Soberanía alimentar, soberanía enerxética e mundo post-petroleiro: unha achega desde o "Sul Global"

Organizacións das periferias globais, reunidas en Quito (Ecuador) entre 27 de Xuño e 1 de Xullo de 2007, veñen de apresentar o documento A xeopolítica dos agrocombustíbeis. Manifesto polo des-desenvolvimento: O camiño que propomos desde o Sul, convidando ao debate sobre a crise ecolóxica e enerxética global e a necesaria transición cara unhas sociedades e economías post-petroleiras.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Presentados os resultados das medicións do mercurio emitido pola industria clorocáustica

Tanto o PNUMA como a Comisión Europea levan anos advirtindo que o mercurio representa unha seria ameaza para a saúde humana e o medio ambiente do planeta, e todas as investigacións científicas apuntan a necesidade de tomar medidas inmediatas que reduzan os niveis mundiais deste perigoso metal pesado. Elnosa en Pontevedra supera as cantidades máximas recomendadas.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Perante a visita de Tabaré Vázquez reiteramos o rexeitamento á planta de ENCE en Uruguai

Perante a visita do presidente de Uruguai, Tabaré Vázquez, a España, a campaña ¿Quién Debe a Quién? , o Observatorio de la Deuda en la Globalización (ODG), Verdegaia e Ecologistas en Acción solicitan ao goberno español que retiren o seu apoio ao proxecto da empresa ENCE de construir unha planta de celulosa en Uruguai con importantes impactos sociais, ambientais e económicos. Asimesmo reclaman coherencia política co Plano Director da Cooperación Española e a non-utilización de mecanismos públicos para impulsar actividades de empresas transnacionais españolas. 

Engadir comentario (0)

Ler máis...