ENCE: perda dos sectores produtivos tradicionais

Ence - mariscadorasOs bancos marisqueiros da Ría de Pontevedra están sendo sometidos a unha presión crecente que pon en perigo a súa propia supervivencia. Decenas de aportes de augas fecais non depuradas, grandes cantidades de augas industriais con débil depuración e agresións á liña de costa son as principais causas dun insoportable estrés ambiental que pon en perigo a produción dos sectores primarios na Ría. Entre esas agresións destacan os vertidos das fábricas do complexo industrial de ENCE que son unha das principais causas de que o banco marisqueiro de Lourizán teña sido catalogado como Tipo C (esixe tratamento nunha batea de depuración). Esta situación pon en perigo a supervivencia dos recursos pesqueiros e marisqueiros na zona e consecuentemente a de moitos postos de traballo en actividades sostibles que son unha garantía de conservación dos ecosistemas da Ría de Pontevedra.

Engadir comentario (0)

Verdegaia solicita a modificación do trazado do VI Costa-Trail de Dexo

VI Costa-Trail de DexoO vindeiro 3 de abril está prevista a sexta edición do “Costa-Trail de Oleiros Seixo Branco”. Trátase dunha carreira pedestre de montaña, organizada pola Sociedade de Montaña Ártabros coa colaboración do Club Atletismo Sada e do Concello de Oleiros.

Esta proba atravesa de oeste a leste a ZEC Costa de Dexo, un espazo natural de gran interese, e considerado  Monumento Natural.

O trazado da carreira, que se modificou con respecto a edicións anteriores, discorre nesta ocasión moi próximo a unha zona de nidificación e cría do corvo mariño cristado, poñendo así en risco as poboacións desta especie que alí se atopan.  Queremos recordar que se trata dunha especie catalogada como vulnerable no catálogo de especies ameazadas, habendo incluso fontes científicas que avogan por considerala en perigo de extinción, en base ao descenso da poboación nos últimos anos. O principal núcleo reprodutor da especie na costa continental da Península Ibérica encóntrase, precisamente, na Costa de Dexo.

Na zona atópanse, ademais, exemplares de falcón peregrino, respecto aos que o Servizo Provincial de Conservación da Natureza indica que se estableceu que o trazado do Trail debía afastarse 100 metros da súa zona de nidificación. Cónstanos que nas últimas edicións da proba o trazado alternativo non se afasta máis de 30 metros do punto de nidificación.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Xunta da Galiza: Impidamos a prórroga de ENCE en Lourizán!

ENCE - fumeO Goberno do PP vén de conceder unha prórroga de 60 anos á empresa ENCE na Ría de Pontevedra, permitíndolle permanecer en Lourizán, en terreos de dominio público, ata o ano 2073. E faino estando en funcións e cun Presidente desaparecido e derrotado, que sabe que non vai revalidar o seu goberno. Trátase dunha decisión política, e mesmo faise incumprindo o Regulamento Xeral de Costas, que impide a prórroga dunha concesión mentres estea aberto un expediente de caducidade, caso no que se atopa a empresa pasteira. Máis unha vez, o PP defende os intereses particulares, os seus intereses e os dos seus amigos, fronte ao interese xeral, socialmente máis xusto e máis rendíbel desde o punto de vista económico e ambiental.

Engadir comentario (0)

Ler máis...