Día das aves nas Gándaras de Budiño

Partillar no Chuza!Partillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no TuentiPartillar no Digg it!Partillar no DoMelhorPartillar no Cabozo

20151010 Gandaras anuncioA actividade consiste nunha saída de observación e censo de aves. Se rexistrarán tódalas especies observadas e se realizarán fotografías para contribuír ó Catálogo de Biodiversidade da Zona de Especial Conservacion (ZEC) Gándaras de Budiño.

Entre os valores naturais que alberga a ZEC das Gándaras de Budiño e Ribeiras do Louro están hábitats prioritarios como as turbeiras, os bosques de ribeira  e hábitats de interese comunitaria como as breixeiras húmidas. Neste espazo natural se teñen inventariado 158 especies de aves, destacando as poboacións de aves acuáticas, que habitan os ecosistemas palustres das Ribeiras do Louro, representados por charcas, antigas barreiras, turbeiras e brañas.

É imprescindible levar prismáticos e o necesario para pasar unha mañá de outono á beira do río Louro.

Prazas limitadas. Inscrición gratuíta obrigatoria no correo electrónico: This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.

Powered by Bullraider.com