Decembro, 2020

now browsing by month

 

As Brigadas voltan a Padróns (Ponteareas) o 10 de xaneiro

A segunda actuación das Brigadas no monte comunal de Padróns (Ponteareas) está convocada para o vindeiro domingo, 10 de xaneiro, coa plantación dunhas 1500 árbores autóctonas. A intervención manual nesta roga terá como obxectivo a repoboación dunha zona afectada pola vaga de lumes de outubro de 2017 con especies autóctonas como bidueiros, corticeiros ou pradairos.

Para vos apuntar, é preciso, alén de estardes inscritas como Brigadistas, é preciso enviar un correo electrónico a olmoamoedo@hotmail.com ata COMO MOI TARDE o día 8 de XANEIRO. Lembrade que as prazas son limitadas.

O punto de encontro é A ANTENA DE TELÉFONO  situada no barrio da Portela, parroquia de San Salvador de Padróns (Ponteareas), e dende aí iremos a pé (5 minutos) ata a zona de intervención (250 m por riba da antena), xunto coas persoas convocadas na propia vila para sumarse á plantación. Quedamos nese punto ás 9 da maña. A ligazón no Google Maps é: https://goo.gl/maps/bCivyXPGAm2k8bn78

Traede, si tendes a man, ferramenta como legóns, laias, ou mesmo un ferro do monte, xa que as árbores veñen en cepellón. Non deixedes de vir si non tendes ferramenta, que aquí haberá abondo para tod@s!

O albaroque dos brigadistas está supeditado á actual pandemia, con almorzo a media mañá presentado en racións individuais. Por suposto, tomaremos as medidas de seguridade dictadas perante a situación actual de alarma.

Serán moi benvidas as doazóns voluntarias e fiscalmente deducíbeis ao proxecto por medio da plataforma Teaming.

Moeda social “A Sabia” para as brigadistas participantes

Verdegaia colabora coa moeda social A Sabia na procura de crear sinerxías entre persoas e redes sociais, comunitarias, solidarias e ambientais fomentando o consumo de proximidade baseado na confianza e o apoio mutuo, e procura favorecer o pequeno comercio e o autoemprego.

A Sabia ofrece, ás e aos Brigadistas que o desexen, unha cantidade en moeda social que poderán recibir na súa conta cada vez que participen nunha brigada como a desta convocatoria.

Para poder recibir a moeda hai que abrir unha conta na aplicación Cyclos: e enviar un email a compostela@verdegaia.org ou un correo á conta de cyclos de Verdegaia informando do seu interese en recibir a moeda.

En caso de dúbida pódese consultar:
– A noticia en Verdegaia: http://www.verdegaia.org/wp/verdegaia-colabora-coa-moeda-social-galega-a-sabia/
– A web da Sabia: https://asabiagalega.wordpress.com/
– Consultar en: compostela@verdegaia.org

 

 

Brigada permanente individual/para conviventes en Froxán

En xuño as Brigadas voltaron á carga mais somos conscientes que moita xente non se puido unir, e non por falta de vontade. Por iso, pensamos en lanzar un novo modelo de intervención das Brigadas, complementario ao das “rogas” e “albaroques” que se continuarán convocando mentres sexa posíbel e seguro, e que permita a acción voluntaria de xeito individual e para convivintes cando as circunstancias persoais e de restricións non permitan a participación nas accións de grupo.

Neste modelo, designaranse zonas e traballos de intervención de xeito previo, mais será cada quen que participe de xeito individual (ou en pequenos grupos de convivintes) nos días e horarios que mellor conveñan.

A participación fundaméntase nos seguintes principios:

  1. As brigadistas deben enviar un email á entidade ou persoa anfitrioa o día anterior á xornada na que teñan pensado actuar.
  2. Non será preciso recibir email de confirmación e a entidade ou persoa anfitrioa só entrará en contacto no caso de precisar dar indicacións máis precisas sobre os traballos.
  3. Non será preciso avisar se por motivos de metereoloxía ou doutra índole se cancela ou pospón a participación para outro día, mais sí avisar novamente no día previo.
  4. É MOI IMPORTANTE limitarse aos traballos e zonas indicadas. Por exemplo, se se trata dunha roga para machacar rebrotes, non se deben apear pés de árbores baixo ningún concepto; e tampouco intervir fóra dos terrenos demarcados, pois isto podería crear innecesariamente conflictos entre propietarios.
  5.  A Sabia  ofrece, ás e aos Brigadistas que o desexen, unha cantidade en moeda social que poderán recibir na súa conta cada vez que participen nunha actuación, incluíndo as desta modalidade. Para poder recibirla débese ter aberta unha conta na aplicación Cyclos e enviar un email a compostela@verdegaia.org ou un correo á conta de cyclos de Verdegaia informando do día e lugar no que se participou na intervención.
  6. En caso de accidente, débese entrar en contacto coa entidade ou persoa anfitrioa para prestar auxilio e accionar o seguro de accidentes se fose necesario.

Zona de intervención de Froxán (Lousame)

Nos meses de xuño, xullo, agosto e setembro as Brigadas deseucaliptizadoras realizaron unha campaña intensa de apeo de eucaliptos e acacias na Área Conservada pola Comunidade de Froxán (Lousame). En total, deseucaliptizáronse 3 hectáreas de monte á beira Norte do rego do Ramo Curvo, consolidando unha zona de carballeira. O traballo de apeo continuará, se as circunstancias o permiten, no verán de 2021.

Como era de agardar, a meirande parte dos eucaliptos cortados están rebrotando, sendo preciso machar de xeito manual os seus rebrotes en toda a zona (marcada no mapa que aparece máis abaixo como “Área 1” e “Área 2”). A maior parte dos rebrotes teñen aínda menos de 50 cm, mais medradrán significativamente nos próximos meses. Para machacar os rebrotes a ferramenta idónea é unha pequena machada de man, coa que se descascará o tocón retirándo o máximo posíbel da casca. Isto favorece a acción dos fungos que acaban por apodrecer a cachopa.

Os traballos están limitados a machar os rebrotes dos centos de pequenos tocóns, e non se debe apear ningunha árbore. Na “Área 1” existen ademais centos de pequenos carballos nos que, se as brigadistas participantes teñen experiencia en poda, se poden facer podas de formación, particularmente para eliminar “chupóns” dun mesmo pé. Para isto último pódense usar tesoiras de poda (de dúas mans).

Pódense estacionar os vehículos no punto marcado con “P” no mapa e facer o percurso a pé até a Área 1 (a máis afastada) seguindo unha pista forestal. A Área 1 encóntrase logo de pasar un punto de auga para a extinción de incendios e será aquí onde se deben comezar os traballos, ascendendo o monte de xeito paralelo ao rego por unha antiga vía de saca.

Para participar só é necesario estardes inscritas como Brigadistas e enviar o día anterior un correo electrónico a info@montescola.org avisando da vosa ida. Se nunca participástedes nunha intervención machacando eucalipto, recomendamos que botedes unha ollada a este vídeo dunha das intervencións anteriores:

26-DEC: Roga “San Silvestre” en Froxán

SÁBADO 26 de decembro as Brigadas xúntanse para a última roga do ano na Área Conservada pola Comunidade de Froxán (Lousame) para unha xornada de deseucaliptización e consolidación de traballos realizados en convocatorias anteriores.

Na roga traballaremos coordenados nunha zona ampla gardando as distancias persoais. A roga comezará ás 10:00 da mañá e teremos como punto de encontro e inicio dos traballos o Chán de Avelán (tamén coñecido como “As Minas de San Fins”, ver no Google Maps como chegar).

Para participar é imprescindíbel, alén de estardes inscritas como Brigadistasenviar un correo electrónico a info@montescola.org ata COMO MOI TARDE o día 24 de decembroAs prazas son limitadas e inscribirémosvos por orde.

Moeda social “A Sabia” para as brigadistas participantes

Verdegaia colabora coa moeda social A Sabia na procura de crear sinerxías entre persoas e redes sociais, comunitarias, solidarias e ambientais fomentando o consumo de proximidade baseado na confianza e o apoio mutuo, e procura favorecer o pequeno comercio e o autoemprego.

A Sabia ofrece, ás e aos Brigadistas que o desexen, unha cantidade en moeda social que poderán recibir na súa conta cada vez que participen nunha brigada como a desta convocatoria.

Para poder recibir a moeda hai que abrir unha conta na aplicación Cyclos: e enviar un email a compostela@verdegaia.org ou un correo á conta de cyclos de Verdegaia informando do seu interese en recibir a moeda.

En caso de dúbida pódese consultar:
– A noticia en Verdegaia: http://www.verdegaia.org/wp/verdegaia-colabora-coa-moeda-social-galega-a-sabia/
– A web da Sabia: https://asabiagalega.wordpress.com/
– Consultar en: compostela@verdegaia.org

© 2024: Brigadas deseucaliptizadoras | GREEN EYE Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress