ContraMINAcción convoca unha grande manifestación o 2 de xuño para frear a minaría salvaxe promovida pola Xunta
- Detalles
- Publicado o Martes, 21 Mai 2013 08:29
- Visitas: 3
Representantes de varias das organizacións que integran o colectivo ContraMINAcción ofreceron unha rolda de prensa para anunciar unha grande manifestación en Compostela para o vindeiro 2 de xuño, que partirá ás 12:00 horas da Alameda. Con esta manifestación, que as entidades organizadoras auguran masiva, preténdese expresar o rexeitamento que está a xerar o incremento de concesións mineiras en Galiza por parte da Xunta sen atender á salvagarda de espazos protexidos, comunidades humanas e medio ambiente; nin á defensa dos miles de persoas e postos de traballo que están ameazados polas actividades extractivas dunhas poucas empresas.
Proxección das curtas enviadas ao concurso “Filmar para Cambiar”
- Detalles
- Publicado o Luns, 20 Mai 2013 11:01
- Visitas: 11
Organizado no marco do ciclo de cinema “Coñecer para Cambiar” por AAVV Xuntanza, Amarante e Verdegaia
O vindeiro mércores día 22 de maio terá lugar en Compostela a proxección das curtas enviadas ao certame “Filmar para Cambiar” que organizan as asociacións A Xuntanza, Amarante e Verdegaia.
As curtas seleccionadas para a proxección son as seguintes:
Bicicletada pola lingua
- Detalles
- Publicado o Xoves, 16 Mai 2013 06:52
- Visitas: 19
A Gentalha do Pichel e Verdegaia pedalean pola lingua este venres 17 de maio. Saimos ás 10.30 da Alameda de Compostela. Sube á bici e saca a lingua!
O PP en solitario tumba a ILP a prol dos 3R
- Detalles
- Publicado o Mércores, 15 Mai 2013 20:40
- Visitas: 20
A Comisión Promotora denunciará o modelo SOGAMA na UE
A Comisión Promotora da ILP e todas as entidades que con ela teñen colaborado ao longo do proceso de redacción e difusión do texto e recollida de sinaturas, desexamos manifestar o seguinte:
1º Lamentamos fondamente a decisión do Partido Popular de rexeitar considerar as bondades do texto que se formulaba e as solucións que sen dúbida achegaría ao problema que supón na nosa terra a situación actual do tratamento dos residuos que tod@s @s galeg@s xeramos día a día. E lamentamos tamén as razóns esgrimidas para facelo.
2º As máis de 21000 sinaturas que apoiaron o texto fannos concluír, tamén, que debemos seguir traballando por facer que a Xunta de Galicia varíe radicalmente o rumbo neste tema. O seguinte paso que daremos desde a Comisión Promotora da ILP e da Plataforma Galega contra a Incineración será elevar unha denuncia nas instancias europeas correspondentes para demostrar que se están a incumprir as directivas europeas relativas a esta cuestión. E das posibles consecuencias desta denuncia terá que responder o Goberno. Unha vez máis, os textos din o que din, pero a realidade e os investimentos contidos no Plan de Residuos vixente incumpren a lei de xeito alarmante.





