Plataforma contra as fumigacións
- Detalles
- Publicado o Martes, 24 Abril 2012 08:29
- Visitas: 438
A patronal pasteira (ASPAPEL: Asociación Española de Fabricantes de Pasta, Papel y Cartón) coa colaboración das transnacional quÃmica (BASF) e a connivencia da Xunta (SecretarÃa xeral do Medio rural e Montes), están a promover unha campaña de fumigación masiva en Galicia dos montes de eucaliptos co fitosanitario Cascadeâ„¢, para o control da praga do Goniptero. TransmÃtese dende as autoridades galegas e empresas involucradas, que o Cascadeâ„¢ é un produto seguro para o medio ambiente, para as persoas, para as abellas…
Pero cal é a realidade? A realidade é a seguinte:![]()
- O uso do flufenoxurón (principio activo do Cascade™) na Unión Europea foi prohibido.
- Existen traballos cientÃficos que relatan episodios de toxicidade en humanos debido ó Cascadeâ„¢.
- A Comisión Europea prohibe o uso de Cascade™, en base ás conclusións da Axencia Europea de Seguridade Alimentaria.
Este biocida resulta letal para as abellas e tóxico para o ambiente e as persoas. As fumigacións de quÃmicos tóxicos dende helicópteros e avionetas non só afectarán aos insectos tratados, senón que contaminarán o solo, os acuÃferos e as fincas veciñas; ademais de envelenar as especies vexetais e animais que estean na contorna, e mesmo ás persoas que vivan nos núcleos habitados das inmediacións.
O dÃa 16 de abril de 2012 constituÃuse en Compostela o cerne da Plataforma contra as Fumigacións – Por un Futuro sen Pesticidas, formada por unha serie de entidades e asociacións entre as que está Verdegaia.
Entre algunhas das actividades previstas ata o de agora estarÃan:
Recollida sinaturas: Salvemos as abellas de Galicia, salvemos o noso futuro.
Presentación denuncia perante a FiscalÃa de Medio Ambiente
Redacción dun manifesto
Acción de protesta en Melide (un dos concellos que anunciou na súa web as fumigacións). O 29 de abril pasearemos pola feira de Melide con máquinas sulfatadoras, máscariñas, outros con traxe de abelleiros, para chamar a atención. Repartirase o manifesto da plataforma e haberá unha intervención pública explicando o que pretenden facer e porqué nos opoñemos.





