Charla e Marcha contra a Celulosa de ENCE
- Detalles
- Publicado o Venres, 24 Mai 2013 10:47
- Visitas: 0
Hoxe calquera sabe que ENCE é unha empresa ilegal, condenada por "delicto ecolóxico continuado", e que, lonxe de crear riqueza na zona está destruíndo a Ría, a saúde e calidade de vida e as posibilidades dun desenvolvemento sustentabel baseado na explotación racional dos recursos marisqueiros, pesqueiros, turísticos e forestais, un desenvolvemento que pode proporcionar maior número de postos de traballo e maior rendabilidade económica e que é absolutamente incompatibel coa presenza de CELULOSAS na súa actual ubicación.
O día 1 de xuño farase nunha nova "MARCHA CONTRA CELULOSAS" para apoiar a esixencia do peche do complexo e contra a ampliación da concesión que recolle a nova lei de costas. VERDEGAIA como non podía ser doutro xeito apoia esta mobilización e facemos un chamamento á poboación a participar masivamente nesta marcha.
Verdegaia solicita información sobre capturas de gaivotas no porto de Vigo
- Detalles
- Publicado o Xoves, 23 Mai 2013 15:30
- Visitas: 17
Verdegaia vén de enviar por rexistro unha solicitude de información en relación á captura de gaivotas patiamarelas (Larus michaelis) realizada recentemente por cetreiros nas instalacións portuarias de Vigo e dirixida á Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia e á Xefa Provincial do Servizo de Conservación da Natureza de Pontevedra pertencente á Delegación de Pontevedra da citada Consellaría.
Á nosa asociación chegaron fotografías de cetreiros capturando e introducindo en vehículos varias gaivotas patiamarelas no porto vigués. Descoñecemos a existencia de autorización para estas capturas, así como o destino das aves capturadas e o obxecto de tales procedementos.
Verdegaia solidarízase cos activistas de Greenpeace imputados
- Detalles
- Publicado o Mércores, 22 Mai 2013 08:09
- Visitas: 33







