Verdegaia pide a liberdade sen cargos dos tres bombeiros acusados de tráfico de persoas por auxiliar migrantes en risco

proemaidO vindeiro 7 de maio serán xulgados en Grecia Manuel Blanco, Julio Latorre e Enrique Rodríguez, bombeiros de profesión e membros da ONG PROEMAID. Esta ONG está constituída por profesionais das emerxencias que ofrecen a súa colaboración de xeito voluntario e altruísta.

Os tres bombeiros están acusados dun terrible delito: salvar vidas.

Manuel, Julio e Enrique foron a Lesbos para facer o que levan tempo facendo como voluntarios da súa ONG: axudar ás persoas refuxiadas procedentes de países de Oriente Medio que están en guerra. 

Alí foron detidos polas autoridades gregas na madrugada do xoves 14 de xaneiro de 2016, cando realizaban labores de rescate e salvamento, e foron postos a disposición xudicial, acusados de tráfico de persoas, a pesar de que no momento do arresto a embarcación na que se encontraban non levaba migrantes a bordo. Canda eles foron arrestados outros voluntarios daneses da ONG Team Humanity.

Tres días despois eran postos en liberdade baixo fianza, á espera do xuízo que se celebrará en poucos días en Mitilene, capital de Lesbos.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Feijoo, Israel e a Lei de Depredación

GazaCando cualificamos á Lei de Fomento da Implantación de Iniciativas Empresariais como lei de Depredación se cadra non imaxinabamos o peso que podía chegar a tomar esa palabra. Sinalamos con ese termo a busca do negocio a custa da nosa natureza e dereitos colectivos. Pero tras desa lei aniña unha maquinaria que non repara en nada se pode obter un beneficio económico inmediato. A natureza é menos natureza se hai diñeiro de por medio, as comunidades menos comunidades e os xenocidios menos xenocidios. As empresas que operan en connivencia coa Xunta de Galicia queren tirar partido diso.

Durante os días finais do pasado mes de xaneiro, Feijoo, acompañado polo Conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, o director xeral do CTAG (Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia), Luis Moreno, a delegada do Estado na Zona Franca, Teresa Pedrosa e outros representantes de empresas e centros de innovación, estiveron de visita en Israel, facendo contactos nos sectores da automoción, biotecnoloxía ou agro-industria. De paso, vendendo as facilidades de instalación no noso país que a lei de Depredación abre ás empresas israelitas.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

8M 2018 - Paramos Galiza!

8M 2018 - Paramos GalizaChamamento ás mulleres galegas
8M 2018 - Paramos Galiza!

As mulleres da Coordenadora galega da Marcha Mundial das Mulleres chamamos a secundar na Galiza o paro internacional de mulleres iniciado polas nosas irmás latinoamericanas no 2017 reclamando un mundo sen violencia e o dereito a vivirmos unhas vidas libres nun mundo máis xusto.

Queremos convidar á folga non so no ámbito laboral, tamén no ámbito dos coidados, visibilizando todos os traballos que asumimos as mulleres e sen os cales a sociedade non podería funcionar.

Engadir comentario (0)

Ler máis...