Xuño, 2021

now browsing by month

 

Froxán e Lourizán: dúas caras da mesma loita no 3 e 4 de xullo

Roga en Froxán o 3 de xullo

SÁBADO 3 de XULLO as Brigadas retoman os traballos de consolidación do bosque nativo na contorna da Casa da Susana, onde crianzas e familias plantaran en 2017 centos de árbores, na  Área Conservada pola Comunidade de Froxán (Lousame).

A roga comezará ás 9:30 da mañá para evitar as horas de calor. Para participar é imprescindíbel, alén de estardes inscritas como Brigadistasenviar un correo electrónico a info@montescola.org ata COMO MOI TARDE o xoves 1 de xullo.

As prazas son limitadas e inscribirémosvos por orde. Por favor, inscríbite só se podes vir. Se aínda non tes a túa camisola de brigadistas, lembra de avisarnos da túa talla no email para que che teñamos unha reservada. Avísanos tamén en caso de restricións alimentarias.

Marcha contra celulosas: domingo 4 de xullo

As Brigadas deseucaliptizadóras súmanse á APDR retomando a presión social nas rúas para esixir o que é xa un desexo xeneralizado dunha ampla maioría da poboación da comarca.

Baixo o lema “FÓRA DA RÍA XA!”, unha nova MARCHA CONTRA CELULOSAS partirá das alamedas de Marín e Pontevedra na mañá do DOMINGO 4 DE XULLO para confluír diante das instalacións da ilegal empresa pasteira e esixir o cumprimento da lei e o peche definitivo e inmediato da súa actividade en Lourizán.

VÉMONOS NO MONTE! VÉMONOS NA RÚA!

Froxán: a roga continúa o 19 de xuño

SÁBADO 19 de XUÑO as Brigadas voltan á Área Conservada pola Comunidade de Froxán (Lousame) para unha xornada de consolidación de traballos de deseucaliptización de convocatorias anteriores xunto con traballos de recuperación do patrimonio cultural que acolle o monte. As prazas son limitadas.

Na roga traballaremos coordenados nunha zona ampla gardando as distancias persoais. A roga comezará ás 9:30 da mañá para evitar as horas de calor e teremos como punto de encontro e inicio dos traballos o Chán de Avelán (tamén coñecido como “As Minas de San Fins”, ver no Google Maps como chegar).

Para participar é imprescindíbel, alén de estardes inscritas como Brigadistasenviar un correo electrónico a info@montescola.org ata COMO MOI TARDE o mércores 16 de xuñoAs prazas son limitadas e inscribirémosvos por orde. Por favor, inscríbite só se podes vir. Se aínda non tes a túa camisola de brigadistas, lembra de avisarnos da túa talla no email para que che teñamos unha reservada. Avísanos tamén en caso de restricións alimentarias.

Moeda social “A Sabia” para as brigadistas participantes

Verdegaia colabora coa moeda social A Sabia na procura de crear sinerxías entre persoas e redes sociais, comunitarias, solidarias e ambientais fomentando o consumo de proximidade baseado na confianza e o apoio mutuo, e procura favorecer o pequeno comercio e o autoemprego.

A Sabia ofrece, ás e aos Brigadistas que o desexen, unha cantidade en moeda social que poderán recibir na súa conta cada vez que participen nunha brigada como a desta convocatoria.

Para poder recibir a moeda hai que abrir unha conta na aplicación Cyclos: e enviar un email a compostela@verdegaia.org ou un correo á conta de cyclos de Verdegaia informando do seu interese en recibir a moeda.

VÉMONOS NO MONTE!

12 de xuño: desacaciamos o San Lois

SÁBADO 12 de xuño as Brigadas deseucaliptizadoras actuarán por primeira vez sobre o monte San Lois (Noia), terras da Comunidade do Monte Veciñal en Man Común de San Lois onde se pretende erradicar a praga da acacia negra (Acacia melanoxylon) que asola a comarca. O monte San Lois ten un gran valor natural e paisaxístico e inténtase recuperar con especies autóctonas.

Na roga, organizada pola Marea Cidadá de Noia, traballaremos coordenadas nunha zona ampla gardando as distancias persoais. Os traballos no monte comezarán ás 10:30 da mañá e teremos como punto de encontro a área recreativa de San Lois ás 10:00: https://goo.gl/maps/Vghcas349je6DxYr8

Para participar é imprescindíbel, alén de estardes inscritas como Brigadistas, enviar un correo electrónico a mareanoiesa@gmail.com ata COMO MOI TARDE o día 9 de xuño. Lembrade que as prazas son limitadas. Por favor, inscríbite só se podes vir. Avísanos en caso de restricións alimentarias.

Se aínda non tes a túa camisola de brigadistas, lembra de avisarnos da túa talla no email de inscrición para que che teñamos unha reservada. As camisolas son totalmente
gratuitas para as brigadistas activas, aínda que serán moi benvidas as doazóns voluntarias e
fiscalmente deducíbeis ao proxecto por medio da plataforma Teaming.

A acción realizarase en pequenos grupos separados, cumprindo o protocolo COVID e mantendo igualmente as distancias persoais entre si.

Moeda social “A Sabia” para as brigadistas participantes

Verdegaia colabora coa moeda social A Sabia na procura de crear sinerxías entre persoas e redes sociais, comunitarias, solidarias e ambientais fomentando o consumo de proximidade baseado na confianza e o apoio mutuo, e procura favorecer o pequeno comercio e o autoemprego.

A Sabia ofrece, ás e aos Brigadistas que o desexen, unha cantidade en moeda social que poderán recibir na súa conta cada vez que participen nunha brigada como a desta convocatoria.

Para poder recibir a moeda hai que abrir unha conta na aplicación Cyclos: e enviar un email a compostela@verdegaia.org ou un correo á conta de cyclos de Verdegaia informando do seu interese en recibir a moeda.

VÉMONOS NO MONTE!

© 2024: Brigadas deseucaliptizadoras | GREEN EYE Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress