A rede de colectivos “Galiza Non Se Vende” solidarizámonos con Xulio e Silvia, compañeir@s detid@s o pasado luns

GNSVSentimos dor e raiba ao enteirarnos, o luns á noite, da detención d@s nos@s compañeiros e amig@s Xulio Saiáns e Silvia Casal, xunto co seu meniño de oito meses, baixo graves acusacións e por serlles aplicada a lexislación de excepción da lei antiterrorista.

Alegramonos, o mércores á mañá de que Silvia e o seu meniño foron postos en liberdade.

Desde a rede de colectivos GNSV queremos destacar que:

Júlio e Silvia son persoas boas e xenerosas, comprometidas activamente coa defensa ambiental, social e cultural da nosa terra, respetuosas e dialogantes con todas as diferencias de criterio entre os distintos colectivos da nosa rede e cunha traxectoria incuestionábel durante todos os anos que levan luitando polo noso pobo. Sempre foron exemplo de compromiso, tolerancia, xenerosidade e amor pola nosa terra.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Unha iniciativa lexislativa popular (ILP) para mudar o tratamento dos residuos en Galicia

Verdegaia fai parte desta campaña que pretende que a Xunta de Galicia asuma dunha vez algo tan vello xa como a importancia dos tres "R" na política de tratamento de resíduos. Para iso tensesogama lanzado unha ILP para a que se están a recoller sinaturas por todo o territorio e que pide que o goberno galego abandoe o modelo de incineración masiva. Non se trata só de salvar ao Irixo da instalación dunha macroincineradora, trátase de mudar un modelo que non resolve o problema do lixo e é altamente perxudicial para o medio. Calquera política relacionada cos residuos debe partir como premisa dunha visión preventiva que reduza o consumo de materiais, evite a xeración de lixo e non se limite a movelo por todo o país e queimalo case que como única solución.

Podes consultar os lugares onde existen pregos desta ILP aquí.

Engadir comentario (0)

Asemblea extraordinaria de Fiare Galiza o vindeiro 29 de setembro, en Vigo

logo-fiareVerdegaia, como parte de Fiare Galiza, participa na construción dun modelo alternativo de banca, unha cooperativa de crédito non baseada no lucro e ao servizo da poboación e o tecido asociativo. O seguinte texto fai balance do camiño percorrido e presenta a situación actual do proxecto ás portas da asemblea de persoas socias do 29 de setembro, en Vigo, e no contexto do proceso de fusión coa Banca Popolare Etica italiana.

Máis información aquí.

Engadir comentario (0)