Graves deficiencias na xestión do P.N. das Illas Atlánticas

Partillar no Chuza!Partillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no TuentiPartillar no Digg it!Partillar no DoMelhorPartillar no Cabozo
illas_ciesVerdegaia denuncia a actual situación do Parque Nacional das Illas Atlánticas por existiren graves erros e deficiencias na xestión deste valioso espazo natural. Verdegaia denuncia un retraso de máis de tres anos na redacción do Plan Rector de Uso e Xestión (P.R.U.X.) do Parque Nacional das Illas Atlánticas que, por lei, debería estar rematado o dous de xullo de 2003, é dicir, un ano despois da Declaración Oficial do Parque.

O primeiro e máis sangrante erro de xestión do Parque é a extinción da Herba de agulla, Erodium maritimum, dentro dos límites do Parque por non supervisarse as obras de aterrazamento e enlousado do faro da Illa do Medio realizadas por Portos de Galicia.
Hai que entender este feito como moi grave xa que con esta actuación desapareceu esta especie do Parque Nacional das Illas Atlánticas e cómpre saber que a herba de agulla Erodium maritimum é unha especie considerada en perigo crítico de extinción que só aparece noutros dous puntos da xeografía española (en San Andrés de Teixido e na Illa Dragonera en Mallorca) segundo o "Atlas y Libro Rojo de la Flora Vascular Amenazada de España" editado polo Ministerio de Medio Ambiente en 2004 e que  ten unha distribución moi limitada a nivel
mundial.

A herba de agulla era unha das especies máis ameazadas do Parque e estaba no grupo de  especies en situación crítica e de atención preferente en calquera das actuacións de conservación  que se deben acometer do que se espera dun Parque Nacional ben xestionado. A extinción da especie citada levouse a cabo a pesar de que os responsables da xestión deste espazo natural tiñan total coñecemento da súa delicada situación e da súa escasa área de distribución dentro do Parque Nacional. As obras realizáronse en toda a área de distribución desta especie no Parque (a especie só se atopaba no faro) sen supervisión algunha. A desaparición da especie deixa claramente en entredito o papel de conservación sobre a biodiversidade que se está a levar a cabo nun espazo para o que se lle presume o maior rango de protección. As medidas de xestión para a conservación están desatendidas e son escasas no Parque polo que é necesario actuar urxentemente neste ámbito.

Por outra banda, Verdegaia denuncia un retraso de máis de tres anos na redacción do Plan Rector de Uso e Xestión (P.R.U.X.) do Parque Nacional das Illas Atlánticas que, por lei, debería estar rematado o dous de xullo de 2003, é dicir, un ano despois da Declaración Oficial do Parque.

A masiva afluencia de visitantes ó Parque Nacional está a causar un grande impacto debería  reducirse e supervisarse en todo momento. O límite de visitas non debe superar 1500 persoas ó día en cada un dos arquipélagos de Cíes e Ons.

Outro eiva é a escasa ou nula erradicación de flora alóctona e a súa correspondente sustitución por flora autóctona que se está a levar a cabo dentro do Parque Nacional. Deste xeito, seguen a abundar os eucaliptais, as acacias,... catro anos despois da Declaración Oficial do Parque.

Todos estos problemas poden ter que ver con que o Parque Nacional das Illas Atlánticas está no grupo de Parques Nacionais que menos inversión reciben dentro do Estado.

Por outra banda, dende verdegaia apoiamos varias iniciativas que se pretenden levar a cabo no Parque coma a regulación e/ou restricción da navegación e o fondeo de embarcacións, a prohibición da pesca deportiva, e a futura eliminación da gran estructura de cemento en forma de monolito que hai a carón do peirao de Rodas.

Powered by Bullraider.com