Verdegaia esixe a liberación das persoas detidas inxustificadamente esta madrugada

Partillar no Chuza!Partillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no TuentiPartillar no Digg it!Partillar no DoMelhorPartillar no Cabozo

Alejandra H. Covarrubias La Libertad de expresión a todo riesgo. SIEMPRE  No tengas miedo de decir la verdadEsta madrugada, as forzas represivas do estado irromperon na casa dunha compañeira de Verdegaia, e detivérona, sen que de momento poidamos saber nada dela, pois o seu teléfono non está operativo.

Esta detención absolutamente inxustificada, enmárcase dentro do que desde a policía se deu en chamar “Operación Jaro”, un operativo que se di dirixido cara o entorno da suposta organización terrorista Resistencia Galega, e no que foron detidas varias persoas en distintas cidades do noso país. As detencións efectuáronse dun xeito totalmente arbitrario, como se desprende do feito de que desde a prensa non se esgrima un motivo claro, limitándose a dicir que "son do entorno de Resistencia Galega", sen ofrecer proba algunha, nin da existencia desa entelequia, nin de vínculo algún destas persoas con ningún tipo de actividade terrorista. O obxectivo deste operativo é a criminalización do movemento independentista galego, dando un golpe a Causa Galiza que sirva de aviso e escarmento a todo o que intente moverse neste país.

Desde Verdegaia queremos manifestar a nosa máis absoluta repulsa cara este tipo de accións, e chamamos á cidadanía a apoiar as concentracións que esta tarde terán lugar en distintas cidades e vilas de Galiza. Queremos recordar, e ás veces parece mentira que haxa que recordar estas cousas, que estas persoas non son só independentistas, tamén son parte dos movementos sociais, do ecoloxismo, do sindicalismo, tamén son nais, fillas ou irmáns, coidan doutras persoas e precisan de coidados, teñen oficios, son en definitiva persoas con todos os seus dereitos, aínda que iso non o acepten nin o entendan determinados poderes.

Esiximos a inmediata posta en liberdade das persoas detidas, entre elas a nosa compañeira, unha activista de longa traxectoria tanto no movemento ecoloxista como no independentista, que sempre avogou pola xustiza social e pola loita pacífica pero infatigable para acadar os seus ideais. Consideramos que é importante facer escoitar a nosa voz, precisamente por non ser unha organización independentista, senón por facelo só dende o compromiso coa mesma xustiza social e a liberdade, pola defensa dun mundo no que os seres humanos saibamos relacionarnos mellor entre nós e coa natureza da que somos parte. É ese compromiso o que fai que teñamos que denunciar as actuacións represivas do Estado, que por máis que queiran presentarse cargadas de lexitimidade, son incomprensíbeis fóra dunha lóxica da xustiza do inimigo.

Xa non é a primeira vez que vemos como se detén e encadea a persoas pola súa pertenza a determinados colectivos e polos supostos delitos que de xeito previsíbel irían a cometer. Unha vez fabricada a etiqueta de terrorismo, non importa xa como se demostra esa realidade, pois todo o que toca a etiqueta convértese en delictivo e pode ser así tratado. É unha etiqueta que non admite discusión, pois quen a discute convértese tamén en inimigo. Non é un concepto xudicial, é un dogma, e unha xustiza que actúa deste xeito non pode considerarse como tal.

Recordemos tan só a guerra de Irak, mesmo recoñecéndose publicamente a mentira que supuxo o concepto de armas de destrución masiva, deu igual e ninguén está a pagar por iso. Dende o máis profundo convencemento pacifista, pero dun pacifismo real e non de discurso, non podemos comprender como as persoas que levaron aos estados a aquela guerra non son consideradas terroristas e pola contra o Estado adícase a este tipo de detencións. Ou máis ben teriamos que dicir que o comprendemos ben, perfectamente, pero esta verdade non aparecerá nos grandes medios de comunicación, nin nos oficiais nin nos comerciais.

Powered by Bullraider.com