Sábado 4 de xuño: mobilización nacional contra a pasteira ENCE

juantiagues - Ence - Pontevedra846 en FlickrEste sábado 4 de xuño terá lugar unha mobilización nacional contra a pasteira. Como novidade, ao tradicional lema pola retirada da celulosa engádense 2 novas reivindicacións: o saneamento integral da Ría e contra a eucaliptización. Como segunda novidade, non a convoca a Asociación para a Defensa da Ría (APDR)a mais a plataforma ‘ENCE Fóra’ e a ‘Federación Ecoloxista Galega’.

É unha mobilización nacional xa consolidada no calendario chegado o mes de xuño, a ‘marcha contra as celulosas’ en Pontevedra. Unha demanda, a retirada de ENCE da Ría de Pontevedra, que vén de vello e que máis unha vez, este sábado (4 de xuño) volverá reunir milleiros de persoas. Falamos con Antón Masa, da ‘Asociación pola Defensa da Ría’ (APDR), convocante tradicional desta manifestación. Mais desta volta, a convocatoria é cousa da plataforma ‘ENCE Fóra’ (onde está a APDR) e da ‘Federación Ecoloxista Galega’. Non é a única novidade.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Contaminación atmosférica de ENCE

ENCE contaminación atmosféricaEn 2014, o complexo de ENCE en Pontevedra emitiu á atmosfera 101.195 toneladas de CO2, 2,3 toneladas de ácido sulfhídrico e 353,6 toneladas de dióxido de sofre. O dióxido de sofre, por exemplo, provoca afeccións nas vías respiratorias, nos ollos e na gorxa tal como se comprobou no escape de gases rexistrado en Agosto de 2013.

Engadir comentario (0)

Fin de recollida de datos de "Atropelos, non grazas!"

Logo-atropelos-webLembrarvos ós e ás que colaborades coa campaña de Verdegaia "Atropelos, non grazas!" que o vindeiro 5 de xuño remata a recollida de datos de fauna atropelada nas estradas galegas despois de tres anos de recollida de información.

Moitas grazas a tod@s @s que participaron nesta campaña a prol de minimizar esta sangría ambiental.

Para @s que non colaboraron e queren saber máis, tedes toda a info nesta ligazón da nosa web.

Engadir comentario (0)