Carta aberta á FAO sobre a definición de bosque

Partillar no Chuza!Partillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no TuentiPartillar no Digg it!Partillar no DoMelhorPartillar no Cabozo

Fazenda em Agudos por Cássio Abreu en FlickrO pasado día 21 conmemorouse o Día Internacional de Loita contra os Monocultivos de Árbores.

Como parte das accións que a nivel internacional estanse levando a cabo, o Movemento Mundial polos Bosques WRM xunto con Salva a Selva e TimberWatch difundiron unha Carta aberta á FAO á que se adheriu Verdegaia.

Malia os numerosos esforzos que se veñen facendo para que a FAO cambie a súa errónea e tendenciosa definición de bosques, que permite que un monocultivo industrial de árbores sexa chamado de “bosque”, as peticións non foron escoitadas.

A definición de bosques da FAO favorece sobre todo ás grandes corporacións da madeira e outras que promoven as plantacións de árbores a gran escala, en detrimento das comunidades que dependen dos seus territorios para o seu sustento e medios de vida.

A influencia que ten a definición da FAO afecta sobremaneira as definicións nacionais así como en procesos internacionais tales como as negociacións da ONU sobre o cambio climático.

A través desta Carta Aberta afirmamos a relevancia que a definición da FAO ten e esiximos que a FAO asuma a súa responsabilidade e poña en marcha de inmediato un proceso de revisión xenuíno da súa definición de bosque.
Desde hoxe ata o día 21 de Marzo do 2017 imos xuntar a maior cantidade de firmas posibles. Para iso, invitamos ás organizacións e movementos sociais a sumar a súa firma e a colaborar coa difusión da carta.

Invitamos a difundir a carta aberta á FAO nos seus sitios web, redes sociais, a través do “boca a boca”, etc.

Powered by Bullraider.com