Verdegaia prensenta alegacións ao Anteproxecto de Lei de Acuicultura de Galicia

Partillar no Chuza!Partillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no TuentiPartillar no Digg it!Partillar no DoMelhorPartillar no Cabozo

Piscifactoria-do-Cabo-Vilan1

Verdegaia presentou no pasado día 14 de decembro as súas alegacións ao Anteproxecto de Lei de Acuicultura de Galicia. 

Brevemente, a nosa oposición a este documento, como en xeral á política do Goberno galego nesta materia, débese a que supedita os criterios ambientais a razóns de tipo económico, supostamente amparadas no interese xeral. Como noutros casos similares, por exemplo as concesións de proxectos mineiros, o argumento do interese xeral fórzase para xustificar que empresas multinacionais, propias ou alleas, dispoñan dos recursos naturais e do territorio, baixo formas de explotación que minimizan a creación de postos de traballo, o que obriga a inflar de xeito falso as cifras para vender politicamente este expolio. 

Destrución do litoral, contaminación de augas, eliminación de sectores tradicionais como o marisqueo, perda de calidade nos alimentos e de soberanía alimentaria, son algunhas das consecuencias deste modelo ao que están tan ligados os gobernantes (baste recordar o acontecido no caso do proxecto de Touriñán).

Podes seguir a ler se queres botar un ollo ao texto íntegro das alegacións.

 

XUNTA DE GALICIA

Consellería do Medio Rural e do Mar

Secretaría Xeral do Mar

Edificios administrativos - San Caetano, s/n

15781 Santiago de Compostela

MOTIVO:

Anuncio da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar na que se amplía ata o día 15 de decembro o período de información pública do Anteproxecto de Lei de Acuicultura de Galicia.

D/Dna ....................... con billete de identidade nº .........................., maior de idade e con domicilio a efectos de notificación en ............................, no seu nome propio e no da Asociación Ecoloxista VERDEGAIA, con CIF G70060363 expón :

INTRODUCIÓN:

Unha verdadeira participación democrática non consiste en que os cidadáns formulen suxestións e alegacións nos períodos de consultas, senón en que se corresponsabilicen no proceso de decisións e para isto é preciso que se poida debater un plan ou programa ao longo de todo o seu proceso de elaboración. As asociacións ecoloxistas e os grupos mariñeiros teñen moito que dicir neste proceso e ténsenos marxinado como ven sendo habitual xa que durante a elaboración deste Plan ou previamente ao mesmo non se nos consultou. O modelo que aquí se presenta (2011-2015-2030) provocaría graves efectos tanto no noso patrimonio natural como cultural e, entendendo que é un modelo que implica a expansión e presión sobre os espazos naturais a protexer coa conseguinte desnaturalización da costa galega, pensamos que a nosa participación é tanto un dereito como un deber.

Exposición de motivos:

Comeza o texto cunha exposición de motivos que incide na importancia da acuicultura para o desenvolvemento económico do país e como fonte de produción de alimentos. Alégase como defensa da acuicultura a necesidade de producir alimentos debido o previsible aumento da poboación mundial e tamén que a metade do peixe consumido a nivel mundial procede da acuicultura. Coloca á acuicultura como un dos principais motores do desenvolvemento económico e fonte de produción de alimento de calidade. Cítase a FAO :A FAO considera que a acuicultura é unha actividade que contribúe á utilización eficaz dos recursos naturais, á seguridade alimentaria e ao desenvolvemento económico, cun limitado e controlable impacto sobre o medio”.

Non se diferencian as distintas modalidades de produción acuícola segundo os diferentes riscos que estas producen para o entorno natural e para a saúde das persoas (peixes, crustáceos, moluscos e outros invertebrados así como algas e outros organismos vexetais).

A seguir informa de que “A proposta da Comisión Europea para a reforma da Política Pesqueira Común para o período 2014-2020 ten na acuicultura unha das súas máis firmes apostas”.

Defínese como obxectivo: “incrementar a produción acuícola española a partir da mellora da planificación sectorial e da selección de novas zonas de interese; reforzar a competitividade do sector a través da I+D+i, o reforzo das relacións entre a comunidade científica e o sector, a xestión zoosanitaria e o benestar animal e reforzar os aspectos vinculados coa comercialización dos produtos acuícolas a través da innovación, a promoción e o apoio ás organizacións de produtores”.

Con respecto a isto queremos resaltar que se ben partillamos a necesidade dun marco xurídico estable e que son a normativa estatal xunto coa normativa adicional das CCAA, os instrumentos xurídicos dos que nos dotamos coa intención de preservar o patrimonio colectivo debería traballarse de xeito real na creación dese marco normativo estable que faga prioritarias e defina, dentro do litoral galego, as políticas a desenvolver e os criterios xerais para a ordenación dos usos e actividades, a fixación de criterios de protección e defensa dos elementos naturais da costa galega.

Pola contra, o modelo de piscicultura que coñecemos supón a destrución irreversible de lugares cun alto valor natural e patrimonial; degrada o medio e altera a biodiversidade dos ecosistemas costeiros liberando enormes cantidades de auga e residuos cargados cun alto contido en materia orgánica, patóxenos e sustancias tóxicas; supón un enorme risco tanto para os consumidores como para os ecosistemas onde se localicen, destrúe a paisaxe e ocupa terreos de uso e gozo públicos e de protección. Non compartimos a visión idílica, errónea e interesada que se nos quere transmitir nesta exposición de motivos iniciais. Falando especialmente da piscicultura queremos lembrar que non é un modelo sostible, máis ben é un modelo depredador de recursos. Por exemplo, para a fabricación de pensos empréganse entre 2,5 kg e 5 kg de peixes pequenos como sardiña, arenque, xurelo,... por cada quilo de peixe de cultivo, o que fai que aumente o problema da sobreexplotación e que algunhas especies estean desaparecendo. Consideremos que é negativo para as comunidades pesqueiras e agrícolas porque pon en perigo a soberanía alimentar das comunidades locais. O número de postos de traballo xerados é mínimo comparados os que se perden nos sectores tradicionais. Non é lóxico elaborar unha Rede de Espazos Naturais Europeos que serían declarados Zonas de Especial Conservación e destruíla ou deteriorala moi gravemente como xa está a suceder e ao que contribúen políticas deste tipo que non responden ao interese xeral senón a un interese particular apoiado en importantes subvencións que dunha maneira indiscriminada destrúe o noso litoral. Son moitos máis os postos de traballo que se perden nos sectores tradicionais que os que se gaña, abrindo a porta á destrución dos mellores espazos naturais protexidos da costa galega a especies foráneas, algunhas delas invasoras e perigosas. A acuicultura industrial leva aparellado unha baixísima xeración de postos de traballo e reciben importantes subvencións públicas tanto directas como indirectas: para mellora tecnolóxica, infraestruturas, vantaxes fiscais, etc. Os estabelecementos acuícolas poderán instalarse sen ningún control de incidencia ambiental nos espazos naturais protexidos. Este anteproxecto deixa aos sectores produtivos primarios tradicionais en situación de desigualdade con respecto ás multinacionais acuícolas e non ten en conta a importancia tan grande destes sectores tradicionais para a economía do país. O obxectivo desta lei é colocar nun lugar privilexiado á acuicultura industrial, escondendo unha clara intención de desmantelar o tecido produtivo tradicional.

Proceso desenvolvido (2011-2015):

Na 2ª parte faise referencia ao proceso seguido na Galiza desde o 2011 cando o Consello da Xunta suspendeu o plan de 2008 e deu inicio á tramitación doutro novo (o terceiro en 6 anos), o PDA (Plan Director de Acuicultura) que fixa as directrices para a instalación ou ampliación de establecementos de cultivos mariños na nosa costa. Isto se recolle no PDAL onde establece que o seu contido primeiro é “establecer a definición de directrices para a instalación de establecementos de cultivos mariños na parte litoral da zona terrestre, así como para a ampliación dos establecementos existentes”.O informe de sustentabilidade ambiental (ISA) facía unha selección de diferentes alternativas pero con criterios prefixados polo que non existía unha análise real e obxectiva tanto de carácter económico como ambiental, este proceso culmina na actualidade coa nova lei de acuicultura.

[..... A Comunidade Autónoma de Galicia, tras declarar a acuicultura de interese público de primeira orde, o 26 de maio de 2011, aproba a Estratexia Galega de Acuicultura (ESGA) o 18 de outubro de 2012, como un documento de articulación e organización destinado a rexer a planificación e xestión da actividade acuícola en Galicia no horizonte temporal do ano 2030. ..É obxectivo fundamental da ESGA relanzar a acuicultura en Galicia de maneira que achegue emprego e riqueza dunha forma equilibrada e sostible dende un punto de vista económico, social e ambiental. Nunha clara aposta pola integración da acuicultura na planificación estratéxica de Galicia apróbase inicialmente o Plan Director de Acuicultura do Litoral e declárase como de incidencia supramunicipal o 28 de febreiro de 2013, integrándose na planificación territorial derivada das Directrices de Ordenación do Territorio (Decreto 19/2011 do 10 de febreiro) e do Plan de Ordenación do Litoral (Decreto 20/2011 do 10 de febreiro). Coa ESGA recupérase o impulso no ámbito acuícola galego establecendo novos piares de cohesión como a coherencia cos instrumentos de ordenación, a integración paisaxística ou a sostibilidade ambiental, económica e social; e novas accións entre as que se encontran a elaboración dun novo marco normativo no que se integra a Lei de acuicultura de Galicia......]

Desde Verdegaia consideremos necesario coñecer as distintas actuacións que a administración foi dando con respecto ao tema que nos ocupa para así entender e coñecer cunha perspectiva máis ampla as razóns da lei de acuicultura da Galiza como as razóns do Plan director de acuicultura e os documentos que o acompañan.

FASES DO PROCESO A TER EN CONTA:

  • En abril do 2010, o parlamento aprobou a modificación da lei do solo, lei que regula os usos ordinarios do solo para todo o territorio. Esta modificación, entre outras cousas, abría a posibilidade de instalar plantas acuícolas en solo rústico de especial protección.

  • En febreiro de 2011 aprobáronse as Directrices de Ordenación do Territorio ( Decreto 19/2011 de 10 de febreiro) que propuñan un modelo territorial que nada tiña que ver co país e coa protección efectiva do mesmo o tratamento dado aos espazos da Rede Natura 2000, incluíndoa nas Áreas Estratéxicas de Conservación (AEC), está absolutamente baleiro de significado, ao non contemplalas máis que dun modo voluntarista e sen ningunha carga normativa, máis ben asegurándose de que non se efectúa nelas restrición normativa algunha.

  • Decreto 20/2011 do 10 de febreiro polo que se aproba definitivamenteo Plan de Ordenación do Litoral. Un plan que define as políticas a desenvolver e os usos autorizables en cada zona dentro do litoral e que, lonxe de marcar os límites ao desenvolvemento urbanístico e industrial, deixa a costa a expensas de interpretacións puntuais da administración ou das empresas. Un POL que autorizaba actividades de explotacións acuícolas ou marisqueiras nas zonas de máxima protección, así como de construír as infraestruturas necesarias para este tipo de explotacións nas zonas de grao medio (zonas de mellora ambiental ou paisaxística), nas zonas declaradas de ordenación non se lles asegura protección algunha. Non se tivo en conta que chocaba directamente contra as directivas europeas de protección de espazos naturais.

  • En marzo de 2011, o Consello da Xunta suspendeu o plan acuícola do 2008 e deu inicio á tramitación doutro novo : O plan director de acuicultura que fixa as directrices para a instalación ou ampliación de establecementos de cultivos mariños na nosa costa. Este plan recoñece catro categorías de locacións que van desde as de menor protección ás de maior protección: zonas industriais ou portuarias; solo rústico de protección especial; zonas de protección autonómica e zonas de protección superior como Rede Natura.

  • En abril de 2011 a Consellería do Mar saca o “Documento de inicio de avaliación ambiental estratéxica do Plan Director de Acuicultura que supón o paso previo á aprobación de dito plan.

    • Neste documento de inicio fala da “creación de macropolígonos de acuicultura onde se concentren varias plantas” co que se van amplificar as problemáticas que este tipo de instalacións teñen xa de por si. Recolle tamén que á hora de valorar os criterios para que un determinado espazo sexa declarado apto para esta actividade daráselle “prioridade ao criterio de adecuación técnica” seguido do criterio económico e que os outros criterios de valoración (social e ambiental) consideraranse nun segundo paso pero non actuarán de xeito excluíntepolo que as empresas poderán montar unha planta onde queiran.

    • Con respecto o réxime de acceso á propiedade dos terreos recolle unha modificación importante, as terras pasan de ter titularidade pública cedidas por concesión temporal (como viña ocorrendo ata o de agora) a ser propiedade das multinacionais : O réxime de acceso á propiedade dos terreos corresponderá á iniciativa privada” e “as actuacións levaranse a cabo por expropiación forzosa” no caso de que sexa necesario xa que se declaran de utilidade pública e interese social. Isto significa que se os propietarios se negan a vender, a administración pode expropialos e entregarllos. Neste escenario o dominio público e a servidume de paso vanse ocupar polas tomas de augas e emisarios das plantas de acuicultura e a servidume de protección (dos 6 aos 100 metros) polas piscinas e edificios.

    • Faise unha división ambiental en 4 niveis:

Nivel I: zonas sen protección(inclúe os clasificados como de uso industrial e portuarios).

Nivel II: zonas de solo rústico de especial protección.

Nivel III: zonas de protección autonómica ao través dos seus instrumentos de ordenación do territorio.

Nivel IV: Zonas de protección superior: zonas LIC, ZEPA, Rede Natura, hábitats prioritarios. As dúas primeiras categorías son de aplicación directa. As zonas de protección(terceiro e cuarto) será a propia consellería quen decida se se precisa EIA ou non, non se establecen medidas de control que eviten elaboracións de declaracións de impacto ambiental a medida.

O réxime aplicable ás instalacións de acuicultura que se pretendan instalar no litoral galego, desde o punto de vista da súa avaliación ambiental e de impacto paisaxístico, é o seguinte:

  1. Nas zonas en que o Plan de Ordenación do Litoral (POL) considera permitido este uso: será preceptiva a avaliación de impacto ambiental para as instalacións de acuicultura intensiva con capacidade de produción superior a 500 toneladas anuais. Non é esixible o informe do órgano competente en materia de paisaxe, previsto no artigo 51 da normativa do POL.

  2. Nas zonas en que o POL considera compatible este uso, aplicaranse as seguintes regras:
    a) As instalacións de acuicultura intensiva con capacidade de produción superior a 500 toneladas anuais someteranse a avaliación de impacto ambiental. O estudo de impacto ambiental deberá incorporar un estudo de impacto e integración paisaxística, integrándose o informe do órgano competente en materia de paisaxe na correspondente declaración de impacto ambiental.

    b) As instalacións con capacidade de produción inferior á citada, necesitarán estudo de impacto e integración paisaxística cando o requira o órgano competente en materia de paisaxe.

    c) Nos demais casos, unicamente se requirirá o informe do órgano competente en materia de paisaxe a que se fai referencia na alínea anterior.

    d) En todo caso, aquelas instalacións que non alcanzando unha capacidade de produción de 500 toneladas anuais, poidan afectar directa ou indirectamente algún espazo pertencente á Rede Natura 2000, someteranse a avaliación de impacto ambiental cando así o decida o órgano ambiental de forma motivada .

  • A comezos de xuño de 2011, o Consello da Xunta declara a acuicultura “interese público de primeiro orde na Galiza”. Con iso pretende evitar a prohibición da UE e sortear o problema que podería ter de permitir construcións en zonas de interese prioritario de obrigada protección (Directiva 92/43 CEE de hábitats). Esta declaración implica tamén apoio público preferente as piscifactorías: subvencións, disposición de terreos –que mesmo poderán ser expropiados a favor das multinacionais da piscicultura–, rebaixa nos prazos de resolución de expedientes administrativos e a elaboración dun marco xurídico a medida e sen atrancos para as inversións empresariais, esta declaración de interese público preferente leva da man a elaboración dun marco normativo e administrativo de desenvolvemento máis rápido e será a ferramenta que proporcione un marco xurídico a medida e sen atrancos para as inversións empresariais. Lembramos que de permitirse este tipo de instalación en Rede Natura suporía unha interpretación demasiado libre e interesada da Directiva europea hábitats e as excepcións que esta regula. Segundo esta normativa, nestas áreas só se permiten actividades de conservación así como as declaradas de orde prioritario (casos excepcionais de índole social e económica), e lembramos que para poder facer esa declaración a Xunta previamente debería ter informado á Comisión (cousa que non fixo) e debería ter mandado un informe que avalara esta decisión onde recollese a necesidade para o desenvolvemento da zona e que non provoca ningún tipo de afectación. A pesares das opinións verquidas ante os medios polos representantes do goberno en materia de litoral e polo propio Presidente Don Alberto Núñez Feijoo falando da posibilidade de situar instalacións deste tipo en calquera zona, mesmo en zonas protexidas (e tal se recolle na zonificación) queremos aclarar que como vimos repetindo desde fai tempo non se pode declarar de interese público a instalación de piscifactorías en zonas protexidas sen previamente informar á Comisión Europea e demostrar que esta actividade industrial non vai alterar nin repercutir negativamente nos ecosistemas protexidos e que non hai outra localización posible. Non valen escusas para xustificar as razóns imperiosas de interese público de primeiro orden, sen presentar alternativas á conservación do mantemento e conservación dos lugares protexidos, o que se debe asegurar e impedir que intereses meramente empresariais e non xustificados por razóns de orde público sexan favorecidos rachando así coa coherencia global da Rede Natura 2000.

          • A Declaración da acuicultura como de interese público de primeiro orden e o posterior Proxecto de PDRN 2000 baleirarán de protección as tres cuartas partes da superficie declarada Rede Natura e abren unha interpretación autónoma da lexislación europea na materia anunciando a posibilidade da localización de macroplantas acuícolas en espazos de alta protección ecolóxica.

          • Denunciamos tamén o incumprimento da Lei 9/2001 de 21 de agosto de Conservación da Natureza de Galicia que no seu artigo 29 establece que:” o aproveitamento e uso dos bens e recursos incluídos no ámbito dun Espazo Natural Protexido se realizará de xeito que resulte compatible coa conservación dos valores que motivaron a súa declaración...” e no seu artigo 44 ordena a adopción de “ medidas necesarias para garantir a conservación , protección e recuperación das especies de flora e fauna que viven en estado silvestre en Galicia, con especial interese as autóctonas” especificando no artigo 59 que hai que dar preferencia ás medidas de conservación e preservación das especies autóctonas e os seus hábitats naturais.

          • Denunciamos que non se respectou o artigo 6 da Directiva 92/43/CEE do Consello de 21 de maio de 1992 relativa á conservación dos Hábitats Naturais e da Fauna e Flora Silvestres

          • Ao ser preguntada a Comisión Europea pola declaración da acuicultura en Galicia como de interese público de primeiro orden, a resposta foi a seguinte:

            Respuesta del Sr. Potočnik en nome da Comisión(17.8.2011):

            [La Comisión no está al corriente de la última declaración de la Xunta de Galicia en el sentido de que el sector acuícola reviste interés público de primer orden ni ha sido consultada al respecto. La Comisión no conoce el contenido del plan director Natura 2000 de Galicia, por lo que no puede hacer comentarios sobre este extremo. La Comisión considera que los proyectos de acuicultura intensiva pueden tener repercusiones en parajes protegidos y que deben evaluarse caso por caso. Los proyectos de acuicultura intensiva se contemplan en el anexo II, punto 1, letra f), de la Directiva 85/337 UE de las repercusiones de determinados proyectos públicos y privados sobre el medio ambiente, modificada por la Directiva97/11 UE y la Directiva2003/35 UE (conocida como la Directiva de Evaluación de Impacto Ambiental o Directiva EIA). En el caso de los proyectos contemplados en el anexo II, los Estados miembros deben determinar si resulta necesaria una evaluación de impacto ambiental. Deben tenerse en cuenta criterios tales como las características del proyecto, su localización y las características del posible impacto. Hay que recordar que este procedimiento de EIA podría ser también la herramienta para aplicar los requisitos de la Directiva sobre hábitats. En lo que respecta a la necesidad de aplicar plenamente las disposiciones del artículo 6, apartados 3 y 4, de la Directiva sobre hábitats, la Comisión ya declaró su posición en la Estrategia de la UE sobre la biodiversidad hasta 2020, que fija un objetivo cuantificado y con calendario fijo al efecto de agilizar la aplicación de las Directivas sobre aves y hábitats y la consecución de los objetivos fijados en las mismas. La Comisión, en estrecha cooperación con los Estados miembros y otras partes interesadas, ha elaborado documentos de orientación para que se entienda mejor cómo aplicar el procedimiento del artículo 6 a los planes y proyectos de diferentes sectores y, en particular, para proporcionar asesoramiento sobre cómo llevar a cabo una evaluación adecuada. La Comisión está elaborando en este momento un documento de orientación sobre el sector acuícola. La Comisión recuerda que la responsabilidad de aplicar correctamente el Derecho de la UE incumbe principalmente a los Estados miembros. La Comisión no vacilará en adoptar las acciones legales oportunas si las disposiciones del artículo 6 de la Directiva sobre hábitats no se cumplen en lo que respecta a los proyectos de acuicultura industrial.]

          • Posteriormente á declaración da Comisión Europea, aquí a ninguén se lle esixiu responsabilidades nin se fixo ningún tipo de aclaración sobre o tema.

  • Un mes despois de declarar á acuicultura de interese público de primeiro orde, a Consellería de Medio Rural saca a exposición pública “o Plan Director da Rede Natura 2000” que recolle definitivamente que é posible colocar este tipo de plantas nas zonas de máis valor ambiental da nosa costa e que indica, unha vez máis e claramente, a dirección a seguir en política de acuicultura. O plan director divide en tres zonas que corresponden con diferentes niveis de protección e de usos permitidos (de maior a menor protección): Zona 1 ou Área de Protección, Zona 2 ou Área de Conservación e Zona 3 ou Área de Uso Xeral. No caso da acuicultura, permítese en calquera das tres zonas segundo o plan, incluso en zonas sensibles ou de “alto valor ecolóxico”

Lembramos que a Directiva Habitats di entre outras cousas isto no artigo 6:
[3. Cualquier plan o proyecto que, sin tener relación directa con la gestión del lugar o sin ser necesario para la misma, pueda afectar de forma apreciable a los citados lugares, ya sea individualmente o en combinación con otros planes y proyectos, se someterá a una adecuada evaluación de sus repercusiones en el lugar, teniendo en cuenta los objetivos de conservación de dicho lugar. A la vista de las conclusiones de la evaluación de las repercusiones en el lugar y supeditado a lo dispuesto en el apartado 4, las autoridades nacionales competentes sólo se declararán de acuerdo con dicho plan o proyecto tras haberse asegurado de que no causará perjuicio a la integridad del lugar en cuestión y, si procede, tras haberlo sometido a información pública. 4. Si, a pesar de las conclusiones negativas de la evaluación de las repercusiones sobre el lugar y a falta de soluciones alternativas, “debiera realizarse un plan o proyecto por razones imperiosas de interés público de primer orden, incluidas razones de índole social o económica, el Estado miembro tomará cuantas medidas compensatorias sean necesarias para garantizar que la coherencia global de Natura 2000 quede protegida. Dicho Estado miembro informará a la Comisión de las medidas compensatorias que haya adoptado”.
“En caso de que el lugar considerado albergue un tipo de hábitat natural y/o una especie prioritarios, únicamente se podrán alegar consideraciones relacionadas con la salud humana y la seguridad pública, o relativas a consecuencias positivas de primordial importancia para el medio ambiente, o bien, previa consulta a la Comisión, otras razones imperiosas de interés público de primer orden”. ]

  • ORDE do 15 de marzo de 2012, conxunta das consellerías de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e do Medio Rural e do Mar, sobre réxime da avaliación ambiental dos establecementos de acuicultura na parte litoral da zona terrestre
    [...]
    "As zonas continuas situadas nestes niveis serán aptas de inmediato para o desenvolvemento da actividade acuícola, con respecto ás zonas descontinuas e sen ser necesario esperar á aprobación do PDAL."[...]

  • Lei de acompañamento aos orzamentos do 2012, no artigo 26 da proposta de que se xunta, modifícase o artigo 5 da Lei 6/2007, do 11 de maio, de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia: “a).- Os instrumentos de ordenación do territorio regulados na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, agás os proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal que serán obxecto de avaliación ambiental cando así o decida o órgano ambiental mediante decisión motivada, pública e axustada aos criterios establecidos polo anexo II da Lei 9/2006, de 28 de abril.

  • Outubro de 2012: Estratexia Galega de Acuicultura (que establece as liñas xerais do sector e a normativa ata o ano 2030). Segundo a Xunta di “A ESGA quere ser unha proposta aberta á participación do sector produtor e en xeral, a toda a cidadanía pero a posibilidade de participar de xeito real non se deu nin se está a dar.

  • 28 de febreiro de 2013: apróbase o Plan director de acuicultura do litoral (PDAL). Incúmprese a Directiva 2001/42 CE e a lei 9/2006, de AvaliaciónAmbiental Estratéxica, que recolle a necesidade de ferramentas e probas que permitan a integración dos aspectos ambientais na redacción dos plans e a Avaliación de alternativas razoables. Pártese do suposto de que é necesario máis plantas de acuicultura polo que non toma en consideración que non se necesiten máis, non se toma en consideración como alternativa posible a non aplicación do PDAL porque parte da premisa de que a única alternativa válida é a que permita e defensa e a instalación de plantas de acuicultura porque é necesaria para o sector, aínda que non tome en conta máis que os criterios de produción, desbota calquera outra alternativa con criterios preponderantes de tipo ambiental ou social ou territorial. A alternativa que valoran como mellor permite incluír plantas en calquera espazo teña o nivel de protección que teña, convértese deste modo nunha guía na que se fai unha xustificación dos obxectivos e dos criterios de implantación e integración ambiental e paisaxística das piscifactorías.

  • Proxecto da nova Lei do Solo de Galicia, que elimina os distintos usos segundo a clasificación do solo e polo tanto permite actividades de todo tipo, como a acuicultura, en solos rústicos de especial protección.

    Por todo isto aquí exposto, denunciamos que esta lei é un paso máis na destrución dos nosos recursos tradicionais pesqueiros e supón dar cobertura xurídica aos intereses das multinacionais acuícolas. Todo o proceso desenvolvido ata chegar aquí está viciado e coa única finalidade de alimentar os intereses do industrialismo, afastando de xeito definitivo o traballo local. Elimina os mecanismos de protección, privatiza o litoral a gosto da acuicultura industrial mediante a expropiación forzosa, deixa sen mecanismos aos concellos á hora de paralizar un proxecto xa que serán de incidencia supramunicipal, non se respecta o estudo ou análise de Incidencia Ambiental e abandona totalmente os espazos naturais protexidos aos intereses económicos do capital.

Desde Verdegaia consideramos que este tipo de políticas non son a solución, pensamos que a instalación de actividades destrutivas e contaminantes supón un grande risco e hipoteca o futuro da Galiza e das xentes que vivimos aquí, é un novo despropósito aos que nos ten acostumado a clase política que só atende os intereses da especulación máis desprezable que son os seus. Esta lei ven a afondar máis na imposibilidade presente e futura de desenvolver estas actuacións tan necesarias e con iso imposibilitar que se fixen condicións sociais, económicas e culturais dignas.

POR TODO O EXPOSTO CONCLUÍMOS QUE:

Rexeitamos todo o proxecto na súa totalidade (ALAG). Denunciamos que todo o proceso foi viciado con irregularidades, tal como explicamos ao longo do documento, co único propósito de dar carta branca a unha determinada actividade saltándose a lexislación existente ou modificando esta de xeito irregular. Esta nova lei de acuicultura é claramente discriminatoria para cos sectores produtivos tradicionais porque non establece unhas regras de xogo igualitarias, ponse en perigo o futuro tanto da calidade ambiental do noso litoral como de todo o tecido produtivo tradicional galego tan necesario para o correcto desenvolvemento da economía do país, mentres se apoia, ampara, subvenciona e crean normas a medida para a colonización da nosa costa polas multinacionais do sector acuícola. Pensamos, así mesmo, que todo este proceso é denunciable ante a sociedade en primeiro lugar, ante os tribunais e ante a UE.

En Vigo a 12 de decembro de 2015

asdo:

.......................................

En nome e representación da Asociación Ecoloxista VERDEGAIA.

 

Powered by Bullraider.com