Comisión Permanente

A Comisión Permanente

Partillar no Chuza!Partillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no TuentiPartillar no Digg it!Partillar no DoMelhorPartillar no Cabozo

Diego Rodríguez Vieites. Coordenador Xeral

Naceu en Vigo no 1978. Biólogo e tamén Profesor Superior de Piano e Profesor Superior de Solfeo, Teoría da Música, Transposición e Acompañamento. Naturalista. Actualmente leva a cabo investigacións sobre a ecoloxía de diferentes especies de aves en varios espazos naturais galegos. Ornitólogo Galego do ano 1995 e Premio da Deputación de Pontevedra á Investigación Xuvenil 2003. É activista do movemento ecoloxista dende 1990.

Miguel Pardellas. Vicecoordenador Xeral

Nacido en 1981 en Marín. Licenciado en Ciencias Ambientais pola Universidade de Salamanca e doutorando en Educación Ambiental pola USC, cunha liña de investigación ligada á Participación cidadá e ao Ecoloxismo. Partícipe do movemento estudantil e ecoloxista dende 2001.

María Xosé Ogando Martínez. Secretaria Xeral

Nacida en 1977. Licenciada en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela. Activista no movemento ecoloxista desde o ano 2002


Nacho Jorganes. Vicesecretario Xeral.

Naceu en Santander en 1962. Licenciado en Náutica por la Universidade de Santander. Traballa como consignatario de buques na Pobra do Caramiñal e Ribeira dende o ano 1989. Fai parte de Verdegaia dende o ano 2007.

Xian Neto Tesoureiro.

(Vigo, 1978). Licenciado em Ciências Ambientais. É funcionário do Ministério do Ambiente.

Sabela Iglesias. Vicetesouraría

(Lavadores-Vigo), licenciada en filoloxía, Técnico Superior en Saúde Ambiental e activista do movemento ecoloxista desde fai máis de 15 anos.