Outubro, 2020

now browsing by month

 

24-O: 1ª deseucaliptización en Montefaro

sábado 24 de outubro voltan as brigadas a Ferrolterra – Trasancos, nunha acción de colaboración coa Asociación Betula de custodia do territorio.

Nesta ocasión traballaremos na zona de Montefaro (Ares) con magníficas vistas ás rías de Ares e Ferrol.

O traballo realizarase en dúas parcelas nas cales os eucaliptos foron talados aproximadamente hai seis meses e consistirá en machacar os rebrotes de eucalipto que xa agroman (non son demasiado grandes) e amorealos de modo que non estorben posibles labores futuras de repoboación con autóctonas. A ferramenta estrela será o machado polo que se agradecerá a quen dispoña do seu que o traia, aínda que a organización dispórá dun certo número de macahados para quen non teña. Igualmente importante é que cada brigadista traia as súas propias luvas de traballo.

Para vos apuntar, é preciso, alén de estardes inscritas como Brigadistas, enviar un correo electrónico a  feryanezmarcelin@gmail.com ata COMO MOI TARDE o día 20 de OUTUBRO.

O punto de encontro será  ás 9:00 h no estacionamento do mosteiro de Santa Catalina de Montefaro:

https://www.google.com/maps/@43.4505116,-8.2812053,191m/data=!3m1!1e3

Dende aí iremos á pé (10 minutos) ata a zona de intervención.

Remataremos os traballos por volta das 14:00 e faremos o albaroque no propio Mosteiro, contaremos coa colaboración do Concello de Ares na loxística do albaroque. Non podemos concretar aínda o menú mas quen desexe opción vegana agradécese que o notifique no correo ó apuntarse.

Na sobremesa  membros da Asociación Betula falarannos dos valores medioambientais de Montefaro e das súas posibilidades de recuperación.

Igualmente poderemos desprazarnos ata o mirador da bailadora (na foto) a 10 min a pé do Mosteiro e gozar das magníficas vistas da ría de Ferrol.

VÉMONOS NO MONTE!

17-O: A polas acacias en Lentille!

O sábado 17 de OUTUBRO as Brigadas Deseucaliptizadoras volvémonos botar ao monte, da man da Asociación Veciñal de Lentille, para combater a invasión de mimosa (Acacia dealbata) que sofre a comarca. Retomamos así a xornada que estaba programada para o pasado 21 de marzo e que tivemos que suspender na altura. No

Nesta roga continuaranse os traballos que se veñen desenvolvendo desde 2018 nun monte particular que xa ven paseniño repoboándose con árbores frondosas autóctonas. Tamén traballaremos na limpeza e habilitación de camiños veciñais comestos pola praga da mimosa. A intervención manual terá como obxectivo eliminar os pés de acacia mantendo as árbores autóctonas que conseguiron sobrevivir (carballos, érvedos, etc.).

De 16:00 endiante, representantes da plataforma A Sabia falaránnos desta moeda social. Explicarán o seu funcionamento e obxectivos, e mesmo repartirán de balde algunhas unidades para que os brigadistas interesados podermos ir utilizando e participando no proxecto.

Para vos apuntar, é preciso, alén de estardes inscritas como Brigadistas, enviar un correo electrónico a avlentille@gmail.com ata COMO MOI TARDE o día 13 de OUTUBRO.

Coma sempre, o punto de encontro é o estacionamento do Souto ás 9:30 h, e dende aí iráse á pé (10 minutos) ata a zona de intervención.

Remataremos os traballos por volta das 14:00 e faremos o albaroque. Non podemos concretar aínda o menú mas haberá opción vegana e incluirá algunha especialidade.

VÉMONOS NO MONTE!

© 2024: Brigadas deseucaliptizadoras | GREEN EYE Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress