Unha iniciativa de voluntariado ambiental impulsada por Verdegaia para recuperar a biodiversidade e combatir a eucaliptización da Galiza.

FAITE BRIGADISTA!

Unha iniciativa de voluntariado ambiental para recuperar a biodiversidade e combater a eucaliptización da Galiza

Read more

As Brigadas Deseucaliptizadoras

promoven accións de restauración ambiental en áreas con valores ambientais degradados ou ameazados pola eucaliptización estando abertas á participación de persoas voluntarias e titulares de parcelas de monte



26M: Eliminación de especies exóticas invasoras nos Montes do Chá, Ferrol

O DIA 26 DE MARZO volven as brigadas deseucaliptizadoras ó Monte do Chá a realizar diversos traballos en varias zonas do monte, na zona de Cariño machacaremos con machados rebrotes de eucalipto proximos á estrada e actuaremos sobre unha pequena zona de mimosas traballando con motoserras por parellas, asimismo na zona entre Liñares e Martín limparemos de toxos unha das mámoas polo que aquí traballaremos con desbrozadoras, fouzos e forquitas.

Agradécese a quen poida que traia ferramenta propia e que o especifique ó apuntarse (sobre todo no caso de motoserra e desbrozadora) de cara a organizar os grupos de traballo; a organización facilitará ferramenta a quen non teña e a precise, non obstante fará falta xente que se ocupe só de apartar a ramalla que se vaia cortando; lembrade que cada brigadista deberá traer guantes de traballo propios.

O lugar de encontro será ás 9:00 h no Confurco, diante de Asfedro:

https://www.google.es/maps/@43.4802137,-8.3099533,17z?hl=gl

Alí organizaremos os grupos e nos desprazaremos ás zonas de traballo, trala mañá de traballo o xantar será (salvo imprevistos) na asociación de veciños de Valón:

https://www.google.es/maps/@43.4957653,-8.2681578,17z?hl=gl

Por motivos covid rógase que cada quen traia vaso prato e cubertos propios. Se alguén ten algún requisito alimentario agradécese que o especifique ó apuntarse.

Para apuntarse, ademáis de estar inscrit@ como brigadista, é imprescindible enviar un correo de confirmación a comunidademontesdocha@gmail.com antes do venres 25 de marzo para saber o número de voluntari@s que imos ser e organizar toda a loxística.
VÉMONOS NO MONTE!

Sábado 19-M Plantación de carballos en Grixoa de Esternande (Santa Comba)

Ven de sumarse ás Brigadas a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Grixoa de Esternande, no concello de Santa Comba, que nos convoca a unha primeira intervención para plantar medio milleiro de carballos no sábado 19 de marzo.

Agradecemos a vosa participación e apoio apuntándovos canto antes e, como moi tarde, até o día 16 de marzo, para facilitar a loxística desta primeira incursión en terras xalleiras.

Para vos apuntardes é preciso, alén de serdes Brigadistas, enviar un correo electrónico a brigadas@verdegaia.org

A Comunidade ofrecerá un xantar comunitario ás brigadistas participantes, e a xornada estará amenizada cun espectáculos de monicreques (para crianzas e adultas) e algunha que outra sorpresa máis.

VÉMONOS NO MONTE!

Entroido deseucalptizador en Cerdedo

E o tempo nom para nesta comarca belida de Montes. Anotade que o sábado día 5, de manhá🌿 aqueceremos os corpos quitando flora invasora na Praia Fluvial de Cerdedo e de tarde celebraremos a vida con aleghria e diversom com o Ghalpom Social da Rousmeri!

Sobre as 14:00 h a organizaçom convidará ás persoas participantes a un jantar colectivo, quem tenha algum tipo de restriçom alimentaria que avise no momento de apuntarse. Se chove jantaremos já no galpón social de Rousmeri (a 15 min do monte em coche). A jornada continuará co entroido no Ghalpom, o certame de bailes absurdos e algumha sorpresa…

Para anotar-se é preciso avisar ao (689858197 ou 685853388) antes do xoves 3!

DICAS PARA A JORNADA DA MANHÁ
As persoas participantes deveram traer roupa ajeitada (ao choio e ao entroido) e luvas de trabalho, as ferramentas a usar seram o foucinho, o serrucho e o sacho. Agradece-se a quem poida que traia os propios. Temos pouca ferramenta.

O terreo é em costa, con toxo e mato a media perna nalguns tramos. Os trabalhos a fazer som: amorear eucaliptos talados do ano pasado, segar toxo, cortar eucaliptos agromados.

VÉMONOS NO MONTE!

O sábado 12-M desacaciamos Lentille

Asociación Veciñal de Lentille volve reconvocar para o sábado 12 de marzo as Brigadas pra seguirmos combatendo sen tregua as acacias nesta aldea do Ribeiro.

Desta volta dividiremos os esforzos en erradicar pequenos enclaves de resistencia visando conectar áreas que xa foran desacaciadas coa axuda das Brigadas.

Para vos apuntardes é preciso, alén de serdes Brigadistas, enviar un correo electrónico a avlentille@gmail.com até o 9 de marzo a máis tardar.

O punto de encontro será o habitual no estacionamento do Souto ás 10:00. E o albaroque terá lugar na terraza do Cabildo se o clima o permite e no garaxe se for máis riguroso.

Froxán: roga o 19 de febreiro

Por razóns de última hora, adiouse a roga prevista para este sábado 19 de febreiro en Lentille, e no seu lugar, organizarase no mesmo día unha intervención na Área Conservada pola Comunidade de Froxán (Lousame) para consolidar unha plantación de frondosas nativas. Contamos con ter tempo bo e solleiro con benzón da superioridade 😉

A roga comezará ás 09:45 da mañá e teremos como punto de encontro a encrucillada chamada “Cruz da Armada“. O lugar dos traballos está a uns 300 metros.

Para participar é imprescindíbel, alén de estardes inscritas como Brigadistasenviar un correo electrónico a info@montescola.org ata COMO MOI TARDE este xoves día 17 de febreiro.

As prazas son limitadas e inscribirémosvos por orde. Por favor, inscríbite só se podes vir. Se aínda non tes a túa camisola de brigadista, lembra de avisarnos da túa talla no email para que che teñamos unha reservada. Avísanos tamén en caso de restricións alimentarias.

Moeda social “A Sabia” para as brigadistas participantes

Verdegaia colabora coa moeda social A Sabia na procura de crear sinerxías entre persoas e redes sociais, comunitarias, solidarias e ambientais fomentando o consumo de proximidade baseado na confianza e o apoio mutuo, e procura favorecer o pequeno comercio e o autoemprego.

A Sabia ofrece, ás e aos Brigadistas que o desexen, unha cantidade en moeda social que poderán recibir na súa conta cada vez que participen nunha brigada como a desta convocatoria.

Para poder recibir a moeda hai que abrir unha conta na aplicación Cyclos: e enviar un email a compostela@verdegaia.org ou un correo á conta de cyclos de Verdegaia informando do seu interese en recibir a moeda.

VÉMONOS NO MONTE!

Cancelada plantación do 12 de febreiro

A asociación Comuneiros do Chá anula a convocatoria que fixera para plantar árbores autóctonas o día 12 de febreiro debido ó exito da xornada previa do dia 5 de febreiro na que 50 voluntari@s plantaron nunha soa xornada as dúas hectáreas e tódalas árbores que tiñamos previsto plantar entre o día 5 e o 12, de modo que xa está todo o traballo feito. Agradecemos a tódalas persoas que se apuntaron a calquera das dúas xornadas a súa disposición e manterémolas informadas de novas convocatorias que poida haber.
Vémonos dando vida ó monte !!!!

19F 🌿 Desacaciamos Lentille

Rematado o groso dos traballos invernais na viña, a Asociación Veciñal de Lentille volve convocar as Brigadas pra seguirmos combatendo sen tregua as acacias nesta aldea do Ribeiro.

Desta volta dividiremos os esforzos en erradicar pequenos enclaves de resistencia visando conectar áreas que xa foran desacaciadas coa axuda das Brigadas.

Para vos apuntardes é preciso, alén de serdes Brigadistas, enviar un correo electrónico a avlentille@gmail.com até o 17 de febreiro a máis tardar.

O punto de encontro será o habitual no estacionamento do Souto ás 10:00. E o albaroque terá lugar na terraza do Cabildo se o clima o permite e no garaxe se for máis riguroso.

Plantación de árbores autóctonas nos Montes do Chá, Ferrol o 5 e 12 de febreiro

O Monte do Chá é un monte veciñal das parroquias de Brión e Doniños, tras décadas de loita por recuperar a titularidade e xestión veciñal do monte, no ano 2021 conseguiuse a xestión a través da Asociación comuneiros do Chá, que está a desenvolver diferentes proxectos de recuperación dos valores medioambientais, arqueolóxicos e silvopastorais.

Nesta acción repoboaremos aproximadamente dúas hectareas de terreo con frondosas autóctonas (carballos, freixos, castiñeiros, bidueiros, pradairos, amieiros, e tamén algunhas sobreiras e piñeiros do país). O terreo é chao e foi previamente desbrozado polo que o traballo é asequible para todo tipo de voluntariado incluíndo crianzas. Debido á extensión a repoboar estimamos que serán necesarias dúas xornadas.

O punto de encontro será diante da AAVV Castelao de Brión ás 9:00 h da mañá
https://www.google.com/maps/@43.4830336,-8.2685272,18z

Para apuntarse é imprescindible, ademáis de estar inscrit@ como brigadista mandar confirmación ó correo comunidademontesdocha@gmail.com  antes do 3 de febreiro (ou o 10 se ves só á 2ª xornada) indicando o día que participas para facilitar a coordinación e o xantar.

As persoas participantes deberán traer roupa axeitada e luvas de traballo, a ferramenta a usar será o sacho, agradécese a quen poida que traia o propio aínda que a organización disporá dalgúns para quen non teña.

Tras a actuación sobre as 14:00 h a organización convidará ás persoas participantes a un xantar colectivo, para iso e por motivos covid cada persoa deberá traer o seu propio vaso, prato e cubertos, quen teña algún tipo de restricción alimentaria que avise no momento de apuntarse.

Despois do xantar se hai ganas poderase participar nun roteiro polas mámoas e miradoiros do monte así como coñecer os diferentes proxectos de recuperación en marcha.

22 Xaneiro, Roga dupla: deseucaliptizamos en Ferrol e plantamos castiñeiros en Vilaboa

No sábado 22 de xaneiro as Brigadas deseucaliptizadoras estréanse en dous novos montes: en Ferrol, convocadas polas asociacións de veciñ@s de Brión, San Felipe – San Cristobal e A Graña, no chamado “Monte do Estado”, e en Vilaboa (Morrazo) nunha parcela da Comunidade de Montes de San Martiño de Vilaboa.

Deseucaliptización en Ferrol

O Monte do Estado alberga, rodeada de eucaliptos, unha das mellores fragas autóctonas do Concello de Ferrol, sendo frecuentada nos seus paseos pola veciñanza da contorna. Ante o perigo que supón para a súa continuidade e a rexeneración natural da fraga a cantidade de rebrotes de eucalipto e novos eucaliptos de semente, as asociacións convocantes solicitaron permiso de actuación aos titulares do monte, actualmente o Estado.

O punto de encontro será diante da AAVV Castelao de Brión ás 9:00 h da mañá

Para apuntarse é imprescindible, ademáis de estar inscrit@ como brigadista mandar confirmación (wasapp ou chamada) ao teléfono 650 07 46 88 antes do 20 de xaneiro para coordinar á xente participante.

As persoas participantes deberán traer roupa axeitada e luvas de traballo. A ferramenta a usar será o machado, agradécese a quen poida que traia o propio aínda que a organización disporá dalgúns para quen non teña.

A area de traballo ten bastante pendente polo que formaremos dous grupos, de modo que as persoas con menor capacidade física ou menos costume de traballo no monte poidan traballar na área menos pendente.

Despois da actuación sobre as 14:00 h a organización convidará ás persoas participantes a un xantar colectivo (Caldo, empada, tortilla) para iso e por motivos covid cada persoa terá que traer o seu propio vaso, prato e cubertos, quen teña algún tipo de restricción alimentaria que avise no momento de apuntarse.

Plantación en Vilaboa

A xornada consistirá na reposición de castiñeiros e na eliminación de abrochos de eucalipto nunha parcela de case 1 hectárea onde xa están plantados castiñeiros de variedades tradicionais para a produción de fruto e xa se realizaron previamente traballos voluntarios de limpeza.

O punto de encontro é na Mámoa do Rei (ver no Google Maps), no Lago de Castiñeiras, ás 10h da mañá e terminaremos por volta das 14h, cun xantar comunal.

Pola tarde remataremos a xornada cunha visita guiada polo Roteiro das Mámoas da man do arqueólogo Benito Vilas.
Para participar é imprescindíbel, alén de estardes inscritas como Brigadistas, enviar un correo electrónico a montesvilaboa@gmail.com ata COMO MOI TARDE o día 18 de xaneiro. Lembrade que as prazas son limitadas. Por favor, inscríbite só se podes vir. Avísanos en caso de restricións alimentarias.

Recibe as túas “sabias”

Verdegaia colabora coa moeda social A Sabia na procura de crear sinerxías entre persoas e redes sociais, comunitarias, solidarias e ambientais fomentando o consumo de proximidade baseado na confianza e o apoio mutuo, e procura favorecer o pequeno comercio e o autoemprego.

A Sabia ofrece, ás e aos Brigadistas que o desexen, unha cantidade en moeda social que poderán recibir na súa conta cada vez que participen nunha brigada como a desta convocatoria.

Para poder recibir a moeda hai que abrir unha conta na aplicación Cyclos: e enviar un email a compostela@verdegaia.org ou un correo á conta de cyclos de Verdegaia informando do seu interese en recibir a moeda.

VÉMONOS NO MONTE!

22 xaneiro: Plantamos castiñeiros e machacamos eucalipto en Vilaboa

No sábado 22 de xaneiro as Brigadas deseucaliptizadoras actuarán por primeira vez en Vilaboa (Morrazo) nunha parcela da Comunidade de Montes de San Martiño de Vilaboa.

A xornada consistirá na reposición de castiñeiros e na eliminación de abrochos de eucalipto nunha parcela de case 1 hectárea onde xa están plantados castiñeiros de variedades tradicionais para a produción de fruto e xa se realizaron previamente traballos voluntarios de limpeza.

O punto de encontro é na Mámoa do Rei (ver no Google Maps), no Lago de Castiñeiras, ás 10h da mañá e terminaremos por volta das 14h, cun xantar comunal.

Pola tarde remataremos a xornada cunha visita guiada polo Roteiro das Mámoas da man do arqueólogo Benito Vilas.

Para participar é imprescindíbel, alén de estardes inscritas como Brigadistas, enviar un correo electrónico a montesvilaboa@gmail.com ata COMO MOI TARDE o día 18 de xaneiro. Lembrade que as prazas son limitadas. Por favor, inscríbite só se podes vir. Avísanos en caso de restricións alimentarias.

Moeda social “A Sabia” para as brigadistas participantes

Verdegaia colabora coa moeda social A Sabia na procura de crear sinerxías entre persoas e redes sociais, comunitarias, solidarias e ambientais fomentando o consumo de proximidade baseado na confianza e o apoio mutuo, e procura favorecer o pequeno comercio e o autoemprego.

A Sabia ofrece, ás e aos Brigadistas que o desexen, unha cantidade en moeda social que poderán recibir na súa conta cada vez que participen nunha brigada como a desta convocatoria.

Para poder recibir a moeda hai que abrir unha conta na aplicación Cyclos: e enviar un email a compostela@verdegaia.org ou un correo á conta de cyclos de Verdegaia informando do seu interese en recibir a moeda.

VÉMONOS NO MONTE!

  • Vale máis unha terra con árbores nos montes que un Estado con ouro nos bancos ― CASTELAO
© 2022: Brigadas deseucaliptizadoras | GREEN EYE Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress