Verdegaia apoia a manifestación deste sábado día 27 de febreiro en Compostela contra a Lei de Acuicultura

Partillar no Chuza!Partillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no TuentiPartillar no Digg it!Partillar no DoMelhorPartillar no Cabozo

Cartaz-lei-acuiculturaO proxecto de Lei de acuicultura paradoxalmente dá as costas a un modelo ambiental e socialmente sostible de acuicultura que xa existe en Galiza e que emprega directamente a máis de 33.000 persoas directamente relacionadas co mar. Pola contra prevé un sistema de privatización do mar e da costa a favor das grandes empresas multinacionais contra as que non poderán competir pequenos produtores nin confrarías, xa que as concesión outorgaranse en base a criterios económico-financeiros e tecnolóxicos. A privatización da franxa do litoral que precisen as multinacionais será posible ao declarar de interese público os seus proxectos. (A declaración de interese público que a lei prevé para os proxectos das multinacionais, fará posible a privatización da franxa de litoral que estas precisan para establecerse).

Chámase Lei de acuicultura, mais en realidade o que promove é sobre todo a peixicultura intensiva, acoutando zonas das rías para a mesma, autorizando todo tipo de especies para a mesma –incluso foráneas-, permitindo a súa localización mesmo en espazos naturais protexidos, e sen requirir dun  informe previo de incidencia ambiental.

A Lei elaborouse de costas aos sectores produtivos, grupos ecoloxistas, científic@s (comunidade científica),..., e elimina a posible intervención dos concellos no deseño dos proxectos de peixicultura ao declarar a supramunicipalidade dos mesmos.

folleto acuicultura 1Vaise producir unha degradación ambiental do mar e dos ríos como consecuencia dos contaminantes (produtos químicos, farmacolóxicos, pensos, feces...), do cruce coas especies silvestres polo escape de especies foráneas (invasoras, exóticas,...), propagaranse enfermidades e parasitos pola grande concentración de peixes en espazos moi reducidos, e a depredación de peixe salvaxe para alimentar aos peixes das gaiolas. Todo iso vai producir un cambio do modelo produtivo que vai poñer en perigo os sectores do mar de Galiza tradicionais e sostibles. (A lei xoga coa nosa Soberanía alimentar).folleto acuicultura 2

Convidámosvos a asistir á manifestación deste sábado día 27 de febreiro en Compostela contra a Lei de Acuicultura que partirá ás 11:30 dende a alameda.folleto acuicultura 3

Powered by Bullraider.com