Verdegaia non vai permitir a construción dun vertedoiro en Lousame
- Detalles
- Publicado o Martes, 18 Outubro 2016 08:37
- Visitas: 1956
O vertedoiro proxectado para Lousame non se adapta á normativa de xestión de residuos, contén numerosas imprecisións e erros, e supón un risco grave para a saúde da poboación próxima e un grave perigo de contaminación do ambiente incluíndo os acuíferos dos que se abastece a Vila de Noia e a propia Ría de Muros-Noia en xeral.
A normativa europea de residuos e a súa transposición ás normas españolas e galegas, establece a seguinte xerarquía dos residuos aplicábel encanto orden de prioridades na lexislación e na política de prevención e xestión de residuos: 1.- Prevención; 2.- Preparación para a reutilización, 3.-Reciclaxe; 4.- Outros tipos de valorización (por exemplo a valorización enerxética; e 5.- Eliminación. O Centro de Xestión Ambiental de Lousame non cumpre con esta normativa básica e en realidade é fundamentalmente un vertedoiro de residuos e non un centro de valorización de residuos. A Consellería de Medio Ambiente non debería nin sequera tomar en conta este tipo de proxectos.
Pedimos a retirada da primeira revisión do Plan Forestal de Galiza
- Detalles
- Publicado o Venres, 30 Setembro 2016 15:40
- Visitas: 1917
A Terra Non Se Vende, as Redes de Asociacións Galiza Non Se Vende e A Ría Non Se Vende, Salvemos Monteferro e Verdegaia poñemos en cuestión a participación das distintas entidades sociais vencelladas tanto directa como indirectamente ao sector forestal na revisión do Plan Forestal de Galiza, pois na súa elaboración as decisións as levou a cabo e impuso dun xeito totalmente viciado a maioría de entidades relacionadas directamente ao sector económico e produtivo.
Por iso pedimos o cumprimento real e efectivo dos plans de ordenación dos recursos forestais supeditados a súa vez aos da ordenación dos recursos naturais; a redución da superficie ocupada polos monocultivos forestais, en especial do eucalipto, e a súa substitución por plantacións de frondosas autóctonas; un plano efectivo de erradicación de especies alóctonas e invasoras; un plano de silvicultura e de control da biomasa que, respetuosa co medio, estea baseada na prevención real e efectiva dos lumes forestais, e non na case exclusiva da extinción; unha menor mecanización a cambio dunha maior presenza de operarias e operarios, e conseguintemente unha maior creación de emprego, como así mesmo unha redución de impacto ambiental derivada das actividades forestais.
Carta aberta á FAO sobre a definición de bosque
- Detalles
- Publicado o Martes, 27 Setembro 2016 10:08
- Visitas: 1699
O pasado día 21 conmemorouse o Día Internacional de Loita contra os Monocultivos de Árbores.
Como parte das accións que a nivel internacional estanse levando a cabo, o Movemento Mundial polos Bosques WRM xunto con Salva a Selva e TimberWatch difundiron unha Carta aberta á FAO á que se adheriu Verdegaia.
Malia os numerosos esforzos que se veñen facendo para que a FAO cambie a súa errónea e tendenciosa definición de bosques, que permite que un monocultivo industrial de árbores sexa chamado de “bosque”, as peticións non foron escoitadas.
A definición de bosques da FAO favorece sobre todo ás grandes corporacións da madeira e outras que promoven as plantacións de árbores a gran escala, en detrimento das comunidades que dependen dos seus territorios para o seu sustento e medios de vida.