Non a Porto Cabral

PORTOCABRALDESPOIS DE QUE OS VICIÑOS FALARON, VOTARON E DIXERON NON A PORTO CABRAL, A Xunta Rectora volta cun novo intento de apropiación do monte veciñal para fins diferentes dos propios da súa natureza. Porto Cabral volta sair à palestra parece ser coa finalidade de contruir  un macrocentro comercial,  a expensas dun monte mancomunal

NECESITAMOS O VOSO APOIO PARA MÁIS QUE NUNCA BERRAR FORTE:

* NON A VENDA OU EXPROPIACIÓN PARA FINS DO GRAN CAPITAL DO MONTE COMUNAL.

(O DOMINGO 27 ÁS 12:00H TODAS ESTAREMOS NO MONTE DE COTOGRANDE-CABRAL-VIGO NA ROMARÍA DO PAN DE MILLO )

Engadir comentario (0)

Ler máis...

VI Andaina pola Serra do Galñeiro

VI Andaina Serra do GaliñeiroA Plataforma pola protección da Serra do Galiñeiro, da que fai parte Verdegaia, convócavos á VI Andaina pola serra. A saída terá lugar na capela de S. Xosé de Prado (Morgadáns, Gondomar) ás 10.30 da maña. Despois de realizarmos un percorrido circular pola serra, voltaremos ao punto de inicio en torno das 14.30. A continuación desfrutaremos dun merecido descanso e das intervencións dos/as artistas convidados/as que se uniron altruistamente á causa do Galiñeiro.

Premendo na imañe podes ver o cartaz con toda a información sobre a andaina e como chegar ao punto de saída.

Engadir comentario (0)

Detéctanse posibles infraccións ambientais nunha obra de recheo no límite do LIC Gándaras de Budiño

LIC Gándaras - escrito 28 AbrilDentro do traballo medio ambiental que a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), a Asociación Española de Herpetogía (AHE) e Verdegaia veñen desenrolando no espazo natural Gándaras de Budiño e Ribeiras do río Louro, as tres asociacións veñen de presentar un escrito común no que valoran como moi agresiva para o ecosistema a obra de recheo que se está realizando para a restauración dunha explotación mineira no límite do LIC Gándaras de Budiño (O Porriño).

Engadir comentario (0)

Ler máis...

A Confederación Hidrográfica Miño-Sil sanciona o concello de Tui polos verquidos no regato San Martiño (Tui)

Regato S.Martiño 1Verdegaia congratúlase de que por fin unha administración tome medidas contra o verquido de augas contaminantes ao regato San Martiño situado na parroquia de Areas en Tui.

Este verquido constante torna as augas cristalinas do regato nun líquido gris e nauseabundo que vai aniquilando toda a fauna e flora que atopa polo camiño ata a desembocadura no rio Miño, espazo pertencente á Rede Natura 2000 por formar parte do Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) “Baixo Miño”. 

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Actividade de restauración ambiental na barreira de Orbenlle dentro do LIC Gándaras de Budiño (O Porriño)

Actividade en Gándaras de BudiñoDentro do traballo medioambiental que a SGHN, AHE e Verdegaia veñen desenrolando no espazo natural Gándaras de Budiño e Ribeiras do río Louro, o domingo 8 de febreiro de 2015 tivo lugar unha actividade de voluntariado ambiental dentro do LIC.

O motivo desta actuación foi contribuir a acadar dous dos obxectivos xerais de conservación para a Rede Natura 2000 o os obxetivos para as zonas especiais de conservación e lugares de importancia comunitária recollidos no Plano Director da Rede Natura 2000 de Galicia:

  • Garantir a biodiversidade mediante a conservación dos hábitats naturais e de fauna e flora silvestres
  • Manter e restablecer o estado de conservación favorable dos hábitats naturais das especies de interese comunitario

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Carta aberta a Abel Caballero

barco-rotonda-vigoO motivo desta carta está relacionado coa polémica sobre a instalación do barco Bernardo Alfageme nunha rotonda do barrio de Coia. Esta iniciativa do goberno municipal ten provocado a contestación e protesta de entidades sociais e veciñanza. Ante isto, a resposta do Alcalde é reducir a importancia desta oposición, estigmatizala, relacionala con posturas partidistas e entrar nunha guerra dialéctica de cifras en torno ao custe da obra.

Intentaremos explicar de novo a nosa postura, cando menos para que poida comprender o que hai detrás. Logo pode presentarnos como queira: radicais, partidistas, ignorantes... mala xente en definitiva, que dá problemas. Pode apelar á maioría silenciosa que non protesta, como fai o goberno central do PP, desprezar os nosos argumentos ou enviar policías á rotonda. O poder consiste niso, non si?

Ben. Comecemos. Temos aquí tres cuestións importantes en xogo: o gasto, a cuestión patrimonial e como se toman as decisións dende o Concello. Iremos por orde.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Barcos á rotonda? Medre o mar!

Medre o mar!Sou humano, sou barco, sou tantas cousas (...)

(...) e alí estou coa proa,

as amuras, a popa, a barriga, o eixe...

Eu sou mariñeiro, e o mar móllame a alma,

salinízame e golpéame o corazón. (...)

Xosé Iglesias, de Transfusión oceánica.

De Verdegaia queremos manifestar o noso apoio á veciñanza e colectivos que están a deter as obras de instalación dun barco nunha rotonda do barrio vigués de Coia. Dúas son as razóns argumentadas para tomar esta acción: o seu custe económico e o maltrato a un ben cultural como é un barco de altura con 70 anos de antigüidade, o Bernardo Alfageme, testemuño único da vida mariñeira do seu tempo.

Engadir comentario (0)

Ler máis...