Verdegaia non vai permitir a construción dun vertedoiro en Lousame

King of the Trash Hill - Alan Levine - FlickrO vertedoiro proxectado para Lousame non se adapta á normativa de xestión de residuos, contén numerosas imprecisións e erros, e supón un risco grave para a saúde da poboación próxima e un grave perigo de contaminación do ambiente incluíndo os acuíferos dos que se abastece a Vila de Noia e a propia Ría de Muros-Noia en xeral.

A normativa europea de residuos e a súa transposición ás normas españolas e galegas, establece a seguinte xerarquía dos residuos aplicábel encanto orden de prioridades na lexislación e na política de prevención e xestión de residuos: 1.- Prevención; 2.- Preparación para a reutilización, 3.-Reciclaxe; 4.- Outros tipos de valorización (por exemplo a valorización enerxética; e  5.- Eliminación. O Centro de Xestión Ambiental de Lousame non cumpre con esta normativa básica e en realidade é fundamentalmente un vertedoiro de residuos e non un centro de valorización de residuos. A Consellería de Medio Ambiente non debería nin sequera tomar en conta este tipo de proxectos.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Pedimos a retirada da primeira revisión do Plan Forestal de Galiza

Ence - Pontevedra864 por juantiagues en Flickr CC BY-SA 2-0A Terra Non Se Vende, as Redes de Asociacións Galiza Non Se Vende e A Ría Non Se Vende, Salvemos Monteferro e Verdegaia poñemos en cuestión a participación das distintas entidades sociais vencelladas tanto directa como indirectamente ao sector forestal na revisión do Plan Forestal de Galiza, pois na súa elaboración as decisións as levou a cabo e impuso dun xeito totalmente viciado a maioría de entidades relacionadas directamente ao sector económico e produtivo.

Por iso pedimos o cumprimento real e efectivo dos plans de ordenación dos recursos forestais supeditados a súa vez aos da ordenación dos recursos naturais; a redución da superficie ocupada polos monocultivos forestais, en especial do eucalipto, e a súa substitución por plantacións de frondosas autóctonas; un plano efectivo de erradicación de especies alóctonas e invasoras; un plano de silvicultura e de control da biomasa que, respetuosa co medio, estea baseada na prevención real e efectiva dos lumes forestais, e non na case exclusiva da extinción; unha menor mecanización a cambio dunha maior presenza de operarias e operarios, e conseguintemente unha maior creación de emprego, como así mesmo unha redución de impacto ambiental derivada das actividades forestais.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Carta aberta á FAO sobre a definición de bosque

Fazenda em Agudos por Cássio Abreu en FlickrO pasado día 21 conmemorouse o Día Internacional de Loita contra os Monocultivos de Árbores.

Como parte das accións que a nivel internacional estanse levando a cabo, o Movemento Mundial polos Bosques WRM xunto con Salva a Selva e TimberWatch difundiron unha Carta aberta á FAO á que se adheriu Verdegaia.

Malia os numerosos esforzos que se veñen facendo para que a FAO cambie a súa errónea e tendenciosa definición de bosques, que permite que un monocultivo industrial de árbores sexa chamado de “bosque”, as peticións non foron escoitadas.

A definición de bosques da FAO favorece sobre todo ás grandes corporacións da madeira e outras que promoven as plantacións de árbores a gran escala, en detrimento das comunidades que dependen dos seus territorios para o seu sustento e medios de vida.

Engadir comentario (0)

Ler máis...