Oaxaca, represión e morte

Partillar no Chuza!Partillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no TuentiPartillar no Digg it!Partillar no DoMelhorPartillar no Cabozo

oaxaca1En Nochixtlán (Oxaca), Estado do sul de México, a represión das forzas policiais contra mestres, cumplindo ordes do goberno do País, deixa un saldo desolador: 8 mortos, case 50 feridos así como tamén falan de 15 detidos e, máis de 23 desaparecidos, que tendo en conta os últimos datos que sabemos, poden  corresponder a corpos que apareceron queimados nas cunetas.

Non contentos con golpear, deter e asasinar, as forzas policiais represoras evitaron que os feridos poidesen ter acceso  a atención médica nos hospitais polo que tiveron que ser atendidos dentro das instalacións da igrexa de Nochixtlán por médicos a nivel particular, viciños e compañeiros.

Todo comezou  cando mestres e alumnas da normal rural protestaban contra a reforma educativa e solicitaban unha mesa de diálogo co goberno para debater e buscar acordos sobre a nova lei de educación. A protesta  facía-se efectiva cortando, en intervalos regulares de cinco minutos, o tráfico na estrada  federal México-Cuernavaca  e á altura da rotonda “La paloma de la paz”. Posteriormente aos asasinatos, as protestas se ampliaron e intensificaron noutras zonas dos estados do sul de México como Guerrero, Michoacan, Tabasco,...denunciando a represión que estaban a sofrer mestres e pais que se opuñan á reforma educativa e esixindo ao presidente Enrique Peña que detivese a criminal represión da que estaban sendo obxecto.

oaxaca30axaca4A luita en defensa da educación pública e pola desparición da  nova “lei de educación” topou desde o principio coa intransixencia do secretario de Educación Pública, Aurelio Nuño e o presidente Enrique Peña Nieto quen como resposta ás reclamacións da comunidade educativa mandaron cargar contra eles e con toda a contundencia as forzas policiais represoras ao servizo dos intereses dun goberno corrupto e fascista ao que o que menos lle interesa é a educación, cuxa finalidade é a de eliminar mestres e  cidadáns en xeral que levan moitos anos acompañando o seu pobo para sair da opresión, da fame, da miseria na que o ten inmerso o goberno. Carencias todas elas que son máis patentes nas zonas rurais do Estado, onde as escolas carecen de servizos básicos como auga, falta de aulas que obrigan a traballar na improvisación, saneamento, etc.

O goberno actual de México ante a petición de diálogo da CNTE (coordinadora nacional de traballadores da educación) respondeu con balas, ametralladoras, tanques, policías e morte contra persoas cuxa reivindicación era evitar  máis  ignorancia, miseria , oscurantismo e fame para os desprotexidos. É importante que lembremos cal é a situación destes pobos e a indefensión que sofren en mans dos distintos gobernos, que hai un mes o goberno reprimiu, tamén con mortes e represión, as protestas  dos docentes en Chiapas. Sen esquecer ,tamén en Oaxaca, os asasinatos  no  ano 2008 ou o masacre contra o movemento estudantil no 68 onde unha vez máis institucións do goberno mataron campesiños ou docentes e estudantes.

Tras a masacre, a Comisión nacional dos dereitos humanos de México saiu á palestra,  anunciando medidas cautelares para vixiar a actuación policial ante as protestas dos docentes mexicanos e falando de brutal desaloxo pero evitando mencionar a palabra asasinato,ainda que si aclarando que as autoridades do Estado mexicano están obrigadas a promover e respetar os dereitos humanos e que velarán porque a actuación das forzas policiais cumpla o marco la lei e em acordo cos protocolos e estándares internacionais.

oaxaca5Sentimos vergoña e indignación polo tratamento dado tanto pola prensa convencional como polos políticos que nos din representar. Na prensa “española” apenas se tratou o asunto e cando se tratou foi para falar de mestres radicais, ben diferente é o asunto cando o país a falar é Venezuela, aí os radicais son os policías e o goberno (o das reservas de petroleo non ten nada que ver) que segundo eles masacran o pobo pero, cando falamos de México, país amigo, mellor non facemos barullo ou se o facemos debemos lembrar poro adxectivo de radical cuxa traducción en castellano debe ser “culpables de algo”.

Os mortos están aí e a represión continúa pero parece que non importa, niso non interesa gastar tinta nen tampouco sair dando roldas de imprensa denunciando como o goberno mexicano masacra o seu pobo. Como antes dixemos, México é un pais amigo e non vai ser que os intereses económicos españois na zona se enfaden, pouco poden gañar e si perder moito se actúan con dignidade e por unha vez defenden os direitos humanos por cima dos seus intereses. Sr Rajoy, Sr Rivera, Sr Sánchez,  e outros (aínda que o de señor lles queda moi grande) estes mortos non importan?, e que están pouco mortos? Ou será que para vostedes estes son uns radicais que poñen en perigo o seu modelo socio-político e polo tanto non contan como persoas? Ou é que están demasiado ocupados agora co do Brexit como para ocuparse de bagatelas tais como o asasinato, persecución, tortura?

Canto á prensa, so nos resta recoñecer que é unha magoa que  tantos anos de estudo rematasen deste xeito, sendo uns ninguéns sen criterio en mans do poder económico e político do momento e desprestixiando por completo a palabra periodismo.

Powered by Bullraider.com