Verdegaia, Amarante e o Sindicato Labrego Galego colaboran na Semana do Comercio Xusto
- Detalles
- Publicado o Luns, 06 Xuño 2011 17:19
- Visitas: 681
Entre o 10 e o 18 de xuño celebrarase a Semana Galega de Comercio Xusto
que, chegada a súa XI edición, estará centrada este ano nos Tratados de
Libre Comercio e na privatización dos dereitos e dos recursos que as
políticas neoliberais están a impoñer. Un ano máis, a iniciativa impulsada por AMARANTE Setem conta coa colaboración do Sindicato Labrego Galego e de Verdegaia a nivel xeral e con outros grupos en cada localidade
XIRA DE GEORGINA MOLINA
A Semana Galega de Comercio Xusto conta coa presenza dunha cooperativista de Chiapas (México), Georgina Molina especialista en temas de saúde e con moito coñecemento sobre o problema do feminicidio na rexión.
Georgina Molina é membro da cooperativa de textil Jolom Mayaetik de Chiapas que traballa na recuperación da simboloxía Maia no vestir.
Georgina Molina ofrecera duas conferencias durante a súa estancia en Galicia:
- Martes 14 xuño ás 20,00 h. no local de Amarante (Pontevedra)
- Xoves 16 xuño ás 20,00 h. na Casa das Letras (Ribadeo)
Ademais de participar na mesa redonda que se celebrará o mercores 15 ás 19,00 horas na Biblioteca Anxel Casal (Santiago de Compostela) e na que intervirán:
- Nanda Couñago. Amarante (modera)
- Xan Duro. Verdegaia
- Ivan Forero. Plataforma Justicia por Colombia
- Georgina Molina. Jolom Mayaetik-Chiapas
- Lidia Senra. SLG
O achegamento á realidade de Chiapas complementase coa exposición ‘MULLERES MAIAS: TECENDO A SÚA HISTORIA’ que se poderá visitar en horario de tarde no Hotel ARAGUANEY de Santiago de Compostela entre o 10 e o 15 de xuño.
Nesta exposición a cooperativa
téxtil Jolom Mayaetik e Kinal Antzetik de Chiapas achéganos á vida das
mulleres indíxenas a través 20 pezas artísticas, fotografías das
súas autoras e o significado Maia dos símbolos que bordan.
MERCADO TRANSPARENTE
Outra actividade central da Semana
Galega de Comercio Xusto serán a realización de Mercados Transparentes
nos que se pretende sensibilizar á poboación das diferenzas dos prezos
en orixe que se lle paga ás produtoras e finais, aos que as consumidoras
os mercan.
Nesa acción de rúa estarán presentes
produtores locais, haberá comercio xusto, mercados de troco,
contacontos e outras actividades.
Participan nel AMARANTE Setem, Verdegaia e o SLG, xunto con a Cooperativa de Consumo A Gradicela en Pontevedra, o Mercado de Fusco Lusco en Santiago de Compostela, Fiare en Vigo ou a Asociación Veciños O Teson, a Finca As Fádegas e La Casa Azul en Ribadeo.
O Mercado transparente se celebrará:
- Sábado 11 de xuño de 11,00 a 14,00 horas:
En Pontevedra na Praza da Peregrina
En Santiago na Praza do Toural
En Vigo na Praza da Constitución
- Sábado 18 de xuño de 18,00 a 20,00 horas:
En Ribadeo na Casa das Letras
En Ourense na Casa da Xuventude
+ ACTIVIDADES
En Ribadeo celebrarase o sábado 18 ás 20,00 horas na Casa das Letras de Ribadeo unha mesa redonda na que intervirán representantes de:
- Concello de Ribadeo
- Asociación Veciños O Teson
- Finca As Fádegas
- La Casa Azul
- Sindicato Labrego Galego
- AMARANTE Setem
No Local Social de AMARANTE Setem en Pontevedra durante todo o mes de xuño poderase contemplar a EXPOSICIÓN: OS ROSTROS DO COMERCIO XUSTO
sobre a realidade da Fundación Maquita en Ecuador. Exposición realizada
pola Asociación Galega de Reporteiros Solidarios ( AGARESO )







