Verdegaia e Ecologistas en Acción esixen á Xunta a suspensión efectiva da caza nas áreas incendiadas

Unha das consecuencias da última vaga de incendios en Galiza é a morte e desprazamento forzoso da fauna silvestre. Incrementar a presión sobre esta permitindo a caza tería negativas consecuencias. Verdegaia e Ecologistas en Acción solicitan á Xunta a suspensión efectiva da caza nas zonas queimadas e limítrofes, e, por motivos de seguranza, de toda atividade cinexética mentras exista risco de incendios, así como o control do abandono de cans de caza.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Reunión coa ministra de Medio Ambiente sobre os incendios en Galicia

Representantes de Verdegaia, ADEGA, Federación Ecoloxista Galega (FEG), Greenpeace e Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) reunímonos onte en Santiago para falar con Cristina Narbona, ministra de Medio Ambiente, sobre a problemática dos incendios forestais na nosa terra.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Dez preguntas básicas sobre os incendios forestais en Galicia

Por causa da intensa vaga de lumes que está a sufrir o noso psolo_pieiral.jpgaís desde comezos de agosto, estase a falar moito de lumes forestais. Nas análises do problema predominan moitas veces a falta de rigor e as visións partidarias dun ou doutro signo. Desde Verdegaia queremos contribuír ao esclarecemento da opinión pública respondendo a dez preguntas básicas para entender o problema dos lumes na nosa terra, as súas causas e as súas solucións.

Engadir comentario (0)

Ler máis...