Vigo, 18A: Día de Acción Global Contra os Tratados de Libre Comercio e Investimentos

Baner Evento 18 abril

“As persoas e o Planeta antes que o Capital!” será o lema que vai encabezar este sábado 18 de abril a mobilización central na Galiza contra o TTIP, que terá por escenario a cidade de Vigo.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

O currículo oculto antiecolóxico nos libros de texto

jpg violenciaescolar1-bf221Da área de Educación Ambiental e Xustiza Social de Verdegaia retomamos o noso traballo sobre o currículo oculto antiecolóxico nos libros de texto, desta volta en colaboración co sindicato de ensino STEG. Neste sentido temos publicado un artigo sobre esta cuestión no último número da súa revista, Aulas Libres, que podedes ler na ligazón indicada máis abaixo. Participaremos tamén cun obradoiro sobre o tema nun curso para docentes que organizará nos proximos meses, centrado na relación entre ensino e problemáticas ambientais.

Artigo "O currículo oculto antiecolóxico nos libros de texto" para o STEG.

Engadir comentario (0)

Gaza

 

É difícil dicir algo sobre o que está a acontecer, algo que non estea dito xa. Un xenocidio prolongado dende o 1948 que nace doutro xenocidio anterior, pero que xa fai moito tempo tomou a súa propia forma, descubriu unha crueldade de seu, como un fillo avantaxado do peor que habita nos seres humanos. Gaza

É claro que o que sucede estas semanas é especialmente desprezable. A maquinaria dun Estado militarizado como é o de Israel posta á disposición do exterminio físico do pobo palestino. Pero non nos enganemos, o que acontecía uns días antes desta nova xeira criminal non pertencía a outra lóxica. O esquema é igual, un Estado sostido na lóxica da invasión dun territorio, na expulsión permanente dos seus habitantes orixinarios, que busca para a súa propia tranquilidade a eliminación desa poboación, real e simbólica, política e social. Un Estado paranoico, armado até os dentes e cheo de medo que reacciona atacando ante a mera existencia do pobo palestino, ante a súa capacidade de resistencia e de vida.

Un Estado que existe deste modo en que o fai pola posición privilexiada do sionismo dentro dos EE.UU. e do capitalismo e xeopolítica internacional, a mala conciencia europea e os intereses económicos das elites que fan que tanto gobernante xire a cabeza, xustifique, atenúe e furgue nos baixos fondos do léxico o vocabulario que disfrace este asasinato masivo e prolongado. Un caso: o Estado español foi, segundo datos do Centro Delàs de estudos para a paz, o quinto provedor de armas da UE a Israel no período 2003-2012, sendo a UE no seu conxunto o segundo provedor tras os EE.UU. As exportacións de armas do Estado español a Israel téñense duplicado dende o 2008. Pero é que ademais as importacións de armas dende Israel a España son dez veces maiores. Israel exporta a maioría da súa produción de armas pois sostén unha potente industria militar, moi ligada á innovación e coa posibilidade de demostrar resultados prácticos, é dicir, cousas como eficiencia no gasto, destrución de edificios, mortes efectivas de persoas.

Engadir comentario (0)

Ler máis...