Nin TTIP, nin CETA, Nin TISA! Non aos Tratados de Libre Comercio!

Partillar no Chuza!Partillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no TuentiPartillar no Digg it!Partillar no DoMelhorPartillar no Cabozo

Nin TTIP, nin CETA, Nin TISA! Non aos Tratados de Libre Comercio!Vigo súmase aos centos de cidades de todo o mundo que conformarán unha fronte común contra os Tratados de Libre Comercio durante este Outono en Resistencia. A Campaña Non ao TTIP Galiza convoca o vindeiro 15 de outubro  baixo o lema “Nin TTIP, nin CETA, Nin TISA! Non aos Tratados de Libre Comercio!” a manifestación central galega, que partirá do cruce de Vía Norte con Urzáiz ás 19h e rematará no MARCO coa lectura dun manifesto.

CHAMAMENTO

As organizacións da sociedade civil, sindicais, campesiñas e políticas, novas, homes e mulleres de todo o mundo convocamos un outono en resistencia para esixir a suspensión dos mal chamados acordos de libre comercio e investimentos, como o acordo entre a Unión Europea e Canadá, chamado CETA, ou o xa coñecido TTIP, que se negocia con EEUU. Estamos convencidas de que para promover unha sociedade igualitaria e respectuosa dos dereitos das persoas e o medio ambiente é imprescindible reformular o sistema de comercio global que, a día de hoxe, unicamente favorece a concentración do poder en mans dunhas poucas multinacionais.

O outono en resistencia global chama á mobilización popular fronte aos tratados de libre comercio e polo fin da impunidade das multinacionais.

En Europa e en Canadá, este ano facemos especial fincapé no CETA, o cabalo de Troia do TTIP, que se negociou en segredo durante máis de cinco anos e pretende ser ratificado a finais de 2016. Tanto a Comisión Europea como algúns Estados membros están a empuxar forte para que o tratado asínese canto antes. O goberno en funcións de Mariano Rajoy ofreceu o seu apoio incondicional á firma do CETA, a pesar de non ter ningún estudo de impacto que asegure un beneficio para a nosa economía, sociedade ou medio ambiente.

Con todo, canto máis se coñece o CETA maior é a oposición pública e dalgúns sectores concretos económicos e sociais, como o agrícola, pequenas empresas ou asociacións de xuíces, que denunciaron a ilegalidade de incluír tribunais privados para os investidores, como o ICS. Ademais, xa son varios os Estados que por distintos motivos expresaron a súa opinión contra este tratado.

A pesar desta crecente oposición, a Comisión Europea pretende concluír este ano a firma do CETA grazas ao apoio doutros Estados membros, entre eles o Estado español.

Dada a extrema gravidade das súas consecuencias, ninguén pode manterse á marxe, xa que afectará a todas as persoas arrebatándolles a súa soberanía como pobo. Este outono imos a visibilizar as voces de millóns de persoas que esiximos a suspensión do CETA, así como doutros tratados que ameazan o equilibrio ecosistémico e climático do planeta e profundan na brecha da desigualdade global, tales como o TTIP, o TISA ou o TPP.

Este outono mobilizámonos nos cinco continentes. É un outono de resistencia con propostas doutro modelo económico que pon a vida por diante de calquera outra decisión.

A semana de acción no Estado español terá lugar do 8 ao 15 de outubro.

DIFUNDAMOS!! PARTICIPEMOS!!

#15OstopCETA #ninCETAninTTIP #niCETAniTTIP #StopTTIP #StopTiSA #StopCETA #StopTPP #TTIPGAMEOVER  #GolpeDeEstado #Trade4People #T4P #NonaoTTIP #NoalTTIP #ConcellosContraOTTIP #LexMercatoria #OutonoDeResistencia #OtoñoDeResistencia

Powered by Bullraider.com