Xunta da Galiza: Impidamos a prórroga de ENCE en Lourizán!

ENCE - fumeO Goberno do PP vén de conceder unha prórroga de 60 anos á empresa ENCE na Ría de Pontevedra, permitíndolle permanecer en Lourizán, en terreos de dominio público, ata o ano 2073. E faino estando en funcións e cun Presidente desaparecido e derrotado, que sabe que non vai revalidar o seu goberno. Trátase dunha decisión política, e mesmo faise incumprindo o Regulamento Xeral de Costas, que impide a prórroga dunha concesión mentres estea aberto un expediente de caducidade, caso no que se atopa a empresa pasteira. Máis unha vez, o PP defende os intereses particulares, os seus intereses e os dos seus amigos, fronte ao interese xeral, socialmente máis xusto e máis rendíbel desde o punto de vista económico e ambiental.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

ENCE: Expolio forestal

ENCE - forestalA perda de biodiversidade no noso País está inevitablemente ligada a ENCE, responsáble da repoboación dos montes con especies foráneas e en particular da súa eucaliptización. A expansión do modelo de monocultivo de eucalipto provocou que a Galiza teña a maior superficie de eucaliptais do Estado e que siga experimentando un crecemento trepidante: 40.000 héctareas de eucalipto no ano 1987, 170.000 en 1997 e 375.000 no ano 2009. En vista dos datos provisionais dispoñibles, a finais de 2015 a superficie de eucaliptais en Galiza podería achegarse ás 500.000 ha.

A repoboación con especies pirófitas como o eucalipto e o piñeiro favorece a propagación dos lumes e relaciónase co abandono agrario e co declive do medio rural galego xa que os montes deixan de ser fonte de recursos para a poboación e convértense en almacéns de combustible altamente inflamable. 

A pesar das avultadas evidencias de insostibilidade, un informe da empresa auditora SGS permitiu a concesión da certificación FSC a NORFOR (filial forestal de ENCE), un sistema de certificación que se desprestixia na medida en que certifica as prácticas mais degradantes e insostibles que caracterizan a ENCE.

A falla dun modelo produtivo sustentábel, multifuncional e socialmente inclusivo, fai que o destino de montes e terras agrarias sexa o monocultivo, nomeadamente de eucalipto, substituíndo ás frondosas autóctonas. Isto acontece perante a pasividade e complicidade da Xunta e que supón un feroz castigo biolóxico ó solo galego, unha ameaza para a biodiversidade e un ataque ás masas forestais autóctonas.

Engadir comentario (0)

ENCE: política e a porta de atrás

ENCE - Porta de atrásSegundo informacións publicadas, desde a privatización de ENCE no 2001, o Goberno central e a Xunta teñen tomado decisións importantes que beneficiaron á empresa pasando por cima de todas as posíbeis datas de feche. Conseguindo, gracias a modificacións lexislativas e medidas políticas, que se manteña unha actividade que co último pelotazo político e empresarial chegará ata 2073.

Como exemplos disto lembrar como na era Fraga saltouse a autonomía municipal en materia urbanística, criando un proxecto sectorial de incidencia supramunicipal exclusivo para ENCE e así evitar someterse á normativa municipal e conseguir a legalidade para todo o complexo. No ano 2012 o Tribunal Supremo do Estado anulou o proxecto de supramunicipalidade pero Feijoo, presidente da Xunta, decidiu que con publicar o proxecto no DOGA xa se cumpria a sentencia.

Engadir comentario (0)

Ler máis...