O LIC de Corrubedo: cando se planifica en función dos intereses das grandes empresas.

O Lugar de Interese Comunitario (LIC) “Complexo Húmido de Corrubedo”, incluído na Rede Natura, abrangue dende o Castro de Baroña (Porto do Son) ate a Illa de Sálvora (Ribeira). Dentro deste LIC está un dos seis Parques Naturais galegos, o Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carrexal e Vixán. En total son perto de 10.000 ha., agás 480 ha dende Punta Corgo ate Punta do Cantón, situadas prácticamente no centro do LIC.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

A FEG denuncia a extinción da Erodium maritimun no Parque Nacional das Illas Atlánticas

erodiumA herba de agulla (Erodium maritimun) está catalogada "En Perigo Crítico de Extinción" pero, nun exercicio de irresponsabilidade, foi substituída por baldosas para unha terraza de acceso ao faro das Illas Cíes, en pleno Parque Nacional das Illas Atlánticas, segundo informou a Federación Ecoloxista Galega (FEG), da que forma parte Verdegaia. 

Engadir comentario (0)

Ler máis...

As 10 especies máis ameazadas da fauna e flora galegas

Presentámosche as 10 especies da nosa flora e fauna máis ameazadas de extinción. Fixemos unha listaxe con algunhas das especies con maior risco de extinción, procurando incluír representantes de diferentes grupos da nosa fauna e flora. Non buscamos incluír as que poderían ser, en rigor, as10 especies máis ameazadas, senón facer unha chamada de atención para que a Consellería de Medio Ambiente poña en marcha canto antes planos de recuperación para as especies en maior perigo de extinción. E non só para as máis emblemáticas ou populares.

Engadir comentario (0)

Ler máis...