Máis minas contaminantes para Galicia: alerta social

cartaz-manifestacion-20130602-contraMINAccion-galiza-non-e-unha-mina-571x800O Goberno da Xunta do PP segue a pensar que "Galiza é unha mina" como proclamaba a súa campaña institucional. Despois da multitudinaria manifestación contra a Megaminaría contaminante convocada por ContraMINAcción e as miles de sinaturas recollidas, xa non o din tan claramente, mais os feitos condúcennos a pensar que así é.

A Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de anunciar que se somete a información pública o expediente da solicitude do permiso de investigación mineira Isabela II, tras resolver favorablemente a admisión definitiva da solicitude presentada o 20 de xuño de 2011, pola sociedade Grupo M-FM 2001, S.L., de permiso de investigación mineira de recursos da sección C), de 156 cuadrículas mineiras, situado nos termos municipais de Zas, Santa Comba, Vimianzo e Coristanco, na provincia da Coruña.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Presentación do libro En la espiral de la energía

espiral vigo-1024x1024-Luns 15 de xuño: Compostela, Facultade de Filosofía, 20h.

-Martes 16 de xuño: Vigo, local da cooperativa Árbore, 19:30h.

Achégase a fin dun mundo... a do mundo capitalista devorador da terra e das persoas. E agora que?

Pois agora é un bo momento para coñecer as propostas do ecoloxismo social. Luis González Reyes (Ecoloxistas en Acción) pasará por Compostela e Vigo para presentar En la espiral de la energía, un libro sobre a historia do planeta e da humanidade dende a perspectiva do consumo enerxético e material. Unha obra a dúas mans, comezada por Ramón Fernández Durán, que trata nos seus dous volumes sobre as formas de habitar o territorio, economías, sistemas políticos, tipos de traballo, demografía, loitas sociais, formas de relacionarse co entorno, etc. E analiza todo isto dende unha perspectiva histórica e metabólica, centrada nas interaccións de todos estes vectores e as súas consecuencias no plano enerxético, que está na base de todo sistema vivo.

 

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Roteiro polo sur do Forgoselo: Fontes do Belelle-Fontardión

Muiño da CernadaDATA: 17 de maio de 2015

Hora de saída: 10 horas dende a escalinata de Correos, en Ferrol

Hora de regreso estimada: 20 horas no mesmo punto

Lonxitude: 15,4 km

Dificultade: baixa

Localización: Concellos da Capela e As Pontes

Superficie: pistas de terra, camiños tradicionais, sendeiros, cortalumes, pistas asfaltadas

Prezo: 7€ soci@s, 10€ non soci@s (pago do transporte)

Equipamento: roupa cómoda, calzado tipo trekking (mellor impermeable), chubasqueiro, bastón, protección solar, comida e bebida.

Prazo de inscrición: ata o xoves 14 de maio

Prazas limitadas: 25 prazas

Teléfono para inscribirse: 661 636 946 (Miguel)

Puntos de interese: cabeceira do Belelle, lugar abandonado da Cernada, muíño, felgos macaronésicos, flora, fragas, paisaxe de montaña, gado salvaxe, penas cabaleiras, vistas do Canón do Eume.

Breve descrición da rota:

Engadir comentario (0)

Ler máis...

A Xunta de Galicia amosa a súa incompetencia e irresponsabilidade no documento inicial do PRUX das Fragas do Eume

Fragas do EumeA Federación Ecoloxista Galega e Verdegaia manifestan que, despois de 18 anos como parque natural, o documento inicial do PRUX da Fragas do Eume presenta graves deficiencias de modo que, de aprobarse nos termos actuais, non vai supoñer un avance na conservación dos ecosistemas e na mellora da calidade de vida da poboación local. Carece de apartados básicos como un diagnóstico da problemática ambiental que afecta ao espazo; unha partida orzamentaria, calendarios de traballo ou criterios para avaliar o cumprimento dos obxectivos durante os cinco anos de vixencia. Así mesmo, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas esquece de xeito premeditado aos propietarios/as dos terreos e nega a posibilidade de concertar con eles as medidas de conservación a través de compensacións.
 
A Federación Ecoloxista Galega e a asociación Verdegaia, integrada tamén na Federación, presentaron alegacións comúns ao documento inicial do Plan Reitor de Uso e Xestión do Parque Natural das Fragas do Eume. Este documento foi publicado no DOG para cumprir co trámite de información pública sen mediar un proceso participativo, ignorando as reivindicacións dos/as propietarios/as, dos ecoloxistas, etc. e cun atraso de 16 anos sobre o prazo indicado pola lei. Este documento é un “corta e pega” dun borrador anterior presentado en 2011 na Xunta Consultiva do Parque Natural e mantén as graves deficiencias entón detectadas.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

A web de Verdegaia presenta dende hoxe os horarios do transportes metropolitano de Vigo

BannerTransporteO acordo baleiro de contidos co que finalizou a 20ª conferencia da ONU sobre a Mudanza climática celebrado en Lima é máis un reflexo da desidia coa que os gobernantes encaran este grave problema, ao mesmo tempo que demostran ser incapaces de apostar firmemente polas enerxías renovábeis.

Esa desidia tamén se manifesta nas administracións máis próximas, a lentitude na implantación do transporte metropolitano na área de Vigo é un claro exemplo de como en moitas ocasións as administracións públicas antepoñen intereses partidarios ao interese xeral.

Dentro da sempiterna batalla entre o Concello de Vigo e a Xunta, ambos rexeitan aumentar os fondos que achegan para a implantación do transporte metropolitano. Actitude inxustificable cando o valor en discordia é irrisorio se comparado con as subvencións que o concello de Vigo destina a compañías aéreas ou as subvencións que a Xunta destina ás concesionarias de autoestradas, ambas orientadas a promover o uso de vehículos altamente contaminantes.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Presidencia sorprendente do Parque Natural de Corrubedo

Estupor polo nomeamento de José Luis Torres Colomer como presidente da Xunta Consultiva do Parque Natural de Corrubedo.

Verdegaia considera que o señor Torres non é a persoa adecuada para este cargo, por carecer de recoñecido prestixio científico ou técnico no ámbito da conservación da natureza e porque, pola contra, durante a súa traxectoria política levou a cabo actuacións que comprometeron gravemente o ambiente e o medio natural.Corrubedo

O pasado 16/12/2013 celebrouse a reunión da Xunta consultiva do Parque Natural de Corrubedo. Había 5 anos (desde o 29/07/2008) que non se convocaba, cando a Administración do Parque debería renderlle contas á Xunta Consultiva cada ano. As reiteradas solicitudes, por parte de distintos grupos ecoloxistas, de que fose convocada, non foron escoitadas durante estes cinco anos. Este abandono deu lugar, incluso, ao envío dunha queixa formal ao Valedor do Pobo .

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Verdegaia denuncia os desbroces iniciados no Monte de San Xurxo por poñer en perigo hábitats e especies da Rede Natura.

Erica tetralix flowers 01 por Kor!An (Андрей Корзун) en Wikipedia.orgAsemade, os desbroces e reforestacións pretendidos non se axustan á legalidade.

Lémbranlle á Administración que a salvagarda dos hábitats e especies é prioritaria ante calquera outro interese de tipo mercantil, etc.

O núcleo comarcal da asociación ecoloxista Verdegaia (bisbarras de Ferrol, Eume e Ortegal) denunciou ante a Consellería de Medio Ambiente os desbroces iniciados a comezos do presente mes no Monte de San Xurxo (Concello de Ferrol), integrado no L.I.C “Costa Ártabra” e na Z.E.P.A. “Costa de Ferrolterra-Valdoviño”, paralizados provisoriamente como consecuencia dunha denuncia veciñal.

Engadir comentario (0)

Ler máis...