camisola de brigadista, lembra de avisarnos da túa talla no email para que che teñamos unha reservada. Avísanos tamén en caso de restricións alimentarias

 

Moeda social “A Sabia” para as brigadistas participantes

Verdegaia colabora coa moeda social A Sabia na procura de crear sinerxías entre persoas e redes sociais, comunitarias, solidarias e ambientais fomentando o consumo de proximidade baseado na confianza e o apoio mutuo, e procura favorecer o pequeno comercio e o autoemprego.

A Sabia ofrece, ás e aos Brigadistas que o desexen, unha cantidade en moeda social que poderán recibir na súa conta cada vez que participen nunha brigada como a desta convocatoria.

Para poder recibir a moeda hai que abrir unha conta na aplicación Cyclos: e enviar un email a compostela@verdegaia.org ou un correo á conta de cyclos de Verdegaia informando do seu interese en recibir a moeda.

Colabora co Teaming

Lembramos que tamén se pode colaborar coas Brigadas con 1€/mes a través da Plataforma Teaming das Brigadas.

© 2024: Brigadas deseucaliptizadoras | GREEN EYE Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress