Día Internacional do Comercio Xusto 2012

 

A profundización dun mercado liberal onde as políticas cómplices dos gobernos apoian ás multinacionais da industria e da distribución agroalimentaria están levando á ruína a miles de explotacións ó redor do mundo e ou mantendo na pobreza e a explotación a miles de persoas. Ademáis de favorecer alimentos pouco saudables e a degradación medioambiental en prol dos grandes beneficios coa repercusión que ten na saúde das persoas.Cartaz-comercio-xusto

Co lema “Café con leite amargo. Fronte a PAC, Soberanía Alimentar e Comercio Xusto”, a Asociación AMARANTE Setem e o SINDICATO LABREGO GALEGO están organizando a Semana Galega de Comercio Xusto cunha serie de actividades en Santiago, Pontevedra e Ribadeo dende o sábado 5 ata o 16 de maio para visibilizar o impacto negativo das políticas agrarias internacionais nos labregos e labregas e nas persoas consumidoras tanto no Norte, e en concreto en Galicia, como no Sur. Nesta actividade tamén participan colectivos como Verdegaia ou a Cooperativa de consumo de Pontevedra A Gradicela.


Engadir comentario (0)

Ler máis...

Depuración en Ribeira: depurar, ou pasar o trámite diante de Bruxelas?

Verdegaia advirte de que o Estudo de Impacto Ambiental da estación depuradora de augas de Ribeira ten enormes eivas que o fan inviable se se pretende falar dun proceso de depuración real e efectivo, que permita garantir a saúde da nosa ría (fundamental para a nosa vida, para o ambiente e para a economía da comarca) a longo prazo.

O estudo non contempla (ou cando menos non explicita) a separación en orixe das augas fecais, pluviais e industriais (agás as referidas ao polígono de Xaras, que se separan mais non se depuran).EDAR-Ribeira-Situación

Consideramos dita separación condición esencial para realizar unha depuración efectiva de todo tipo de augas residuais, xa que cada un dos tipos precisa unha depuración específica. Isto resulta especialmente grave cando o propio EIA recoñece e cando está demostrado que o polígono industrial verte directamente á ría unha gran cantidade de residuos industriais sen ningún tipo de depuración. Polo tanto, a separación dos tipos de augas residuais en orixe daría como resultado a clara mellora da calidade da auga, dado que cada tipo iría ben depurado segundo as súas características.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Minas de ouro: destrutivo negocio aos dous lados do océano

Famatina

En Arxentina. como en moitos lugares de América do Sur, a xente empeza a organizarse para facer fronte aos intentos de espoliación dos seus recursos por parte das empresas mineiras.

Recentemente puidemos ver na prensa o caso de Famatina.

A mineira canadense Osisko quere instalar unha explotación de ouro ao pe de Famatina, un dos picos máis altos de Arxentina (6250 m). As súas neves perpetuas nutren de auga para a agricultura a todo o val de Chilecito. É fácil imaxinar a repercusión que para a economía agrícola da zona podería ter o emprazamento dunha mina aquí: o recurso máis prezado, a auga, veríase seriamente ameazado.

A veciñanza do municipio de Famatina leva xa meses mobilizándose e bloqueando o tráfico en contra do proxecto mineiro, conseguindo desta maneira evitar, de momento, a súa instalación no lugar.

Engadir comentario (0)

Ler máis...