A copa do mundo non é nosa

A copa do mundo non é xogo, non é bonito. A copa do mundo non é dos pobos. A copa do mundo non é das favelas, nin das crianzas que xogan a fútbol nas favelas, nin dos mozos que visten camisolas de equipas das ligas europeas en calquera lugar de África. A copa do mundo non é das traballadoras e traballadores que elaboran a roupa deportiva. A copa do mundo non é das moradoras e moradores da favela expulsados pola especulación, pola construción das infraestruturas necesarias para os estadios, moradia encontro  comites popularespor viviren en zonas próximas a complexos turísticos, pola entrada dos tanques das Unidades da Policía Pacificadora. A copa do mundo non é de quen non ten nin os servizos máis básicos. A copa do mundo non é dos case 1000 obreiros mortos até maio deste ano nas obras relacionadas co mundial de Qatar 2022, segundo cifras da Confederación Internacional de Sindicatos. A copa do mundo non é das mulleres e nenas explotadas sexualmente no Brasil, que verán como aumenta a presión coa chegada de millóns de turistas do fútbol. Tampouco das mulleres que fan deporte e nunca son recoñecidas en igualdade. A copa do mundo non é das persoas sen terra, das culturas indíxenas, da natureza. A copa do mundo non é nosa.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Coa lei na man e o inimigo na cabeza

Na pasada semana comezou en Compostela o xuízo a 12 persoas acusadas polo acontecido no transcurso dunha manifestación banksyconvocada por Galicia Bilingüe en febreiro de 2009. As acusacións inclúen delitos como desordes públicas, danos patrimoniais ou resistencia á autoridade. A Fiscalía pide para elas máis de 45 anos de prisión e 30.000 euros de multas. Ante isto, ademais de escandalizarnos por esta desmesura e polo tratamento xudicial que se está a facer destas persoas, Verdegaia quere facer unha reflexión máis xeral sobre o que na teoría do dereito se coñece como o dereito penal do inimigo (ver nota 1).

Este concepto refírese ás penas que castigan non tanto os feitos como as intencións ou a suposta perigosidade de quen os fai. Para isto é preciso non só contar con actos concretos, máis ou menos obxectivos, senón fundamentalmente con xustificacións que avalen a diferenza entre o xeito no que serían xulgados uns feitos nun e noutro contexto. É básico crear o contexto no que os feitos superan a súa propia natureza para inserire nunha lóxica de ataque ás bases do sistema, sexan dereitos constitucionais ou o propio ordenamento político.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Verdegaia apoia a liberación de Javier Ramírez

Verdegaia apoiou unha carta de apoio a Javier Ramírez, presidente da comunidade inteña de Junín. A Javier Javier Ramirezdetivérono por estar en contra da actividade mineira en Intav.

A continuación facilitamos a comunicación pública que se fixo despois da detención.

 

 

Ao cárcere por oporse á minería en Ecuador

Nunha carta de solidariedade internacional, máis de 100 organizacións sociais, ecoloxistas e de dereitos humanos piden a liberdade para Javier Ramírez, presidente da comunidade inteña de Junín

A noticia da súa detención, o 10 de abril, en circunstancias e por causas aínda non aclaradas, está dando a volta ao mundo. Na carta, adherida nun tempo récord por organizacións de corte moi plural e desde moitos recunchos do planeta –máis de 15 países ademais do Ecuador- faise alusión a Javier Ramírez de Intag como un “labrego pacífico, honrado, membro desde sempre da comunidade Junín e que non levaría a cabo baixo ningún concepto os actos de rebelión, sabotaxe e terrorismo dos que se lle acusa”. Máis ben todo o contrario, xa que afirman que o Sr. Ramírez chegou a ser xunto coa súa veciñanza, coñecido e apreciado internacionalmente pola férrea defensa que a súa comunidade fixo do bosque, da biodiversidade e da natureza, consolidada sobre bases produtivas ao longo dos anos, o que mereceu o respecto e a admiración recibida desde moitos lugares do planeta.

Engadir comentario (0)

Ler máis...