Verdegaia esixe a aprobación do PRUX á altura dun Parque Nacional

De No machine-readable author provided. Caos~commonswiki assumed (based on copyright claims). - No machine-readable source provided. Own work assumed (based on copyright claims)., CC BY-SA 3.0, https://commons.wikimedia.org/w/index.php?curid=1080318Verdegaia presentou alegacións ao plan esixindo cambios no PRUX de cara a garantir a conservación dos valores naturais, xa que o documento exposto ao público non garante a debida conservación dos valores naturais. Agora tamén facemos nosa a postura das persoas representantes das Asociacións Ecoloxistas no Padroado do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, que ven insuficiente a proposta de plano reitor de uso e xestión (PRUX) de cara á debida conservación dos valores naturais deste valioso enclave protexido, debido, entre outros factores, a unha diminución das zonas de reserva mariña e terrestre con respecto ó borrador sometido a exposición pública en 2011.

Deste xeito, un espazo natural protexido eminentemente mariño (un 85,9 % da superficie total, 7.285,2 ha, é mar) apenas conta cunha reserva mariña de menos do 1 % da súa superficie a diferencia do xa ridículo 3 % que presentaba o documento de 2011. Isto era do máis previsible xa que, en outubro de 2016, a Subdirectora do Parque Nacional, Montserrat Martínez, sacaba importancia a que o espazo protexido contase cunha reserva mariña en condicións, feito moi negativo e premonitorio, ó mesmo tempo que recoñecía que a demora de 14 anos na aprobación do PRUX se debía ás reticencias expostas polo sector pesqueiro e marisqueiro, que non aceptaban as restricións das súas actividades nunha superficie mariña de 218,6 ha, que corresponden a ese citado 3%.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Primeira xornada das Brigadas Deseucaliptizadoras en Lousame

Logo rigadas deseucaliptizadoras

Mañá sairá ao monte a primeira Brigada deseucaliptizadora. Será no monte de Froxán, Lousame.
Agradecemos a xenerosidade de tódalas persoas que se anotaron para formar parte desta primeira brigada.
A cita será ás 10 da mañá, neste punto, onde poderedes estacionar sen problema, ao pe dun gran eucalipto mesmo antes de entrar na aldea pola parte norte.
Comezaremos os traballos de mañá ás 10.30 neste outro lugar, ben perto da aldea. Alí machacaremos manualmente brotes de eucalipto e plantaremos frondosas autóctonas sobre un eucaliptal que foi rozado mecanicamente pola comunidade.
Sobre as 13.30 pararemos para xantar, de volta na aldea.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

O eucalipto Eucalyptus globulus é unha especie exótica invasora en Galicia

Eucalyptus globulus A consideración do eucalipto Eucalyptus globulus como especie exótica invasora en Galicia non tiña suscitado maior dúbida, existindo un consenso xeralizado entre os científicos e profesionais que traballan na conservación da biodiversidade1. Aínda nos últimos anos, o que se ten é fornecido ese carácter invasor con novas e mais robustas evidencias2. Non coñecemos aportación científica algunha que negue o carácter invasor do eucalipto en Galicia.

Esta argumentación científica probablemente non pareceu excesivamente preocupante para os sectores económicos que dependen do eucalipto, alguns dos cales mesmo asumiron ese carácter invasor, xustificando o seu uso nun suposto correcto manexo. Porén, o asunto mudou en datas moi recentes, cando se ten promovido a inclusión desta e doutras especies do xénero Eucalyptus no Catálogo español de espécies exóticas invasoras (CEEEI, regulado polo RD 630/2013), e especialmente cando o Comité Científico do Ministerio de Medio Ambiente ten emitido um dictame3 aconsellando a inclusión de seis especies de eucaliptos en dito Catálogo.

A consideración de espécie exótica invasora no CEEEI conleva a prohibición xenérica de posesión, transporte, tráfico e comercio de exemplares vivos ou mortos, dos seus restos ou propágulos, incluindo o comercio exterior (art.7.1). No entanto, todas as árbores con potencial de ter aproveitamento silvícola, caso da acacia negra (Acacia melanoxylon) e da robinia ou falsa acacia (Robinia pseudoacacia) -especies das que a propia Xunta ten promovido actuacións puntuais de eliminación debido ao seu carácter indiscutiblemente invasor-, foron deliberada e inxustificadamente excluídas do Catálogo. Se ficaron fóra esas árbores ferozmente invasoras, que apenas contan con aproveitamento económico na actualidade..., como imaxinar que podería ser catalogado o eucalipto?

Engadir comentario (0)

Ler máis...