Verdegaia denuncia falta de planificación e clientelismo na organización do voluntariado forestal
- Detalles
- Publicado o Venres, 29 Decembro 2006 12:35
- Visitas: 31237
Verdegaia denuncia que a Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade da Vicepresidencia da Xunta está a promover o voluntariado en defensa do monte galego sen un plano estruturado e practicando o clientelismo. A asociación ecoloxista é partidaria dun voluntariado forestal crÃtico e transformador promovido desde as organizacións sociais coa posibilidade de recibiren fondos públicos. Pola contra, rexeita que fose xestionado directamente desde a Xunta para suscitar o apoio acrÃtico á súa xestión e para cubrir as enormes carencias provocadas polo escaso esforzo realizado polas institucións (Goberno central, Xunta e Concellos) para defender o monte, en particular para reducir as perdas de solo coas chuvias de outono en terreos queimados.
A pesar de que na nota de prensa difundida pola Xunta o 24 de agosto se sinalaba que o chamado “Plan de Voluntariado en Defensa do Monte Galego” se trataba dun “plan non concibido como un programa puntual para saÃr ao paso dun momento complicado como o que viviu Galicia coa vaga de lumes”, Verdegaia e outras organizacións ambientais puideron comprobar que tal plan non existe como tal e que non pasa dun simple tÃtulo. Non só as accións organizadas logo de se ter iniciado a vaga de lumes de agosto para axudar na vixilancia e na extinción dos lumes foron improvisadas, senón tamén as posteriores de rexeneración, que tampouco se encadraron en ningún plano.Na devandita nota de prensa tamén se sinalaba que o plano tentarÃa involucrar ao tecido social vinculado ao problema dos incendios, incluÃdas as organizacións ecoloxistas. Porén, o que se fixo desde a Vicepresidencia foi, de xeito arbitrario, pór en mans dunha asociación importantes recursos públicos para xestionar de feito o devandito “Plano”, sen transparencia e a iniciativa da Dirección Xeral de Xuventude. Os monitores e o responsable dos campamentos de Forcarei e Monforte foron designados na práctica por esa asociación.
Verdegaia demanda da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade que elabore, con ampla participación social, un auténtico Plano de Voluntariado en Defensa do Monte Galego. Este Plano, en lugar de ser utilizado de xeito partidista, ou para paliar carencias orzamentarias debidas a que o monte siga sen ser unha prioridade polÃtica real, deberÃa ter por finalidade establecer criterios claros para apoiar as iniciativas de voluntariado forestal que xurdan da cidadanÃa, programas de educación ambiental através dos cais recuperar e coidar lugares concretos, ademais de formar e sensibilizar para coñecer, aprezar e defender os montes.
Verdegaia agradece o compromiso na defensa do monte galego manifestada polos milleiros de persoas que participaron xenerosamente nos labores de vixilancia ou de rexeneración de montes, mais esixe á Xunta información pública sobre os resultados atinxidos, as accións promovidas e a distribución dos gastos realizados. Esta información até hoxe non foi dispoñibilizada, por exemplo a través do portal web que a Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade dixo que Ãa crear.
Verdegaia coida que o voluntariado forestal é realmente positivo se non se promove como elemento de propaganda progobernamental e se vai acompañado de polÃticas públicas acertadas e ben dotadas de medios que ataquen as causas dos lumes e promovan unha xestión forestal sustentable.