Non a Porto Cabral

Partillar no Chuza!Partillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no TuentiPartillar no Digg it!Partillar no DoMelhorPartillar no Cabozo

PORTOCABRALDESPOIS DE QUE OS VICIÑOS FALARON, VOTARON E DIXERON NON A PORTO CABRAL, A Xunta Rectora volta cun novo intento de apropiación do monte veciñal para fins diferentes dos propios da súa natureza. Porto Cabral volta sair à palestra parece ser coa finalidade de contruir  un macrocentro comercial,  a expensas dun monte mancomunal

NECESITAMOS O VOSO APOIO PARA MÁIS QUE NUNCA BERRAR FORTE:

* NON A VENDA OU EXPROPIACIÓN PARA FINS DO GRAN CAPITAL DO MONTE COMUNAL.

(O DOMINGO 27 ÁS 12:00H TODAS ESTAREMOS NO MONTE DE COTOGRANDE-CABRAL-VIGO NA ROMARÍA DO PAN DE MILLO )

Despois de case unha ducia de anos ao fronte da Comunidade de Montes de Cabral, em maio de 1999, a persoa que se  puxera à fronte da Parroquia para reivindicar que os montes comunais foran propiedade dos viciños, dá por concluida a súa xestión polo que em maio dese ano, accede à presidencia o actual presidente  8Luís Rodríguez), que leva xa 18 anos no cargo.  Nun principio e durante un periodo corto de tempo foi tamén presidente da Asociación de viciños.
O interés polo monte de Cabral ven xa de antigo. A finais do ano 1999, com tan só un ano no cargo, suscitouse o primeiro enfrontamento na CM de Cabral pola criación dunha praza de touros e  propúñase como ubicación Cotogrande.  
En abril do 2000, preséntase unha proposta ante a asembleia de comuneiros que consistía en desenvolver tres proxectos: o Coliseum-praza de touros que faría as funcións de multiusos; un xeriátrico e a estación de transferencias de mercancías de Liñeiriños. Tres proxectos de iniciativa privada. Nunha asembleia moi concurrida, os comuneiros votaron contra estes tres proxectos contra a opinión do presidente da xunta directiva que defendía que se tiña perdido unha grande oportunidade para o desenvolvemento da zona. Fixéronse 3 asembleias sobre este asunto nas que non houbo acordo, ata que na última se botou abaixo.

No ano 2006 comeza a política da CM de alugar o seu monte para verquidos de terra e entullos a cambio de diñeiro, nessa altura comeza a se  denunciar un aterramento de grandes dimensións realizado pola CM que transforma un pequeno val, cun rego de auga, nuha superficie totalmente chan que mudaba o rasante do río, todo isto sen licencia municipal. Preséntase parte da policia local informando do asunto , denuncia tamén o servizo de protección da natureza de Pontevedra. O seprona presenta tamén escrito onde explicaba a realización dos seguintes feitos:

  • depósito e movementos de terras máis explanación dos mesmos
  • depósito de escombros de obra en lugar non autorizado, misturados coas terras depositadas,
  • realización de canalización de augas procedentes dunha mina sen contar coa preceptiva autorización de Augas de Galicia.

Por este tema incoouse proceemento sancionador ordinario á CM por unha infracción administrativa grave que supón “depósito de escombros de obra en lugar non autorizado”, días máis tarde a proposta de resolución ditamina que se multe a CM de Cabral con 30050,61€.

Posteriormente aparece o Proxecto de  Parque Liñeiriños, actuación recollida no PXOM de Vigo de 2008 (que non foi aprobado polo que hoxe sigue vixente o do ano 93) e que parece redactado a medida para o encaixe deste proxecto. A nivel político o debate sobre Liñeiriños foi mínimo. Cando Corina Porro chegou á alcaldía, pisou o acelerador de liñeiriños, aínda que de maneira escura, coa burbulla inmobiliaria en fase expansiva, a promotora ING Real Estate quixo executar, na mesma zona onde se impulsaría despois Porto Cabral, un investimento moito maior. Os seus executivos aseguraban ter amarrada a compra de medio millón de metros cadrados coa CM, dentro dunha operación de 1,4 millóns de metros cadrados polo que se desembolsarían 114 millóns de euros, o obxectivo era criar un grande parque comercial onde se asentarían grandes superficies comerciais, zonas residenciais e un hotel. Naquela altura, parece ser que Abel Caballero e a súa concelleira de urbanismo Carmela Silva, foron os encargados de arrefriar o tema, cousa que contrasta coa súa defensa posterior de Porto Cabral.  Esta empresa , que tamén impulsou o centro comercial Gran Vía, asinara un convenio coa alcaldía por 1.5 millóns de euros do que se executaron ao redor duns 500.00€. Este proxecto tamén se parou.

Parte do Aeroporto de Peinador está construido em terra comunal de Cabral, Cotogrande, polo que no ano 2011, a Comunidade de Montes ingresa nas súas arcas a cantidade de 7,260,000 € (sete milllóns douscentos sesenta mil euros), para non pagar o imposto de sociedades correspondentes polos ingresos da venda dos terreos a Aena, comprometeuse coa Administración Tributaria a gastar o diñeiro em catro anos e de aí todo este dispendio e sensentido.
Ao longo destes 18 anos de mandato, as Xuntas reitoras, presididas por Luis Rodríguez, non foron quen de facer nengún tipo de ordenación forestal, que unida a unha máis que cuestionable e escurantista xestión económica, fai mirar o futuro com certo pesimismo.

Coas arcas cheas, no  ano 2011 (co diñeiro da venda dos terreos), a CM organiza unha mariscada, á que asisten uns 3000 comensais e entre eles  o Ministro de Fomento  e o Alcalde de Vigo (Isto em campaña electoral)  Este acto foi para celebrar o contrato con AENA e tivo un custe de 180.000€.

No comezo do ano 2013, os viciños e comuneiros de Cabral entéranse pola prensa do proxecto Porto Cabral na zona de Parque Liñeiriños. En Febreiro deste ano, os directivos do fondo de inversión Eurofund, Ian Sandford e Salvador Arenere, reúnense co conselleiro de Economía e Industria da Xunta de Galicia e posteriormente co alcalde de Vigo Abel Caballero co obxecto de recabar apoios para PortoCabral, o macrocentro comercial que supostamente proxectan desenvolver en Liñeiriños, Vigo, ocupando uns 300.000 metros cadrados de monte comunal. A receptividade e valoración positiva tanto da Xunta como do Concello de Vigo a PortoCabral son recollidas naquela altura na prensa a pesar de que o proxecto supuña a práctica eliminación da maior parte do monte comunal na parroquia.
Segundo información de prensa naquela altura, plantexaba ocupar ¼ parte de Liñeiriños e ofrecer 187000 metros cadrados para superficie alquilable. Eurofond viña coa disculpa dun investimento de 500 millóns de euros e 3000 postos de traballo. Sinalar que a zona de Liñeiriños estaba contemplado no pxom do 2008 como un ámbito a desenvolver dentro da euro-rexión Galicia-norte de Portugal, O 65% sería de uso comercial e un 35% de uso residencial.

No mes de abril do 2013, os viciños que se tiñan enterado polos medios, fan un chamamento a todas e todos os viciños e viciñas de Cabral e especialmente a comuneiras e comuneiros alertando sobre as intencións da xunta directiva de na asembleia que se ía celebrar o día 21 de abril de vender o monte de Cabral nun proxecto totalmente especulativo, o que pretendía a xunta directiva nesta asembleia era colar un acordo soterrado entre outras cousas (entre 8 pontos) nunha asembleia ordinaria, non convocada para ese fin,  e con votación a man alzada, para que se habilitase a xunta directiva para negociar con Eurofond.
Pretendíase conseguir a aprobación dos comuneiros  para negociar sem lles expor  proxecto nen nada. Previamente a xunta directiva tiña falado con varios colectivos da zona, comentándolles as bondades dun proxecto que ninguén coñecía. O que se pretendía ao falar con  estes colectivos como os das traidas de augas, deportes, asociacións diversas de viciños  era convencelos de que era bon para a zona para que apoiasen na asembleia e criasen opinión, todo isto sen que  houbese exposición pública nen exposición ante os viciños dos obxectivos da CM e sem saber en que realmente consistía o proxecto.
Nesta asembleia, os viciños protestaron polo atropelo e falta de transparencia e  rompeuse a asembleia xa  non concebían que un asunto de tal transcendencia non se informase e se votase a man alzada.

A xunta directiva ante que o medo de que non saise adiante a súa proposta, arremeteu contra esa asembleia diciendo que fora un boicot ecoloxista o que acontecera e que eran persoas alleas á entidade as que alí participaban.  Nada máis lonxe da realidade xa que eran comuneiras e comuneiros indignados.
Convocouse unha nova reunión o 26 de maio na que podemos considerar unha asembleia violenta. Nada máis chegar os comuneiros e comuneiras estaba ateigado de grilleiras da policia e o interior do recinto de guardas de seguridade que decidían quen podía entrar en quen non, e máis dun comuneiro ou comuneira quedou fora sen poder acceder ao recinto. Esta decisión non foi comunicada previamente. Tiveron que pasar tres filtros para poder acceder aon recinto nunha CM onde as asembleias sempre foran abertas. Os opositores a Porto Cabral fan chamamentos entre os viciños e comuneiros a que protesten e esixan máis información e voto en furna contra unha actuación da xunta directiva antidemocrática, de costas á parroquia e incumprindo os propios estatutos da CM. Nesta asembleia de maio, tomada pola policía, foron detidas tres persoas por presuntos insultos e agresións á policía. O obxectivo de todo isto é vender o monte para conseguir cartos e máis cartos e a  pregunta é: para que máis cartos se se están a dilapidar os que hai.  Naquela altura O IFEVI apareceu tomado por un grande número de policias e gardas de seguranza, a carga policial foi brutal e, o que alí pasou, foi nova na maioría de meios de comunicación, pero a asembleia foi boicoteada ao berro de “Asembleia informativa aberta a toda a parroquia”. Os viciños e viciñas de Cabral, que se opuñan ao proxecto, luitaron sem nengún tipo de complexo nunha luita desigual contra unha directiva máis própria de réximenes autoritarios, e venceron.

Despois desta asembleia de maio, descúbrese unha operación entre a xunta directiva e unha inmobiliaria, nunha operación gravosa para a CM, na  que se pretende facer unha permuta de terreos de solo urbano por unhas parcelas de monte que un señor particular mercara en 2005. Esta operación comezou no ano 2006 e culminou a comezos do ano 2012 pero aínda se coñeceu a meiados do 2013.  a permuta realizase co titular dunha inmobiliaria denominada Grucave SL, a CM achegou na troca 3140 metros cadrados de terreo industrial na zona de Puxeiros  e recebeu a cambio 4300 metros cadrados de terreo rústico clasificado como comunal, a CM invertiu tamén 239580 € para mercar unha parcela de 714 metros cadrados e completar así a finca que lle interesaba á promotora. Todo isto se fixo con informe desfavorable da Xunta.
Fíxose denuncia ante a fiscalía, denuncia que a fiscalía atendeu e denunciou ante o xulgado. No mes de novembro a fiscalía ve indicios de delito e actúa de oficio ante as denuncias dos viciños. Isto que xa era coñecido polos viciños faise público en maio de 2014.
nesa altura sae tamén unha sentencia que da  a razón a uns particulares aos que a CM lles reclamaba uns terreos para incorporar á CM, a razón é que estaban no entorno onde se construiría a nave e o que se buscaba era legalizar esa nave.

No mes de outubro de 2013 faise outra asembleia aberta informativa pero con policía. Antes desta asembleia mandóuse por parte da xunta directiva unha circular ás e aos comuneiros coa promesa de postos de traballo e inculcando o medo a que se non vendías ías perder todo porque se ía expropiar.
No mes de novembro en  asembleia con votación en urna perden os que apoian porto cabral. 344 votos en contra e 297 votos a favor.  O proxecto foi rexeitado a pesar dos sucesivas tentantivas da xunta reitora de levalo adiante. De saír adiante, Eurofund xustificaría a utilidade pública e faríase cos terreos, que serían expropiados.

En decembro de 2013, hai outra asembleia ordinaria de funcionamento ordinario, previamente a esta asembleia tíñanse detectado irregularidades na xestión das contas e aos comuneiros somente se lles da 1 minuto para falar e se reventa a asembleia xa que se aproban a xestión das contas coa xente abucheando, a xunta no medio de aquel caos as da por aprobadas. As irregularidades son moitas, apróbanse as contas de 21 meses (máis dun exercicio) desde o 01/01/2012 ata o 30/09/3013, apróbanse sen votación e entre os abucheos da xente. Esta asembleia está impugnada.
 
En xuño de 2014 faise outra asembleia ordinaria, a acta da anterior non se somete a votación porque está impugnada , hai unha querela contra o secretario e o presidente por falsificación de documento. Nesta asembleia vótanse as contas dos tres meses que quedaban pendentes do 2013, sométese a votación e perden clamorósamente pero aprobanse igual dicindo que había máis votos a favor, non se fai un 2º reconto , é escandaloso a manipulación da votación. Hai vídeos onde se ve o resultado das votacións. Vóltase impugnar esta asembleia. No segundo ponto do orde do día eran os orzamentos e se suspende a asembleia.

No 2014 fanse  aterros en varios pontos da CM. A CM o que fai é alugarse como un vertedeiro para verquer en terros da CM terras que están sacando de obras e material de refugallo.
A finais do ano 2016, a vicepresidencia xeral de urbanismo, resolve contra a CM por varias infraccións urbanísticas cometidas em diversos lugares, Nesta altura as infraccións son as seguintes:

  • Solo urbanizable non programado:
    - Apertura de novos camiños com movementos de terra (excavacións, recheos e explanacións) e  de muros de contención.
    - Ampliación de camiños existentes com movementos de terra.
    - Recheos e explanación de terras nunhas superfícies de 1600m2 e 5400m2.
    A lei 02/2016 di claramente que non está permitida a apertura de camiños que non estexan expresamente recollidos no planeamento urbanístico ou nos instrumentos de ordeación do territorio, agás no caso dos camiños rurais contidos nos proxectos aprobados pola admón competente en materia de agricultura, minas, montes ou medio ambiente. Tamén di que debe manterse o estado  natural dos terreos e as condicións de abancalamento obrigatorio e debe garantirse o mínimo impacto visual sobre a paisaxe e a mínima alteración da topografía dos terreos.  A vicepresidencia xeral de urbanismo conclúe que estas obras non son legalizables.
  • Solo urbano coas condicións urbanísticas de aplicación de solo urbano non consolidado:
    - Apertura de novos camiños com movementos de terra (excavacións, recheos e explanacións) e  de muros de contención.
    - Recheos e explanación de terras nunhas superfícies de 1500m2 e 13000m2.
    Aquí conclúe tamén que as obras non son legalizables.
  • Solo urbano com ordenanza de zonas verdes e libres grao B  :
    - Construcción dunha caseta de formigón duns 15m2 para deposito de algas. Concluindo tamén que as obras non son legalizables.

Falamos da mesma Comunidade de Montes que cando a Zona Hidrográfica Galicia-Sur publicou o anuncio somentendo a  información pública a implantación dunha senda peonil no río Lagares. Comezou as obras de construcción da senda, desde Manuel Alvarez ata Valadas, sem respetar o periódo de exposición pública e sem licencia municipal. 4960 metros que custaron aproximadamente 1,5 millóns de euros que pagará a Comunidade de Montes, otorgándose uns atributos que deberían ser do Municipio, atopándonos co absurdo de que xa estaban a traballar as máquinas  no mesmo periódo que nós estabamos alegando. Ante as denuncias  de viciños e organizacións ambientalistas, em outubro de 2014 a Xerencia Municipal de Urbanismo, mandou paralisar as obras e a retirada de materiais e maquinaria e, indicando a súa vez que se lle daría traslado ao ministerio fiscal por posible ilicito de desobediencia regulado no artigo 556 do código penal. Indicar que un total de 129 comuneiros presentaron alegacións contra estas obras e lembraban que nen os orzamentos pasados nen actuais recollían o orzamento destas obras.

O presidente da Comunidade de Montes presentou recurso de reposición contra esta paralización  das obras realizadas na marxe do río e consistentes em movementos de terra e construccións de muros de contención na ribeira do río (sem como dixemos houbese licencia municipal nin as autorizacións perceptivas) . O recurso que presentou baseabase em diversos pontos: que a CMVCM ten a misión, por imperativo legal de adoptar as medidas necesarias para a xestión e explotacióndo monte veciñal e que entre estas actuacións está a construcción da senda peonil (a resolución contestalles que essa “misión” das CMVCM non lles autoriza a realizar obras sem as autorizacións oportunas),  a necesidade imperiosa de comezar as obras antes da tempada de choivas (a  resolución indicalles que tampouco isso é xustificante para incumplir a lei), os perxuizos que ian ter os operarios contratados (ao que se lle contesta que isso é problema da empresa comezar unhas obras sem permisos.   Dito recurso foi desestimado e nel indicouse que o proxecto presentado para a autorización de Augas de Galicia non prevé as intervencións na ribeira do Lagares detectadas polos inspectores de urbanismo e policía local e que em nengún parágrafo do informe elaborado contempla a construcción de muros de contención na ribeira do río, a realización de movementos de terra nen a derruba de muros lindantes , o documento propuña únicamente a realización dunha senda de peóns que incluía a construcción de pontes de madeira, sinalización da lonxitude percorrida , actuacións de reforestación ou acondicionamento da senda.
A resposta da Comunidade de Montes foi a de continuar coa obra seguendo a política de feitos consumados  destruir totalmente a escasa vexetación de ribeira que había, deforestar e non reforestar e construir valados e paseos de formigón.  Segundo a  lexislación estatal de augas no se pode construir nada nos primeiros 5m a cada marxem do río salvo algunha excepción que require autorización. Como se pode comprobar, no paseo feito, había feches a menos de 3m do domínio público hidráulico. Na actualidade está comezando coa segunda parte do paseo. Debemos parar isto antes de que non haxa solución porque este paseo vai afectar a unha zona de interés natural que hai que protexer e as obras van significar a destrucción de toda a vexetación e xa pouca queda no Lagares. Non se podem facer as cousas así de calquer maneira, sem nengún tipo de control ambiental, acabando coas poucas zonas verdes que nos quedan.
 
A nivel administrativo, a actuación da Xunta Rectora da CM de Cabral  é totalmente escura, non hai xeito de que se informe dos pasos que se están dando a nivel contable nen noutros terreos.

Estes últimos meses estamos asistindo a un novo episodio dantesco:
 A Xunta Rectora volta cun novo intento de apropiación do monte veciñal para fins diferentes dos propios da súa natureza. Porto Cabral volta sair à palestra parece ser coa finalidade de contruir  un macrocentro comercial,  a expensas dun monte mancomunal o que atenta contra a conservación e protección do medio natural, suporía o beneficio dunhas poucas mans privadas a costa da expropiación dun monte que é de todos, e afogaría ao comercio local. Debemos lembrar à   Consellaría de Medio Rural que lle corresponde velar polo cumprimento da Lei 13/1989, de montes veciñais en man común de Galicia, e en consecuencia garantir que os usos do monte son acordes á súa natureza rústica, sen cambios indebidos ou fraudulentos.
Pisotean as leis e asembleias soberanas. Os viciños xa falaron, votaron e esixiron non máis especulación co noso monte, em novembro de 2013 e dixeron ven alto:

NON A PORTO CABRAL

O MONTE NON SE VENDE. TEN QUE SER XESTIONADO E DEFENDIDO POR UNHA COMUNIDADE TRANSPARENTE E DEMOCRÁTICA. SERVINDO AOS FINS DA VECIÑANZA TRABALLADORA E NON AOS FINS DOS ESPECULADORES PROVOCADORES DA MISERIA.

O VINDEIRO DOMINGO 27 DE AGOSTO,QUEREMOS CONTAR CON VOS NO MONTE DE COTOGRANDE-CABRAL-VIGO NA ROMARÍA DO PAN DE MILLO
OS VECIÑ@S QUE LEVAMOS ANOS NA DEFENSA DO MONTE VECIÑAL EN MAN COMUN, DESEXAMOS CONVIDAROS A CONCENTRACIÓN - XUNTANZA QUE IMOS TER DE 12H A 14 H CO GALLO DE DITA ROMARÍA.

Powered by Bullraider.com