Lamentamos o falecemento de Mel Sanxoán

mel-620x330Hoxe temos que lamentar a perda en Ferrol dun dos nosos compañeiros: Xosé Manuel Sanxoán Caamaño, coñecido como Mel. Dende Verdegaia querémonos sumar ás mostras de dor e cariño dirixidas á súa familia. Foi un activista incansable, defensor dos dereitos sociais, do medio ambiente, da participación pública...fomos moitas as persoas e colectivos cos que colaborou nestes anos.

Sempre estarás na nosa memoria. Que a terra che sexa leve, compañeiro.

Engadir comentario (0)

Verdegaia e o Colexio Oficial de Arquitectura de Ferrol organizan un roteiro pola cidade

RoteiroFerrolO núcleo comarcal de Verdegaia de Ferrol acordou coorganizar co Colexo Oficial de Arquitectos de Ferrol o roteiro pola cidade de Ferrol co que se vai celebrar o día mundial da arquitectura 2015, que se desenvolverá o vindeiro domingo 4 de outubro entre as 11 e as 13 da mañán.

Partirá o percorrido da praza do Cruceiro de Canido e, pasando polo barrio da Madalena, Alameda do Carbón, Pza da Constitución, Pza de España, barrio de Ultramar e O Bertón, chegará finalmente ao litoral de Caranza onde se está a construir un dos tanques de tormentas do sistema de saneamento da Ría de Ferrol.

A colaboración de Verdegaia, será ilustrar aos asistentes sobre os impactos ambientais (dano a especies arbóreas e felgos polo tránsito na Alameda do Carbón, iluminación non axeitada na pza da Constitución, especies alóctonas nos parterres da Pza de España, fumigacións agresivas no Bertón, Sistema de saneamento non axeitado...) ou calquera outra cuestión que, sobre a marcha, vaia xurdindo.

Engadir comentario (0)

Ferrol, cidade de acollida

Imaxe CEARVerdegaia respalda que Ferrol e os concellos próximos acollan persoas que foxen cara Europa dende Oriente Próximo e o norte de África. Neste sentido, o venres 4 de setembro presentou unha moción para que o pleno do Concello de Ferrol concrete a intención manifestada polo goberno municipal de facer de Ferrol unha cidade de acollida. Insta ao resto de corporacións municipais que aínda non se posicionaran publicamente sobre o tema a traballar no mesmo sentido. A asociación considera tamén que as dificultades económicas que sufrimos as persoas da comarca non deben ser desculpa para evadir o problema. Máis aínda, as administracións deben traballar de forma coordinada e eficiente, favorecendo que a cidadanía no seu conxunto, as organización sociais e as entidades privadas contribúan nesta tarefa de acollida.

Moción presentada

Engadir comentario (0)

Novo vertido nas Fragas do Eume

Punto vertido río SesínVerdegaia aponse ao vertido no río Sesín, afluente do río Eume, das augas da depuradora de Gunxel, no Concello da Capela. Mentres que a zona e o cauce afectados por esta vertedura forman parte do parque natural Fragas do Eume, o que supón poñer en risco o hábitat de especies protexidas como Woodwardia radicans, as augas residuais proveñen de núcleos de poboación alleos ao propio espazo natural. De levarse adiante o proxecto, sería a segunda  modificación do punto de vertido realizado polo Concello da Capela sen contar cun estudo de impacto ambiental, un estudo completo de alternativas ou a posta en marcha de medidas correctoras no propio sistema de saneamento.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

A Xunta de Galicia amosa a súa incompetencia e irresponsabilidade no documento inicial do PRUX das Fragas do Eume

Fragas do EumeA Federación Ecoloxista Galega e Verdegaia manifestan que, despois de 18 anos como parque natural, o documento inicial do PRUX da Fragas do Eume presenta graves deficiencias de modo que, de aprobarse nos termos actuais, non vai supoñer un avance na conservación dos ecosistemas e na mellora da calidade de vida da poboación local. Carece de apartados básicos como un diagnóstico da problemática ambiental que afecta ao espazo; unha partida orzamentaria, calendarios de traballo ou criterios para avaliar o cumprimento dos obxectivos durante os cinco anos de vixencia. Así mesmo, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas esquece de xeito premeditado aos propietarios/as dos terreos e nega a posibilidade de concertar con eles as medidas de conservación a través de compensacións.
 

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Demandamos a retirada do plano de conservación da Frouxeira por obedecer a intereses particulares e partidistas

solpor na lagoa da FrouxeiraVerdegaia reitera o seu rexeitamento ao Plano de Conservación do areal e da lagoa da Frouxeira nos seus actuais termos dado que, lonxe de garantir a conservación dos hábitats naturais e das especies silvestres obxecto de protección neste espazo natural “protexido”, o que en realidade se persegue é dispoñer de seguridade xurídica para seguir controlando de xeito artificial o réxime hidrolóxico da lagoa para, deste xeito, non ter que suprimir as infraestruturas e edificacións mal planificadas que ocuparon de xeito irregular a zona de asolagamento natural do humidal.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Xornadas Ambientais: A eucaliptización de Galicia e a Cornixa Cantábrica

cartel-eucaliptizacion 1 rO vindeiro sábado 8 de novembro imos celebrar unhas Xornadas Ambientais baixo o lema "A Eucaliptización de Galicia e a Cornixa Cantábrica" no salón de actos do Ateneo Ferrolán a partir das 10 da maña. Nas mesmas participarán varios expertos de Galicia e outros puntos da Cornixa Cantábrica. Agardamos que conclúan ás oito da tarde cunha mesa redonda sobre Biodiversidade, Eucaliptización e Modelos Alternativos de Política Forestal. O programa das mesmas pódese descargar nesta ligazón.  

Por que estas xornadas?
 
Un problema de primeira magnitude está a afogar a biodiversidade de Galicia: a expansión descontrolada das plantacións de eucaliptos.
 
Non é un problema novo, nin en Galicia nin na cornixa cantábrica. Comezou a finais dos anos 50 do pasado século coa instalación de Ence-Elnosa na ría de Pontevedra, e foi aumentando gradualmente ata convertir toda a franxa costeira de Galicia nun inmenso eucaliptal que arrasou a paisaxe, a cultura e a biodiversidade do rural.
 

Engadir comentario (0)

Ler máis...