Marzo, 2018

now browsing by month

 

Lanzamos as Brigadas! 21 de abril en Froxán


O próximo sábado 21 de abril lánzase publicamente o proxecto das Brigadas deseucaliptizadoras cunha xornada de traballo na Área Conservada pola Comunidade Veciñal de Froxán, en Lousame. A acción é a primeira das programadas en Froxán e actuará sobre varios hábitats de interese comunitario (9230) e interese prioritario (5230*, 91E0*, 4020*) nos que se eliminarán especies exóticas invasoras, particularmente eucalipto e acacia. As intervencións realízanse en sinerxia coas iniciativas de restauración de hábitats degradados que promoven a Comunidade do Monte Veciñal en Man Común de Froxán e a Sociedade Histórica e Cultural «Coluna Sanfins».

As participantes deben estar en Froxán (ver mapa) ás 10:00 para iniciar os traballos ás 10:30. A organización proporcionará luvas e ferramenta, así como o xantar de albaroque para todas a persoas voluntarias. Para participar é necesario inscribirse como brigadista ata o día 16 de abril indicando a disponibilidade para participar e calquera preferencia ou restricción alimentaria.

© 2024: Brigadas deseucaliptizadoras | GREEN EYE Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress