As 10 especies máis ameazadas da fauna e flora galegas
- Detalles
- Publicado o Martes, 23 Mai 2006 00:00
- Visitas: 6431
248 especies de fauna e flora galegas ameazadas de extinción
- Detalles
- Publicado o Luns, 22 Mai 2006 00:00
- Visitas: 4496
248 especies de fauna e flora de Galicia están ameazadas de extinción en maior ou menor medida, segundo os datos recollidos no libro “A Natureza Ameazada 2004”, editado pola Sección de Patrimonio Natural do Consello da Cultura Galega e do que son autores diversos especialistas. 54 delas presentan un risco alto de extinción.Estes datos revelan unha considerábel perda de biodiversidade na nosa terra, que vai moito máis alá da regresión dalgunhas especies emblemáticas de aves e mamíferos. O empobrecemento do noso patrimonio de biodiversidade é un indicador importante de deterioración ambiental. No Día da Biodiversidade, a asociación ecoloxista Verdegaia demanda un maior compromiso institucional e social coa conservación da biodiversidade e, en particular, a implementación dunha política autonómica forte de conservación da natureza.
FEG e Verdegaia apoian á Xunta contra a construción da piscifactoría en cabo Touriñán
- Detalles
- Publicado o Sábado, 06 Mai 2006 00:00
- Visitas: 4067
A Federación Ecoloxista Galega (FEG) e Verdegaia apoian a decisión da conselleira de Pesca, Carmen Gallego, de impedir a construción dunha macropiscifactoría de Pescanova en cabo Toriñán, dentro do espazo natural da Rede Natura 2000 “Costa da Morte”. A construción da piscifactoría en Touriñán constituiría unha agresión inaceptábel a un dos espazos máis valiosos da costa galega e ibérica.