Detéctanse posibles infraccións ambientais nunha obra de recheo no límite do LIC Gándaras de Budiño

Partillar no Chuza!Partillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no TuentiPartillar no Digg it!Partillar no DoMelhorPartillar no Cabozo

LIC Gándaras - escrito 28 AbrilDentro do traballo medio ambiental que a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), a Asociación Española de Herpetogía (AHE) e Verdegaia veñen desenrolando no espazo natural Gándaras de Budiño e Ribeiras do río Louro, as tres asociacións veñen de presentar un escrito común no que valoran como moi agresiva para o ecosistema a obra de recheo que se está realizando para a restauración dunha explotación mineira no límite do LIC Gándaras de Budiño (O Porriño).

Esta obra, que se realiza en solo catalogado como ‘Solo rústico de especial protección de espazos naturais’, debería ter como obxectivo devolver o terreo ás condicións iniciais pero verifícanse diversas actuacións que xeran dúbidas sobre a legalidade da obra:

  • a cota das terras verquidas na antiga barreira excede, na actualidade, a altura natural do terreo o que unido á inestabilidade do terreo e a que a obra se realiza no límite da pista que contorna o LIC, existe o risco dun esvaramento de terras sobre o propio LIC;
  • descoñécese a procedencia dos materiais empregados no recheo, polo que existe un risco elevado de presenza de elementos tóxicos;
  • as augas pluviais da zona de recheo van á zona baixa onde está o LIC e o río Louro, polo que existe risco de contaminación polos lixiviados dos residuos cos que se está a realizar o recheo.

Dado que o “LIC Gándaras de Budiño” pertence á Rede Natura 2000 da Unión Europea (código ES1140011) e que estas actuacións vulneran diversas normativas ambientais, como a Lei 42/2007, de 13 de decembro, do Patrimonio Natural e a Biodiversidade e a Directiva 2004/35/CE do Parlamento Europeo e do Consello, de 21 de abril de 2004, sobre responsabilidade medio ambiental en relación coa prevención e reparación de danos medioambientais, as tres asociacións solicitan ao Concello de O Porriño, á Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas e á Consellería de Medio Ambiente, Infraestruturas e Ordenación do territorio:

  • que se investigue e, no seu caso, de apreciarse que as actividades descritas puideran ser motivo de infraccións ou delito cara o medio ambiente, conforme á normativa ambiental vixente, se tomen as medidas sancionadoras oportunas e se obrigue á reparación dos danos provocados, coa finalidade de devolver o espazo á situación orixinal;
  • que se realice un seguimento adecuado por técnicos da Consellería do “Recheo para restauración da explotación mineira das Gándaras Nº 1297”;
  • que se investigue a afección dos lixiviados no LIC Gándaras de Budiño e no río Louro;
  • que se determine o risco dun escorregamento de terras sobre o LIC
  • copia do acordo e/ou autorización do Concello de O Porriño onde figuren os condicionantes da obra, período de valide e asinante da mesma;
  • que se identifique quen realizou a autorización administrativa para a execución das obras e se se axusta a dereito.
Powered by Bullraider.com