Verdegaia presenta propostas para facer municipios sustentables
- Detalles
- Publicado o Venres, 11 Mai 2007 11:42
- Visitas: 3437
A celebración das eleccións municipais do próximo 27 de maio é unha boa oportunidade para que a cidadanía e os partidos políticos reflexionemos sobre a situación ambiental e a sustentabilidade e sobre a súa relación coas políticas municipais. Para contribuír ao debate, Verdegaia presenta un conxunto de propostas para mellorar a nosa calidade de vida desde os Concellos de forma sustentable. En xeral, as administracións locais galegas teñen moi pouca sensibilidade ambiental e están a contribuír moito para que Galicia avance nun sentido contrario ao desenvolvemento sustentable.
A pegada ecolóxica das Administracións públicas
- Detalles
- Publicado o Luns, 30 Abril 2007 18:08
- Visitas: 2788
Ecologistas en Acción, Fundación Ecología y Desarrollo e Mediterrània-CIE elaboraron un documento que recomenda medidas de aforro e contratación para reducir o impacto ambiental das Administracións Públicas. Céntrase en tres sectores principais: a enerxía, os residuos e a agua.
Continúa a campaña contra a privatización da auga con diñeiro da cooperación europea
- Detalles
- Publicado o Xoves, 15 Marzo 2007 00:00
- Visitas: 2324
