O REACH aprobado no Parlamento Europeo non protexe fronte ás sustancias quÃmicas perigosas
- Detalles
- Publicado o Sábado, 16 Decembro 2006 23:40
- Visitas: 5832
O pleno do Parlamento Europeo votou nesta semana unha nova lexislación REACH (Rexistro, Avaliación, Autorización e Restrición de sustancias quÃmicas) que, aÃnda que contén algunhas melloras, está moi lonxe de ser un regulamento que asegure protección fronte ás sustancias quÃmicas perigosas, segundo Ecologistas en Acción, Greenpeace e WWF/Adena.
A lexislación, cuxo obxectivo era substituÃr arredor de 40 normativas existentes, só constitúe un pequeno paso cara a un modelo innovador de xestión de sustancias quÃmicas. Entre as medidas adoptadas encóntranse as seguintes:
-As empresas deberán achegar datos (a respecto dos impactos sobre a saúde e o ambiente) das sustancias quÃmicas que importen ou produzan en grandes cantidades.
-A nova lexislación contén un mecanismo que obriga a substituÃr as sustancias quÃmicas persistentes e bioacumulativas sempre e cando existan alternativas máis seguras.
-A cidadanÃa ten o dereito de solicitar información sobre a presenza de determinadas sustancias quÃmicas perniciosas en artigos de consumo (anteriormente as industrias quÃmicas podÃan pór no mercado calquera sustancia quÃmica sen suministrar información sobre o seu impacto sanitario e ambiental; alén diso, as sustancias quÃmicas perigosas só se prohibÃan despois de que saÃse á luz un escándalo sobre a súa alta toxicidade.)
Porén, dentro desta nova lexislación, existen aÃnda vacÃos legais que permiten o uso continuado dun grande número de sustancias quÃmicas de alto risco, entre as que se achan a maiorÃa das que causan cancro, defectos no nacemento e outras doenzas importantes.
A lexislación aprobada fai importantes concesións á industria quÃmica. As compañÃas quÃmicas non terán que achegar datos significativos de seguridade se producen e importan sustancias quÃmicas por debaixo de 10 toneladas ao ano. Por outra banda, moitas sustancias quÃmicas “extremadamente preocupantes” quedarán autorizadas no mercado se os produtores afirman que a exposición ás mesmas pode ser “controlada adecuadamente”. Este enfoque non garante a protección, pois non estamos expostos só a unha sustancia quÃmica, senón a un cóctel de sustancias que poden ter un efecto combinado que se descoñece.
As concesións á industria e os vacÃos legais debilitan o regulamento REACH. Por exemplo, deixa en mans da industria a posibilidade de ignorar unha alternativa máis segura ás sustancias existentes. A nova Axencia QuÃmica europea, ubicada en Helsinki, deberá seguir de perto a lexislación para asegurar os seus aspectos positivos.
Para saberes máis:
Campaña sobre quÃmicos de Ecologistas en Acción





